Braga

De Desgalipedia
Braga

Bragaflag.jpg Escudo de Braga.png
Situación xeográfica
LocalBraga.svg.png
País Bandeira de Portugal.png Portugal
Rexión Norte
Subrexión Cávado
Distrito Distrito de Braga
Xeografía
Altitude {{{altitude}}} msnm
Poboación
Poboación
Información
Código postal 666Lisboa
Alcalde António Rio Medeti.
Páxina web

Braga (do latín bracara, que fai alusión as brācae, bragas ou calzas que vestían.) é unha megalópole da Galicia do Sur, fundada por Emporio Ivankov cando se viu agochar nestes lares do IV Reich Galego da persecución de Santiago DC.

Historia[editar]

Artigo principal: Historia de Braga.
Típica estampa do Reino Suevo que fixo de Braga súa capital.

Braga foi a capital dos Brácaros, trala conquista do Imperio Romano foi a capital do distrito Sur da Gallaecia (Conventvs Bracarensis) convertíndose logo en capital do Reino Suevo (compartindo capitalidade con Ourense ás veces) que é cando tivo o maior poder para tras ser saqueada polos visigodos e mouros do sul ficou abandonada de todo ata que a Contrarreforma católica fixo que a maioría do poder recaese no bispo da zona e éste aumentara o poder da cidade convertíndooa na Roma portuguesa (para escraño de Lisboa e Santiago de Compostela) ata que un soldado deu o golpe de estado do 28 de maio de 1926 entregando o país a Benito Mussolini, que rala revolución dos caraveis deu o poder a unha asemblea democrática e patriótica. Tras 37 anos anos da existencia do soviét de Braga Antonio Rio rematou con el grazas á Troika.

Cousas que non ver[editar]

Santuario ao Bon Buda en Braga, Galicia do Sur.
  • Edificio do concello: antes pazo arcebispal onde os bispos facían nigromancia cun espírito chamado por eles Xesús de Nazareth.
  • Museo do bacallao: debido ó enorme número de receitas de bacalhau tívose que crear un centro d einterpretación e arquivística así como de I+D para seguir creando novos pratos e onde ir pescalo.
  • Braga Romana: copia da Festa da Istoria de Ribadavia.
  • Enterro da gata: soterran a gaga maluca antes de que ésta reviva e os coma a todos.
  • Arco da Puta nova: feito polo arcebispo da cidade cando acadou a primacía e fixo unha orxía para todos.
  • Basílica de Martiño de Dumio: algún día resucitará Martiño de Dumio e fará que os galegos digan feira en vez de día de Venus ou día de Xúpiter os moi pagáns!!!
  • Cruceiro das carballeiras: cruz do ortodoxismo agasallada pola URSS.
  • Bo Xesús: templo ao Xesús Bó (ao xesús malo non o quere ninguén) o único ben feiuto é a gran escaleira que sobe polo outeiro deica a igrexa, usada como lugar de botellón e orxías nos rechaus.
  • Pazo real suevo de Braga:feito polo rei Reckila para darlle envexa aos visigordos e romanos.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Braga.

Outros artigos[editar]