Breogán

De Desgalipedia
Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Breogán
BREOGÁN.jpg
Información
Nacemento Probablemente no séc. XIX A. de C.
Acoruña Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Nacionalidade galega
Profesión Fundador

Cita1.pngQuizais quixo dicir: AsterixCita2.png
Google sobre Breogán

Cita1.pngDe cativo non paraba de chorar así que meu avó mollóume o chupete na... aparvada da súa naiCita2.png
Breogán sobre a súa mozidade

Breogán é o pai de todos os galegos, coñecido mais por invadir España, erguer un falo na Coruña e mandar a seus fillos a invadir Irlanda.

Vida e milagres[editar]

Breogán era un pixoliñas nascido nunha granxa nómada de vacas e cabras, como non daba ligado nunca (xa ques as mais guapas se ivan cos druídas) e tampouco gañaba moito (non lle daba nin pra unha noite no club Witiza de Ponteareas), asi que decidu emigrar.

Marchou cara Catalunya por iso de aprender a ser rexoubeiro e culto coma un gafapasta, pero alí veu un fato de maricallas que só se disfrazaban pola noite pra ir a Razzmatazz de gratís, e todo o que gañaba o deixaba no aluguer dun piso compartido cun travelo marroquí. Fuxiu cara Bilbao sen pagar o último mes, aló en Euskadi meteuse a ferreiro nos Altos Fornos, construindo cociñas de bronce (aínda non se coñecía o ferro) e comezou a montar a importación delas cara Galiza (que daquela aínda se chamaba Oestrymnia) vendéndoas a metade de prezo ós 100 primeiros clientes, tivo tanto éxito que o nomearon xefe de ventas e o enviaron a Laténe en Suiza.

Alí tamén vendeu centos de cociñas de ferro, pero comezou a investigra pola súa conta, "collendo ideas" que diría él, ou sexa facendo espionaxe industriala todos os niveis (siderurxia do ferro,construcción de diques, establecemento de palafitos, constrrucción de poboados amurallados en altura, tácticas de guerra novos puntos de comercio cara o norte,manufacturas a prezos de risa...), como o que máis lle chamabaa tención era o tema do ferro colleu un pasaxe no barco que ía cara o Imperio Persa, alí fíxose amigo do emperador (que era un julai cheo de cadeas, pendentes, piercings de ouro) que ficou extasiado vendo un machoman do norte con aquel bigotazo de europeo... Breogán xa sabía tuodo o que gostaba de saber sobre o ferro, asi que liscou a toda présa cara a fin do Mundo, pero as correntes fixérono levar cara Exipto.

Alí no Antigo Exipto traballou como afiador, pero como era tan machote pra exipcias estas comezárono a perseguir a todas horas pra que as encetase no amor, pero él pasaba de todas ata que se fixo amante da faraona Hatsepsut, como lle fendeu a cona en mil pedasos Breogán foi expulsado do país do Nilo(e tamén por andar dicindo que no seu país había mil ríos e Exipto era un subpaís por ter un só río),con varios amigos fenicios atravesou o mediterráneo pasou as columnas de Melkart e chegou a Vigo.

En Vigo os fenicios estableceron unha discoteca de horario aberto, Breogán cos seus novos coñecemento industriais voltou á casa xuntou a todos os parentes e lles expuso un plan secreto, comezaronaroubar gando a todo o mundo, o venderon en Amio, cos cartos comparon unha mina de ouro no Sil, gracias ó mineral contrataron a varios avogados e polas noites movían os marcos das leiras... desta forma Breogán consegiu mandar sobre toda a Península Ibérica.

Logo estableceu un plan quincenal pra alzara economía galaica, estableceu miles de granxas de gando, porcos e galiñas no interior mentres na costa facía miles de portos pra ir faenar á xarda, sardiña, bacallau ao tempo que mandaba facer estaleiros en Vigo, A Coruña e Ferrol pra facer mellores naves que os gregos e os fenicios pra comerciar con quen lle dera a gana; grazas a todas estas medidas fíxose aínda mais rico, mercou un piso na illa da Toxa e as mulleres ían a miles onda él, polo que en pouco anos consegiu invertir a pirámide poboacional, vendo que os productos pesqueiros tiñan moito éxito cara o Sur vendendo bacacllau aos lusitanos fundou Pescanova en Vigo, mentres no Norte vendo o grande éxito que tiñana os productos lácteos e cárnicos fundou Brigantia pra comerciar con Francia e Alemaña, poñendo un faro tremendo na A Coruña (idea que copiou dos exipcios en Alexandría) pra enganar ós navegantes e se estrelasen contra as rochas e así roubarlles a mercancía e conseguir indemnizacións millonarias polos verquidos dos petroleiros.

Ficheiro:Breogán.jpg
Breogán ó regresar da emigración todo cachas, ligando coas garotas de gratis co seu faro atrás.

Pero seus fillos montáronlle miles de manifestacións debido ás mareas negras que masacraban o peixe da ría, así que pra librarse deles fíxolle crer ó seu fillo Ith que vira unha illa no medio do mar cara o norte, éste quedou pampo co descubrimento e pediulle ó seu papá que o enviara nunha expedición, así Breogán librouse dos de Nunca Mais enviándoos cara Irlanda, como viu que a conquistaban aproveitou e montou naquela illa unha granxa de Coren e miles de plantacións de pataca de Xinzo e desde alí coppou o mercado inglés. Con 45 anos breogán viu todo o que fixera, e como xa estaba farto de tanta muller tocándolle os collóns8sobre todos as sogras) colleu ó seu mago Amerghin e o puxoa traballar en serio nunha máquina do tempo, éste consegiuno tras 3 intentos fallidos e enviou a Breogán ó século XIX D. de C.

A Altervida de Breogán no s.XIX[editar]

Ó chegar o novo século Breogán viu que Galiza estaba de caspa caída, Castela a tiña toda asoballada e os galegos só servían pra facer chistes sobre eles e como colonos en Sudamérica, asi que voltou facer o que fixera na súa xuventude... emigrou cara Europa, alí voltou copiar o sistema europeu e fíxose xornalista, regresou e traballou en Madrid, fíxose cunha nova identidade e púxose o nome de Manuel Murguía casou con Rosalía de Castro e fixo contactos nas altas esferas con algúns políticos galegos do PSOE daquel entonces, logo voltou á terra e fundou a UPG, daba conferencias sobre Galiza e sobre un tal Breogán (que xa ninguén recordaba...) e iso fastidioulle moito asi que colleu un bocoi de Licorcafé e púxose a escribir a historia de Galiza (onde evidentemente o tal Breogán ocupaba a maior parte do libro...) logo sumo mais contactos e fundou o BNG, logo o PPdeG e por último o PSdeG, tivo unha recua de fillos, entre eles a Vicente Risco e Ramón Piñeiro, Como todavía non estaba contento con que os galegos non o lembrasen polas súas fazañas prehistóricas fundou a Festa da Historia de Ribadavia e coneveceu a un pijo chamado Eduardo Pondal a que fixera poesía e cantara suas fazañas en versos ditirámbicos con rima celtista.

Como viu que deixaba todo encarrilado e o médico lle prohibira o alcol, as mulleres e levar chisteras deixouse morrer, finando a principios do século XX.

Grandes obras de Breogán[editar]

  • A torre de Hércules: faro que puxo aló na súa capital pra ser máis chulo que Alexandre Magno.
  • O túnel da Canda: pra pasar o Padornelo sen arrefriarse.
  • Fixo as primeiras autopistas galaicas: copioullas a Adolf Hitler das súas Autobahn pra que os avións de Air Galicia puideran aterrar onde lles saíra do nabo.
  • A Catedral de Santiago de Compostela: que iva ser a súa tumba.
  • Murallas de Lugo: en realidade eran un muro pra gardar o gando dentro e non llo roubaran os da Unión Europea coa excusa das vacas tolas.
  • Fragas do Eume: xardín estilo inglés que fixo pra darlle mais vidiña sexual no seu harén e dar renda solta ás súas fantasías sexuais sadomasoquistas.
  • Illas Cíes: illas artificiais feitas pra atraer turismo con movidas así excéntricas, aínda que os seus inimigos afirman que eran campos de concentración pros imbéciles e escuros que non entenden galego.
  • Castro de Baroña: luxoso balneario con spa e hidromasaxe onde relaxarse antes de coller a marea pra ir buscar Fletán.
  • San Andrés de Teixido: porta interdimensional encargada a Amerghin pra ir visitar ós deuses Lugh, Bandua, Coventina, Reve... sen ter que pasar o Río Limia.
  • Praias das Catedrais: antigos estaleiros pra facer curraghs e achegarse ós seus dominios de Irlanda pra ver se manteñen as tradicións.
  • Río Miño: canal de navegación feito nunha noite de borracheira pra poder levar o viño de Ribadavia ó porto de Vigo.
  • Ponte de Cangas de Onís:onde Breogán puxo duas rampas xuntas pra montar simulacros de batallas (inda non inventaran os videoxogos).
  • Cudillero: porto construido por él pra levar o carbón de Asturies a países máis fríos.

Sabías que...[editar]

  • ... en Segovia ergeu un acueducto pra regar ben aquel secarral e montar a festa da auga como en Arousa.
  • ... en San Sebastián fixo construir unha praia enorme pra recoller conchas e venderllas ós de Tartessos.
  • ... en Doñana excavou un pantano e así construir unha industria de alfarería pra facer vasixas e comerciar con Cartagao en igualdade de condicións.
  • ... en Valencia fundou Morella pra dominar desde as suas murallas a expansión dos homosexuais gregos.
  • ... en Bilbao ergeu o Guggenheim pra ter a chatarra brillante toda xunta nun sitio e logo venderlla ós xitanos.