Bretaña

De Desgalipedia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Bretaña (histórica).
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Gran Bretaña.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Bretaña (homónimos).
Galiza is not Spain.jpg Este artigo ten un alto contido de nacionalismo.
Moito problablemente ese pequeno territorio comezará unha guerra sanguenta
para ser só máis un país insignificante no mundo e conseguir axuda da UE...


República Bretáñica
Brittany in France 2016.svg.png
Lema: Potius mori quam fœdari (latín)

Kentoc’h mervel eget bezañ saotret (bretón)
Putost la mort qe d’yéstr sali (galó)

Denantes morto ca escravos! (galego)
Estado Francia Francia
Capital Rennes1
 • Poboación (2006)
Lingua oficial Francés
Forma de goberno Consello Rexional
President
Pierrick Massiot (PS)
 • Total n/d
Poboación Posto 7º
 • Total (est. 2007) hab.
 • Densidade 114 hab./km²
Xentilicio Bretó[email protected]
Fuso horario UTC+1
 • Horario de verán UTC+2
Dominio de Internet .bzh
Código ISO n/d
1 Legalmente, a Bretaña comprende tan só os departamentos de Côtes-d'Armor, Ille e Vilaine, Morbihan e Finistère. A Bretaña histórica comprende ademais o departamento do Loira Atlántico, de capital Nantes, que sería a capital da Bretaña histórica.
Sitio web oficial
Rexións de Francia
Cita1.pngOn me nique, et alors?Cita2.png
Francés sobre Bretaña

Bretaña é un país oprimido por Francia.

Historia[editar]

Artigo principal: Historia da Bretaña.

Bretaña (non confundir con Armórica) fundouna Lugh como cabeza de ponte na invasión de Irlanda e Inglaterra coa axuda de Breogán. Moitos séculos mais tarde os bretonantes mercadeaban por aquí co bronce atlántico e os megaliteiros conquistáronos guiados polos campaniformes, despois viñeron os celtas, que acamparon por aquí provintes de Ribadeo, establecéndose pola costa toda e comerciando con produtos da república de Roma e Cartago. Debido a un porblema de financiación ilegal Xulio César conquistou toda Francia... toda? NON!! Un poboado de galos resistiuse ao Imperio Romano, ata que mortos de fame debido ao bloqueo comercial romano rindíronse e Obélix entregou as chaves ao traidor marido de Falbalá.

Trala conquista do Imperio Romano Bretaña tivo a primeira cidade, onde se viron as primeiras putas, isto xerou a decadencia do Imperio Romano. O xeneral romano que vixiaba que os bretóns traballasen e non fosen de putas (pra poder no Vaticano teren as putas sanas) cansou do seu emperador e foi coas súas lexións á capital pra ser o emperador en vez do emperador, esta ausencia das defensas fixo que Conan Meriadec baixara de Inglaterra e tomase varios terreos na costa pero sen tomar toda Bretaña (os outros británicos perderonse no mar e acabaron batendo con Mondoñedo) mentres aquí formáronse tres reiciños, cada un pelexándose contra o outro a ver quen tiña os mellores gaiteiros ata que viron que Carlomagno se achegaba e decidiron formar o Ducado de Bretaña. Pero Carlomagno conquistouno de todas formas e puxo de gobernador a seu sobriño Roldán, que tivo que pelexarse contra os independentistas bretóns, que finalmente gañaron e construíron o Reino de Bretaña.

O primeiro rei foi Nominoe, conseguiu facerse respetar durante anos e así a súa dinastía, ata que os vikingos amansados en Normandía os invadiron para por un rei dos seus e de aí pasar a reinar en Inglaterra e Galicia, coa axuda de Diego Xelmírez. A rexión entrou no Game of Thrones dos reis de Francia e Inglaterra, enfrontándose nunha guerra que tería consecuencias noutras guerras futuras cando o rei inglés non quería que aparecera entre os seus títulos "vasalo do rei de Francia" e logo cando quixeron reconquistar a costa norte de Francia... para que logo falen e falen sobre Napoleón Bonaparte!

No XVI o Cardeal Richelieu gobernou a zona, enriquecendo a Brest, como porto internacional e base segreda de submarinos onde enviar mosqueteiros a derrotar hugonotes, logo veu Colbert e empobreceu a rexión para sempre, aínda por riba a dinastía reinante, os Bribóns, só pensaban no ben de París e nada mais, sangando ás provincias a favor da capital e iso provocou varis rebelións, como a a dos chándales vermellos e a revolta do europarlamento, o rei enviou aos mosquecans e asunto resolto, só Nantes se mantivo cun bo nivel de vida grazas aos escravos e o comercio triangular. Coa Revolución Francesa Bretaña perdeu os seus dereitos e pasou a ser o cu do mundo gabacho, na Revolución industrial apenas se viron industrias por aquí, excepto nas marítimo pesqueiras cos motores eo afrosteam punk.

Xeografía[editar]

Bretaña atópase no norte de Europa, baixo Gales en veciñanza do Atlántico e o mar bretón, o país dividese en Costa e Interior, aquí vive o mago Merlín e o resto é estepa con miles de cruceiros onde practica bondage.

Economía[editar]

A economía bretoa está baseada na alimentación cárnica e vegana, vendendo miles de vacas sanas a Reino Unido(onde as volven tolas) e nabos coma os de Lugo, así como marihuana e haxix de ínfima categoría para ir vender a Ámsterdam. Actualmente tentan invadir o mundo mediante creperías e sidra.

Cultura[editar]

Sinal en galó no metro de Rennes.

Lingua[editar]

Véxase tamén: Lingua bretoa e Lingua galó.

Bretóns famosos[editar]

Cousas que non ver na Breyzh[editar]

Dios1.png Importante! Nosa Señora de Desgalipedia quere a súa atención:
Deus quiere que este artigo sexa ampliado
Falta información sobre:
Rematar artigo

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Bretaña.

Outros artigos[editar]