Buenos Aires

De Desgalipedia
Buenos Aires

130px 90px
280px
Imaxes da cidade
Situación xeográfica
[[Ficheiro:
Buenos Aires en Arxentina
Buenos Aires
Buenos Aires
|225px]]
País Bandeira de Arxentina.png Arxentina
Cidade autónoma Cidade autónoma de Buenos Aires
Xeografía
Altitude msnm
Poboación
Poboación hab. (2010)
Densidade hab/km²
Xentilicio Porteño/a[1], bonaerense[2]
Información
Código postal 1000 - 14??
Alcalde Xefe de goberno: Horacio Rodríguez Larreta (PRO)
Páxina web

Buenos Aires ou Bos Aires é a capital de Arxentina, logrou este magno feito por estar situada fronte a Colonia del Sacamento para que os administradores coloniais competisen uns contra outros a ambas beiras do río da Prata, pero só se conseguiu que en ambas beiras fosen todos corruptos.

Historia[editar]

Bosaires foi fundada por Pedro de Mendoza ao chegar aquí sano e salvo trala longa travesía a través dun océano infestado de krakens, sereas caníbales e canoas de indios defendendo as súas augas territoriais. Medonza chamoulle así a este lugar debido a que era onde menos cheiraba mal. A primeira colonia só durou uns intres xa que a indiada os botou fora ao ver que non querían bailar de forma erótico festiva, porque os colonos eran uns chupacirios, os españois voltaron corenta anos despois con canóns láser e alabardas sintéticas Juan de Gay refundouna.

A colonia apenas prosperaba nesta beira do Prata ata que un torvo funcionario local viu con terror como o Imperio español lle daba a capitalidade do virreinato á cidade de enfrente asi que colleu e falsificou toda a valixa diplomática e deulle a capitalidade á súa cidade, desde entón Bosaires é a capital federal cuántica de Arxentina.

Curiosamente Bosaires non medrou grazas a ser capital do Virreinato da Prata senguentada senón garzas ao contrabando de fariña de Colombia, indios escravizados á forza polos criollos, ouro e putas de Brasil e o comercio clandestino cos barcos do Imperio Británico que fondeaban aquí para levarse putas a Inglaterra xa que a revolución xacobita xunto á revolución protestante luterana fixera queimalas. Trala independización de Iberoamérica dos españois Bos Aires convertiuse na capital federal dos estados sudacas pero Simón Bolívar quería por a capital noutra zona e tras varias guerras civís entre padres da patria e criollos xenófobos Bos Aires seguiu coa capitalide.

Galegos en Buenos Aires[editar]

A cidade medrou grazass á inmigración de galegos e italianos que a encheron de mais xente e así saiuse de madre e o Comodoro Ribadavia tivo que facer unha avenida cara a selva de aí ao lado.

Turismo[editar]

O que ver en Bos Aires[editar]

Pene en Bos Aires.jpg
  • Centro.
  • Centro gallego:onde Castelao subiu de nivel no Age of Empires.
  • Casa Rosada:onde vive o president/a dos Estados Federais de Arxentina.
  • Recoleta.
  • Estadio Cu juniors.
  • Casa tomada mínima.
  • Miles de bocliches onde papar chouripans e coller parásitos intestinais aliens.
  • Obelisco:traído do mesmísimo Exipto para espichar no medio dunha avenida e desde aí a garda manexa todo o tráfico e pode baixar rápido a multar.

Notas[editar]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para porteño.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bonaerense.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Buenos Aires.

Outros artigos[editar]