Burgundios

De Desgalipedia
NapoleonBike.jpg Esta páxina contén referencias a importantes eventos históricos
da evolución da humanidade desde a prehistoria ata os tempos actuais
Krimilda a punto de cometer un crime contra o rei Gunter dos Burgundios.

Os Burgundios foron un pobo da Noruega antiga que fuxiron cara o Imperio Romano para civilizarse con tan mala sorte que súas mulleres comezaron unha roda de vinganzas e desapareceron da Historia humana.

Historia dos Burgundios[editar]

Os Burgundios vivían felices nunha illa do mar báltico ata que foron visitados por un comercial dun tour operador sureño que os convenceu para que fosen mercar chalets a Francia, onde poderían vivir gorentosamente dos beneficios do Imperio Romano e beneficiarse tamén da relaxada moral sexual das francesas; os burgundios comezaron a súa odisea báltica pero na travesía o guía afogou e tiveron que bsucarse a vida polo que endiveron dun lado para outro pelexándose con lexionarios romanos ata que puideron asentarse á beira do Rhin.

Na zona aumentou o seu PIB pero debido a que non tiñan moito prestixio comezaron a ser atacados por outros pobos xermánicos polo que se quedaron nun reino pequeno nas beiras do Rhin. Todo ía ben, eran brutos e felices, pero debido a que a princesa Krimilda tiña ciúmes da súa cuñada e toda enrabechada contoulle que o seu verdadeiro fan era SIgurd e non seu home Gunter, ao saber isto a islandesa Brunilda divorciouse do rei Gunter mentres Krimilda enganada por Hagen confésalle o punto débil de Sigfrido, que é asasinado por Hagen para quedarse co anel de poder, perdón, co anel do Nibelungo con permiso do rei Gunter, logo duns anos Krimilda casa con Atila e invita a Gunter e Hagen ó bautizo pagano de seu fillo e aproveita para matalos a TODOS... así desapareceron os burgundios da historia.

Grandes Burgundios da historia[editar]

  • O rei Gunter de Borgoña.
  • Krimilda.
  • Hagen de Tronek

Lista de reis burgundios[editar]

Non lendarios porque en ningún momento foron citados no Tesouro dos Nibelungos: