CUVI

De Desgalipedia
Comuna da Universidade de Vigo
Universidade de Vigo en Castrapo.jpg
Logo da CUVI en galego e castrapo
Localización: Vigo/Ourense/Pontevedra/Hogwarts
Reitor: Albus Dumbledore
Estudantes:
Enderezo: Campus Universitario, Vigo (Pontevedra)
Páxina web:

Cita1.pngQuizais quixo dicir: Escola Hogwarts de Maxia e FeiticeríaCita2.png
Google sobre CUVI

O CUVI é unha organización malvada que loita por dominar o mundo.

Historia[editar]

Orixe e evolución[editar]

O CUVI foi fundada polos catro varóns apestólicos: San Teleco, San Pepe, San Isidoro Xitano e San Alberte; estes doctos varóns eran monxes ambulantes, goliardos, que un día cadrou que se atoparon no cruce de Marcosende (entre O Porriño, Zamáns,Beade e Nigrán) como aquelo era monte puxéronse moi contentos e ficaron a vivir unha tempada aquí, fundando un pequeno mosteiro pra dar con Deus dunha maldita vez e de paso ergueron un pendello como aula de estudo pros catro gatos de Vilariño.

Grazas a que en Vilariño nacera anos atrás un cacique próximo ao rei os catro santos varóns obtiveron privilexios e subvencións varias pra expandir seu centro de estudos e así medrou a universidade, como o arzobispo de Santiago de Compostela (señor e dono de Vigo) vía que se lle levaban os cartos estes e non lle daban nada foi contra eles, incitando a un do PSOE pra que denunciase como privilexios da Igrexa católica os cartos recibidos polos santos varóns ante os medios de comunicación.

Afortunadamente e por intercesión divina o presentador da TVG que ía dar esa nova morreu segundos antes (cousa moi frecuente durante o Fraguismo...)e vendo isto santo patriarca compostelán decidiu poñer él tamén un colexio universitario en Torrecedeira, e com os catro varóns alcólicos eran bós e mansos cal ovellas apostólicas firmaron un pauto e así a Universidade de Vigo abrangeu o CUVI, o campus de Vigo, o de Pontevedra e o de Ourense.

Mais o CUVI mantivo a súa independencia grazas á Orde Republicana Masónica Reintegrata, que en segredo maquinaba contra do Antigo Réxime pra erguer a vil alma humana por riba do materialismo catódico. Esta orde da masonaría segreda (ou salvaxe) mantivo o CUVI estable mentres as outras universidades e campus caían na decadencia suprema pola gran afluencia de antisistemas e pepeiros. Durante os anos 80 salvouse da existencia de ionkis debido a que os padawan reintegrata facían prácticas de lingua láser por Zamáns e Fabás, así criouse unha xuventude baruda que rematou evolucionando cara unha raza superior e desde as ladeiras do CUVI (representación xeolóxica da escaleira masónica) implantan pouco a pouco o Novus Ordo Seculorum en eterna loita contra da reacción, o nihilismo e o papanatismo na nosa Terra.

Co paso dos eóns o CUVI foi medrando á vez que conseguían independizarse da USC e loitar contra da UDC, que lle enviaba sempre topos e axentes dobres pra subxugala á Coruña; afortundamanete consegiuse vencela na Batalla do Abismo da Depresión Meridiana a finais dos 90. O coste desta guerra maila crise económica de 2008 e que o goberno de Madrid lavaba o cerebro ós rapaces pra que foran estudar FP e se deixaran de universitariadas, fixo que o número de efectivos cuvinses descendese a día de hoxe.

Organización[editar]

Durante máis de mil anos, os alumnos foron distribuidos á súa chegada nas diferentes casas cos nomes dos cuatro fundadores da escola: Gryffindor, Hufflepuff, Ravenclaw e Slytherin (estes nomes foron impostos ós orixinais porque lles soaban mais modernos ós do Ministerio de Deseducación). A educación dun estudiane varía según o seu número de experiencias, créditos obtidos, melee conseguida ao pasar mais tempo no Papo´s, rango conseguido ó facerlle a pelota ó catedrático de turno e casters que procuran chegar a reitor.

Estrutura de Goberno[editar]

A estrutura é un conglomerado federal de escolas e acultades que se reparten o poder según a influencia que chegan a obter nos cerebros dos pobres estudantes a través dos delegados e da Xunta de Delegados.

Órganos xerais
  • Consello social: onde se atopa o reitor pelexando contra o concello e Xunta de Galicia pra que lles den cartiños pra poder enviar un galego á lúa.
  • Claustro: serve pra que os do consello de goberno non se lles suba o santo ao ceo e permaneza entre nós pra seguir protexéndonos, tamén serve pros que da oposición machaquen ós reitor e seus amigotes.
  • Consello de Goberno: onde se meten reitor e vicereitores e vicedacano e secretario e vicesecretario a gobernar as ripas desta cidade Estado.
Cargos
  • Capitán: o reitor, que cal gran timonel leva a vida económica, a alma espiritoal, o cerne social cara un lado ou pra outro.
  • Capeláns: ou vicerreitores, en plan ministros de goberno que se encargan de distintos departamentos, sobre todo de levarse mais financiación cos compañeiros e a ser posible conseguir un Fluggegecheimen e un Orgasmatrón pro despacho.
  • Secretario xeral: un funcionario que traballa na Uni nomeado polo reitor (Ves como hai que levarse ben co señor decano?).
  • Xerente: outro posto polo reitor, é o que manexa a chave do cofre dos tesouros, da facenda da uni, ás veces podes velo todo tolo por onda as mámoas das Xunqueiras a ver se da coa galiña e os pitiños de ouro.
  • Vicereitores adxuntos: os famosoa adxuntos, os que sempre poderás ver tratando de gustar ós jrandes pra poder obter este posto e así o adulen a él. Soe encher de citas do seu profe preferido a súa carpeta e logo no traballo final ou tese de licenciatura.

Facultades de Grandes Magos[editar]

  • Facul de Filoloxía e tradución/interpretación: aka FTT, onde van moitas rapazas a tentar aprender mellor o idioma nacional ou foráneos co fin de emigrar fóra do Macizo Hespérico e ata incluso do Bloque Ibérico (en idioma neandethal recibe o nome de Península Ibérica). É das mais populares grazas ós reintegratas que nel reciben o bautismo de mans do Consello Supremo reintegrata ou AGAL, aínda que algúns mesmo chegana inserirse no sistema e serven de tradutores pra políticos e cantantes da MTV.
  • Facultade de Bioloxía e Ciencias do Mar: fundada por San Alberte pra que os mareantes non destrozen o mar, de aquí é de onde saen os futuros abrazaárbores e muñidores de spams sobre liberación animal e vextarianismo por mala conciencia, aquí forman investigadores pra logo meter en submarinos e servir á Industria Militar co fin de facer mellores cultivos hidropónicos e colonias no fondo do mar en plan "sea Quest DSV",aínda que a maioría che dirá que son pacifistas ou animalistas e queren ser coma o Capitán Planeta.
  • Facul de Ciencias Económicas e Empresariais: de onde saen moitos cantantes e comerciales, esta facultade está chea de xuventudes do PP e algunha que outra sociata camuflada(que si di algo xa a suspenden) pra poder desclasarse; suponse que forman á elite económica pero só está cheo de frikis de ambos sexos que tentan controlar o mundo mediante o peso da túa carteira e logo facer cálculos infinitesimais sobre o PIB pra declararte plebeio.
  • Facultade da química: onde podemos ver como Severus Snape tenta ensinar como fabricar armas químicas ós alumnos e logo a Trahurrio ensinando o siñificado simbólico de V.I.T.R.I.O.L
  • Facultade de ciencias xurídicas e do traballo: divididas entre pijos pepeiros (con algunha sociata descalsada tamén polo medio de estrangis)e os de dereito mercantil... que son os que tratan de que os proletarios sigan chuchando da teta capitalista e non fagan a revolución, aínda que os pijos de empresariais miren pra eles con noxo e os tachen de etarras mentres a spijas teñan soños húmidos e fantasías sexuais violentas con eles.

Escolas de escudeiros[editar]

Alumna da Escola de Topos.
  • Escola de nexeñeria industrial: fundada por Howard Wolowitz tralo seu bar mitzváh en Ribadavia. Aquí a industria capitalista atopa ás mentes que fabricaran as máquinas de Matrix nos horrendo sotos desta faculatde ás ordes de DTE (seica un fillo espurio de Skynet) mentres fan que Piñeiro (fillo bravo de Superpiñeiro) coordine a a vangarda a través dos seus robocops pra que logo aparezan os terminators de M.V.V. (fillo ilegal de AVV de calquera barrio).
  • Santa Escola supertécnica de enxeñaría de telcomunicacións: os que fa posible que poidas ver a TVG aínda que estés no fondo do canón do río SIl así com outros grandes inventos que remataron por enviar a Bill Gates á indixencia, sera vangarda na colonización do espacio exterior (grazas ó Xatcobeo) aínda que ningún dos seus discípulos pido rematara carreira debido ó misticismo inherente ós sistemas utilizados nesta santa catedral da técnica.
  • Escola de Topos: onde aprenden a ser enxeñeiros de minas pra poder facerle a competencia ós ananos de Minas Tirith, aínda que debido ó seu pouco nivel de friquez soen rematar sendo subxugados pola potencia de Asturias, aínda que a moitos se lles enchaa boca con As Pontes de García Rodríguez ou o Rei Cintolo e súa minería turística.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Universidade de Vigo.

Outros artigos[editar]

V  C  E h
Universidades galegas
Universidade de Santiago de Compostela (USC) | Universidade da Coruña (UdC) | Universidade de Vigo (UVi)