Cabanas

De Desgalipedia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Cabanas.
Cabanas
Escudo de Cabanas
Cruceiro do día oito, Cabanas.jpg
Aquí os fidalgos fixeron moita especulación artística.
Situación
Situacion Cabanas.PNG
Xentilicio[1] Cabanés
Xeografía
Provincia Acruña
Comarca Comarca do Eume.
Poboación 3 mil e pico hab. (2019)
Área Teñen os seus km²
Densidade Des mil piñeiros por hab./km²
Entidades de poboación Cabaneses en estado salvaxe, vacas, cabras, cabalos, xabaríns ghatos e algún can
Capital do concello O piñeiral
Política ()
Alcalde O excelentísimo Germán Castrillón (Partido Popular)
Concelleiros BNG: Os verdadeiros ÁRTABROS
PPdeG: Casta españolista
PSdeG-PSOE: Netos de comunistas
Outros: Fronte Popular das Vacas Cabanesas
Uso do galego[2] ()
Galegofalantes Non o suficiente %
Páxina web oficial
  1. Véxase no Desgalizionario.
  2. Datos dos tempos de Manuel Fraga publicados en 2019, ou non.
Cita1.pngAy mira cariño, qué bonito Cabañas.Cita2.png
Turistas madrileños sobre Cabanas
Cita1.pngMunicipio de Cabañas.Cita2.png
Galicia Bilingüe sobre Cabanas
Cita1.pngDise Cabanas fodidos españolistas cajo na súa vida hostia.Cita2.png
Cabanés con sangue ártabra sobre Galicia Bilingüe
Cita1.pngVamos a la playita de PuentedeumeCita2.png
Turistas madrileños sobre a praia da Madalena de CABANAS
Cita1.png¡¡¡¡¡¡¡AAARRRRRGGGGGG!!!!!!!!Cita2.png
Cabanés antes de abalanzarse sobre o teu pescozo para esnaquizarte por non ter nin puta idea sobre a praia da Madalena.

Cabanas é un concello jallejo cerca do golfo ártabro, xusto ao lado de Pontedeume, mais procura non dicirlle iso a un verdadeiro cabanés se non queres arriscar a túa propia vida. Caracterízase pola súa escasa civilización, e a proliferación de bosques e criaturas salvaxes.

Historia[editar]

Prehistoria[editar]

Cabanas foi fundada no Paleolítico polo Homo Galleciensis, que ergueu aquí súas cabanas de pel de cacique e cairos de mamute, ao ver que estaban en bó sitio pra cazar buahnenos e ferrolanos deixaronse ficar aquí e estar á espreita pra meter a ambos urbanitas a cocer, afortunadamente os de Betanzos e Pontedeume tamén se urbanizaron polo que aumentou a comida pra todos e agora hai explosión demográfica.

Idade Antiga[editar]

Cabanas é un concello antigo, casi como a existencia mesma. No tempo dos castrexos, un pobo de auténticos celtas chamados os ÁRTABROS, chegou a estas terras, fuxindo de terras coruñesas e ferrolanas, pola súa urbanización e exceso de civilización. Estos ártabros eran auténticos CELTAS, e non querían verse influídos polas costumes dos urbanitas, as súas latrinas e casas limpas. Os ártabros querían seguir sendo CELTAS, auténticos guerreiros que cazan de campo e viven coas galiñas. É entón cando asentan, facendo campamentos por toda a zona que máis tarde serán as coñecidas parroquias.

Os ártabros cabaneses tiñan unha vida tranquila coas súas galiñas e as súas hortas, mais a tranquilidade non duraría moito. Os romanos descubrirían o asentamento e quererían dominalo, sentíndose atraídos pola súa fermosura e verdor. Os ártabros cabaneses tiñan problemas, e é entón cando deciden unha táctica arriscada: aliarse cos seus inimigos mortais, os eumeses.

Os ártabros eumeses eran demasiados civilizados, críanse mellores por vivir nunha alcantarilla chamada Pontedeume e polas súas costumes burguesas de subir a Breamo e maljastar o viño botándoo por riba dos outros. Os ártabros cabaneses non querían saber nada dos eumeses, que se apropiaban da fama da súa praia cando en realidade Pontedeume só ten catro rochas infestadas de muxes radioactivos pola cantidade de merda que verte a alcatarilla que é Pontedeume. Pero a pesar das súas diferencias, decidiron facer un pacto para acabar cos romanos. Para iso idearon un plan infalible, aproveitando que os romanos tiñan que cruzar a ponte de Pontedeume, ártabros eumeses e cabaneses, cada un polo seu lado da ponte, atacaron con lanzas e paus, achegándose cada vez máis a os seus inimigos, e estos, acorralados, só poideron tirarse ao mar e fuxir despavoridos.

A vitoria foi celebrada con moito xúbilo, as diferencias entre eumeses e cabaneses desapareceron durante moitos séculos. Cabanas e Pontedeume convertéranse en fortes aliados, resistiron a moitas invasións romanas, mais chegou un punto no que os nosos ártabros eran menos en número. Tiveron que fuxir, sen máis remedio, ás terras máis escondidas de Cabanas. Dise que comezaron a vivir nos bosques, entre piñeiros e carballos e que a día de hoxe aún quedan ártabros cabaneses nos bosques máis profundos.

Idade Media[editar]

Os ártabros eumeses e cabaneses restantes foron civilizados, e mezcláronse coa poboación romana. Mais pronto chegaron os suevos a esnaquizalo todo.

Xeografía[editar]

Clima[editar]

Cabanas posue clima climateiro, aínda que con tendencia a quentarse grazas ás cheminas de As Pontes.

Fauna e flora[editar]

Entre o piñeiral e a praia da Madalena xúntase gran cantidade de flora e de fauna (sobre todo de xente que vai facer cruising).

Parroquias[editar]

V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cabanas
Cabanas (Santo André) | Irís (Santo Estevo) | Laraxe (San Mamede) | Regoela (San Vicente) | San Martiño de Porto (San Martiño) | Santa Cruz do Salto (Santa Cruz) | Soaserra (Santa Olaia)

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Cabanas.

Outros artigos[editar]


V  C  E h
Concellos da Comarca do Eume
Comarca do Eume
Cabanas
Cabanas
A Capela
A Capela
Monfero
Monfero
Pontedeume
Pontedeume
As Pontes de García Rodríguez
As Pontes
V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia da Coruña
Provincia da Coruna en debuxo.jpg
Abegondo - Ames - Aranga - Ares - Arteixo - Arzúa - A Baña - Bergondo - Betanzos - Boimorto - Boiro - Boqueixón - Brión - Cabana de Bergantiños - Cabanas - Camariñas - Cambre - A Capela - Carballo - Cariño - Carnota - Carral - Cedeira - Cee - Cerceda - Cerdido - Cesuras - Coirós - Corcubión - Coristanco - A Coruña - Culleredo - Curtis - Dodro - Dumbría - Fene - Ferrol - Fisterra - Frades - Irixoa - A Laracha - Laxe - Lousame - Malpica de Bergantiños - Mañón - Mazaricos - Melide - Mesía - Miño - Moeche - Monfero - Mugardos - Muros - Muxía - Narón - Neda - Negreira - Noia - Oleiros - Ordes - Oroso - Ortigueira - Outes - Oza dos Ríos - Paderne - Padrón - O Pino - A Pobra do Caramiñal - Ponteceso - Pontedeume - As Pontes de García Rodríguez - Porto do Son - Rianxo - Ribeira - Rois - Sada - San Sadurniño - Santa Comba - Santiago de Compostela - Santiso - Sobrado - As Somozas - Teo - Toques - Tordoia - Touro - Trazo - Val do Dubra - Valdoviño - Vedra - Vilarmaior - Vilasantar - Vimianzo - Zas