Cacique

De Desgalipedia
Trunhez.jpg Aviso importante: A Desgalipedia é un sitio de humor.
Ninguén aquí lle importa a súa opinión política sobre Cacique e moito menos en quen votou nas últimas eleccións.
Non te preocupes, os seus adversarios políticos sufrirán as mesmas maldades que facemos de ti MWAHAHAHAHAHA!!!
Como ser divertido e non só idiota.
Trunhez.jpg

Cita1.pngQuizais quixo dicir: Corrupción políticaCita2.png
Google sobre Cacique

Cita1.pngO caciquismo galego deixará de existir cando se lexisle para Galiza e os labregos se sintan amparados pola Lei, sen medo á XusticiaCita2.png
Castelao sobre os caciques
Cita1.pngEu son un cacique, pero dos bosCita2.png
Xosé Luís Baltar sobre os caciques/el mesmo
Cita1.pngEl cacique es bastante peor que el jabalí.Cita2.png
Basilio Álvarez sobre o caciquismo.

Un cacique é unha persoa que nunha oficina, empresa, goberno, club ou institución ten superpoderes e por iso ocupa unha posición de mando na xerarquía(e se non hai hai invéntaa él e ponse de führer). O seu carácter é histérico bilioso sanguíneo con ramalazos de mafioso, así con ínfulas de gran prócer; algúns psicodoutorres apuntan ao síndrome de Xulio César como raíz do mal que fai que eles fagan mal pensando que en realidade fan un ben social. nembargantes o psicoanalistas din que se trata de indivíduos presos na etapa de latencia con forte sustrato nazi.

Tipos[editar]

  • Cacique de oficina: aquél que por estar sentado todo o día na parte máis soleada da oficina se cre o caudillo e "ordea" que lle traían o café sen pedir por favor siquera.
  • Ron cacique: marca comercial de rol dos piratas do caribe, inventada por Hugo Chávez pra construir a Unión de Repúblicas Bolivarianas revolucionarias cristiás.
  • Cacique indio: xefe das tribos indias de Sudamérica asasinados durante o Holocausto Español.
  • Cacique mojito: conainas que pra darsas de home mezcla o ron con azucre.
  • Cacique galego: Baltar I.
  • Cacique da Restauración Borbónica: persoa con estudos universitarios que a a finais do século XIX e principios do XX servía pra facer trampas nas eleccións e conseguir votos pra os políticos e que éstes non tiveran que andar de mitíns pra gañar as eleccións (previamente amañadas desde Madrid), entre eles destacaraon Pepe Benito e Montero Ríos.
  • Cacique falanxista: membros de Falange Española que durante a dictadura de Francisco Franco conspiraban pra conseguir algún posto nalgún organismo oficial do goberno co apoio doutros veciños seus e logo cando tiña o poder non traía nada pra Galicia (excepto algún grupo musical nas festas patronais).
  • Cacique da segunda Restauración, ou neocaciquismo: persoas con profesións liberais que trala volta da monarquía a España conseguían sacas de votos pra deputados lonxanos a cambio de subvencións pra algunha aldea perdida (pra poñerlle aparatos de ximnasia revolucionaria), asfaltar camiños que se perden no monte, convertirse en axencias de colocación de emprego pra militantes do seu partido, malgastar millóns de Europa, meter a teu fillo na Deputación, que non che pidan licencia de construcción, mirara pra outro lado se traficas con fariña, prevaricación, cohecho, etc.

Motivacións[editar]

As razóns pra ser cacique na actualidade débense a razóns:

Personais
  • O atractivo social da profesión.
  • Acceder a unha posición económica mais desafogada.
  • Influencia de familiares, amigos, medios de comunicaión, a historia.
  • Prantexamentos ideolóxicos, filosóficos, relixiosos acerca da comunidade onde viven.
  • Rexeitamento doutras opcións de gañarse a vida e ser lembrado 200 anos despois.
Sociais
  • Lograr prestixio social e que te inviten a comer en todas as casas.
  • Que te saquen nos xornais cada dous por tres.
  • Pode ser un camiño de compromiso social pro cambio das circunstancias sociopolíticas da comunidade onde vive. Loita contra os determinantes sociales que afectan á patria, e solidaridade cos veciños.
  • Forma de rebelión contra a inxustiza e demais abusos do capitalismo.
Prácticas
  • Elección que da moita versatilidade debido ó grao que se ocupe na xerarquía do partido (secretario, alcalde, presidente da Diputación, xefe de persoal, notario, sturmbanführer, cabo furriel, secretario xeral, portavoz, membro do comité de dirección, vicepresidente, etc).
  • A renumeración do cacique, aparte dos sobresueldos, dietas, sobre en branco que che dá o tesoureiro do partido, subornos, pedido de favores, etc.

Axiomas caciquís[editar]

  • Altera est peior quam me: O outro (algun membro do partido da oposición) é pior ca min.
  • Non hai caciques, hai conseguidores: ou sexa que o cacique por ser da túa aldea vaiche conseguir cousas que con outros nin en soños verías (frente a esto sempre se pode contrapor a figura de Franco, que a pesar de ser galego non trouxo nada bo pra Galicia).
  • Todos aqueles que non pensan coma min están contra min.
  • O cacaique nin se crea nin se destrúe, transfórmase.

Funcións[editar]

As principais funcións do cacique son:

  • Conseguir maior número de votos (incluso de xente morta) pro seu partido.
  • Formación:debe insistir sempre en que o seu goberno é o mellor POSIBLE, e que outro candidato é PEOR ca el (xa sexa por diferencia ideolóxica, de idade, formación, que é de fóra, etc); por outra banda debe promover unha ideoloxía do medo a cambiar, do "que inventen eles", unha ideoloxía conservadora e a veces reaccionaria.
  • Investigación: debe saber quen le vota e quen non, a estes non lle dará postos na administración(porteiro da Deputación, monitor de cursiños do concello, membro nun taller ocupacional de desemprego, traballador en cuadrillas municipais, apaga lumes da Xunta, etc), apicaralle a lei, metersae na súa vida, que o crego lle vote un sermón diante súa ante todos, non sacarlle as multas, poñerllas por tonterías, sacarle a luz ou a auga ó mímnimo descoido, facerlle pintadas, etc
  • Administración/xestión: de recursos públicos pero con fins privados, como darlle terreos do concello gratis a empresarios amigos, licitar obras que logo Europa di que son ilegais, agasallar con subvencións, dar consellos pra facer trucos legais e saír sen castigo, dar emprego aos militantes do partido (só a aqueles que sexan da túa facción claro).

Prácticas caciquís[editar]

  • Facer resucitar votantes xa mortos.
  • Designación "a dedo" de persoas para postos con soldo público.
  • Facer cumprir a lei só as persoas que non son coma él.
  • protexer aos amigos e votantes da Xustiza(pra eles a lei non existe).

O cacique na Arte[editar]

Debido ó gran peso que tivo e ten o cacique, éste foi retratado e pensado en diferentes escaparates:

O cacique na literatura[editar]

  • A besta!, de Patricio Delgado Luaces: panfleto político en forma de novela de sátira social naturalista de corte carlista, onde acusa aos liberais do XIX ser caciques (persoas no mundo rural que abusan da súa posición económicosocial pra violar e roubar impunemente).
  • El mundo rural, de José Ojea Otero: onde describe como estas preas facían e desfacían coma os reis absolutos nas aldeas.
  • Doña Perfecta, de Benito Pérez Galdós.
  • O Anarquista, de Leandro Pita Romero: novela de clixés que amosa a ruína que supoñen estes persoaxes pra nación de Breogán.
  • César o nada, de Pío Baroja.
  • Villavieja, de Manuel Ciges Aparicio.
  • Jarrapellejos, de Felipe Trigo (adicado a Melquíades Álvarez).
  • De horca y cuchillo, de Arturo Mori.
  • Sempre en Galiza, de Castelao: ensaio político na que aboga por sacarlles o soldo e así ninguén querería selo.
  • Caciquismo e funcionariado na Galicia do século XIX, de Pablo Isidoro González Mariñas e José Ramón Barreiro Fernández: onde amos que os caciques non son precisamente paletos institucionalizados.
  • Caciquismo e poder local na Galicia da Restauración, de Francisco Candeira Mosquera: onde amosa ás claras o caciquismo como elemnto da maquinaria democrática española.
  • Casa Skylab, de Santiago Jaureguízar: Daniel Rodríguez Patapao, cacique de Negueira de Rodríguez e propietario de Casa Ataúlfo, enfróntase a unha grupo de hippies que se instalan unha comuna exenta de colorantes e conservantes.
  • Asasinato no consello nacional, de Diego Ameixeiras: onde sae Baltar baixo pseudónimo facendo de Il Padrino incluso en empresas privadas e non só na Diputación de Ourense.

O cacique no Cinema[editar]

  • A casa da Troia, filme de 1925: onde un cacique tenta que aproben ao seu fillo nuns exames na universidade a cambio de ofrecer preas ós mestres.
  • Carmiña flor de Galicia, de Rino Lupo: un mozo ao ver que o cacique vai abusar do dereito de pernada coa súa prometida mátao.
  • Mamasunción, de Chano Piñeiro: o alcalde/cacique tenta quedarse con parte dos cartos que lle envía á súa mai o fillo emigrante finado.
  • O lapis do carpinteiro, de Antón Reixa: un cacique tenta que súa filla case en vez de cun médico cun militar impotente.
  • Baseado en feitos que puideron ter acontecido, de Xosé Antón Perozo: un cacaique conséguelle ao fillo dun amigo un chollo no departamento de atrezzo dunha productora.

O cacique na Pintura[editar]

  • Enterro do cacique do pazo, de Serafín Avendaño.
  • Cacique, führer da vila, óleo de Castelao.
  • Contra o cacique, vota estatuto de autonomía, cartel de Camilo Díaz Baliño.
  • Cacique co páxaro Pi no seu ombreiro, de Eugenio Granell.
  • Cacique abstraendo á sociedade, de Ánxel Huete.
  • Cacique postimpresión, de Czar.
  • Sombras de cacique, de Menchu Lamas.

O cacique na escultura[editar]

  • O santo cacique, do Mestre Mateo.
  • Caudillo Cacique, de Asorey.

O cacique na música[editar]

  • Coplas pra bater no coiro de cacique, de autoría popular pero durante tempo pensaron que eran de Venancio das pitas.
  • Coplas á morte do cacique, de Ángela Saavedra Suanzes.
  • Tango cacique, de Carlos Gardón, interpretado por Carolina Otero Novás, (A bela Otero).
  • Se va el cacique se va para barranquilla, do grupo Los Satélites.
  • O cacique da miña vila, de Andrés do Barro.
  • O cacique anda espelido, de Os Tamara.
  • Un cacique chamado liberdá, de Fuxan os Ventos.
  • Caciques de cidade, de Milladoiro.
  • Caciques sumerxidos, de Os Resentidos.
  • Cacique chúpama, de Semen Up.
  • Cacicato en Madrid, de Iván Ferreiro.
  • Poña un caciaue na súa vida, de Los 3 Sudamaricones (Toni Lomba y Elios dos Santos).
  • Cacicada freak, de The Homens.
  • Cacique eres unha merda, de Ataque Escampe.
  • Cacique máximus, de Deluxe.
  • Caciqueando a ciudá, de O Leo i Arremecághona!.
  • Cacique 2.0, de 6PM.

O cacique na banda deseñada[editar]

  • En todos os números da revista Retranca; Barsowia, Golfiño...
  • Nas tiras de Xaquín Marín.
  • Cacique de tiza de Miguelanxo Prado.
  • O Héore, de David Rubín, un cacique ponlle trabas administrativas a Hércules/Melkart.
  • A sombra das pedras voadoras, de Kiko da Silva: un cacaique lidera á súa vila contra un ataque alieníxena.

Caciques famosos[editar]