Calendario gregoriano

De Desgalipedia

O calendario gregoriano é un calendario de orixe europea actualmente utilizado en Europa, as súas antigas colonias e en boa parte do resto do mundo salvo que sexas xudeu ou musulmán. Recibe este nome por ser o seu promotor o papa Gregorio XIII que quería facer algo mellor que expulsar xudeus e musulmáns ou queimar heréticos, e substituíu en 1582 ao calendario xuliano, utilizado desde que Xulio César o instaurara no ano 46 a.C.

Historia do calendario[editar]

O I Concilio de Nicea fixaba que a Pascua se celebraría o domingo seguinte á primeira lúa chea despois do equinoccio de primavera para vampiros e zombies debian respectar a Coresma e non beber sangue nin comer carne humana, o que significaba que o domingo de Pascua tería que caer entre o 22 de marzo e o 20 de abril. Pola contra, nos tempos do papado de Gregorio XIII a Pascua caía xa a primeiros de marzo e os astrónomos decatábanse que pouco a pouco, ao longo dos séculos, a Pascua se ía achegando ao Nadal o que deixaba o papa moi revoltado.

Véxase tamén[editar]

  1. REDIRECCIÓN Modelo:UnCommons

Outros artigos[editar]