Camiño de Santiago

De Desgalipedia
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
Camiño de Santiago
El camino de las ardillas.jpg
O Camiño de Santiago das ardillas
Flag of UNESCO.svg Información Flag of UNESCO.svg
Inscrición: 1993 (sesión XVII)
País: Banderaespaña.png España
Localización: Europa
Rexión: Europa
Tipo: Cultural
Criterios: [[Criterios de selección do Patrimonio Mundial|]]
Descrición UNESCO: 666 fr 666 en

O Camiño de Santiago é unha ruta de acceso de persoas e capital financieiro cara Santiago de Compostela.

Historia[editar]

Típico peregrína Compostela.

No século IX a Península Ibérica atópabase gobernada polos reinos de Al-Ándalus e o Reino de Asturias, os reis deste último eran salvaxes cristiáns que querían conquistar mediante a jihad as terras civilizadas do Sul polo que iniciaron campañas militares mais debido á súa baixa capacidade de ofensiva tivéronse con contentar só con ataques de rapina ata que decidiron pedir axuda ao reino de Francia, que enviou cartos, mercenarios e jihaidistas para colonizar culturalmente seu veciño sureño, cousa que conseguiron mediante o aprovisionamento financieiro militar conseguindo que o pequeno reino de Asturias se expandise das catro montañas iniciais para que ocupase Castela.

Tras conseguir crear España, Francia retirou seu apoio e o camiño perdeuse, ata que no século XX Manuel Fraga e Rouco Varela servíronse del para recristianizar Galicia e conseguir miles de subvencións a repartir entre corbatas e sotanas, sobre todo cando se descubriu a "Operación Retablo".

O camiño[editar]

E din que así me perdoarán tódolos meus pecados? Manda truco se o chego a saber antes fusilo a mais rojillos!

O camiño de Santiago, ou camiño do Sacocheo, é unha ruta pola que os humanos que acreditan no catolicismo poidan visitar a cidade-santuario onde se atopa momificado Prisciliano.

O camiño cara Santiago desde Europa[editar]

Afortunadamente para os italianos, este santuario atópase na Fin do Mundo e así nunca lle pudio facer sombra ao Vaticano (como lla fixo Constantinopla) e polo tanto non tiveron problemas en promocionala e mesmo Umberto Eco fixo unha novela sobre el (O camiño da rosa). As distintas rutas santiaguesas son:

  • Camiño francés: o mais famoso, xa que traía xente de Francia, Italia, Alemaña, Inglaterra, Polonia, Austria, etc e polo tanto nel ía a maior alfuencia de jihaidistas que trouxeron cousas como o arte románico, o BDSM, a tipografía carolinxia, subvencións, carallos franceses (ou sexa consoladores medievais) etc.
  • Camiño do mar: por onde viñan os ingleses (dende o porto de Plymouth) e os lordomani (éstes últimos para saquear un pouco os mosteiros e secuestrar labregos).

O camiño de Santiago pola Península celtibérica[editar]

  • Desde o Norte: o que via desde Palas de Reis e collía peregríns de Asturies e Cantabria, mentres que o coruñés os traía do porto.
  • Desde a maioría conectaban co Camiño francés.
  • Desde o Sur: entraban polos vales de Tui,Chaves e A Gudiña.

Influencia do Camiño[editar]

Camiño de Santiago coma Vía Lactea.jpg

O camiño xa aperece mencionado no Codex Calixtinus e nos diarios de viaxes de xerarcas relixiosos e actas notariais, por el viñeron xentes como Berenguel de Landoira (monxe francés que traizoaba a palabra dada). Os Reis Católicos (a domar e castrar Galicia) Franco disfrazado de Almirante, Himmler á procura do Santo Graal, etc.

Libros sobre o camiño para tutisteo.
El Camino de Santiago libro.jpg
Guía Audi-National Geographic Santiago de Compostela.jpg
Cómo sobrevivir en el Camino de Santiago.jpg

Aínda que o camiño era unha ruta de entrada no reino tamén o era de saída e por fuxiron o Rambo galego, frodo e a comunidade do anel, o santo graal, refuxiados políticos, etc.

Persoas famosas que pasaron polo camiño de Santiago[editar]

Zapatones con Guía Cómo sobrevivir en el Camiño de Santiago.jpg

Véxase tamén[editar]

Outros artigos[editar]