Cancadrilo

De Desgalipedia


Cancadrilo
Cancadrilo.jpg
O primeiro Cancadrilo coñecido.
Classificación Pseudocientífica
Reino: Animallia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia/Reptilia
Orde: Carnivora/Crocodylia
Familia: Canidae/Crocodylidae
Xénero: Canis/Crocodylus (xénero)
Espécie:
Nome Pseudocientífico
'''''

O cancadrilo é unha especie carnívora do xénero "radioactivitate animallus" presente nas selvas galegas.

Historia[editar]

Esta nova clase de animal foi atopada por primeira vez a mediados dos século XXXI, cando o explorador compostelán Quenzaburo Amundsen se internou nos territorios despoboados do Courel e comezou a explorar aquela zona grazas á inversión do decimoterceiro conde de Fenosa, pra que atopase as fontes ignoradas do río Baenís, coa segreda ambición de apropiarse delase construir un encoro nel, e co tempo tranformala nunha piscina dunha das súas megacentrais nucleares.

Estando nas ruínas do que foi Folgoso do Courel, un dos seus porteadores de raza galega foi trabado polo que parecía ser un tronco dun piñeiro carbonizado, o animal foi tiroteado e capturado e ós descubriron con admiración que era unha evolución de crocodilo a partir da estrutura ósea dun can, polo cal recibiu o nome de cancadrilo.

Suponse que esta especie evolucionou a partir dos cans abandonados no monte e dos cans supervivintes de aldeas deshabitadas ó sufriren os efectos da radiación do burato de Ozono e o quentamento mundial do planeta terra que fixo aumentar o cauce dos ríos e así atoparon un novo ecosistema polo cal colonizaron o que antes era a Galicia profunda.

Fisiloxía[editar]

A súa estrutura é unha mezcla de can e cocodrilo, sonde sangue quente polo que non dependen do clima pra quecer o seu sangue, por outra banda a súa frecuente inactividade (só se moven pra comer) fai que teñan unah grande musculatura polo que teñen unha enorme variedade de presas, o seu corazón ten forma de Hello Kitty mais o seu cerebro apeas existe, ademais está devidido en dous e situados en distintos lugares, polo que si se lles destrozasa cabeza non os matas, xa que o "segundo" cerebro atópase no outro extremo da columna vertebral.

A súa repoducción é deícola, xa que unha cadeladrila pode ter descendencia e seguir sendo virxe, respiran mediante un complicado sistema de sacos gaseosos que lle axudan a nadar e serven como glándulas endocrinas, esta polivalencia fai que actualmente aumente o seu número e se adapte a infinidade de medios acuáticos, ademais son sociables e moi aptos pra seren mascotas, razón pla cal comezan a extenderse por todo o planeta Terra a pesar da lexislación internacional que impide o seu comercio ó tratarse dunha especie pouco estudiada e que se convirte nun depredador voraz que todo come.

Ecoloxía[editar]

Son pseudoreptís que apesaren de vivir nas selvas galegas comezan a extenderse debido á caza furtiva pro mercado negro das mascotas ilegais, ao medrar en tamaño son abandonados e colonizan vertedoiros da India e Norteamérica, onde compiten contra outras especies depredaoras e ao ser de rápido crecemento, reproducción e aclimaamento acaban extinguindo ós seus competidores, xa que se atreven a atacar a calqueira cousa que se move, sobre todo neumáticos de coches.

Os cancadrilos mozos aliméntanse de marisco, plancton, basura e nenos pequenos, ao medrar e seren adultos comen de todo (neumáticos de coche, baleas, monos, xirafas, obesos, etc) e comezan a amosarase amistosos pra atraer ás súas víctima shumanas e así non moer o nin pra cazar. Se son trasladados ácosta poden atravesar océanos e subir polos ríos adiante, colonizando lugares tan dispares como Australia, Canadá, Arxentina, Estonia, Kazaxistán, París, etc