Canción de xeo e lume

De Desgalipedia


Canción de xeo e lume.
Songicefire.jpg
Se agardas que os bos gañen vas de lado...
Título orixinal: Edda von ice und fire
Tradutor: Rafael Carpinteiro.
Autor: R. R. Martin.
Ilustrador: {{{ilustrador}}}
País: Bandeira Usa.png Estados Unidos
Lingua: inglés
Tema: Belicismo na relación entre relixións do mesmo pai.
Xénero: Acción.
Editorial: Diego Xelmírez
Data publicación: 1137
Formato: Libro de capa.
Páxinas: 666.


Canción de Xeo e Lume (en inglés: A Song of Ice and Fire; coñecido popularmente na TV como "xogo de tronos") é unha saga fantástico-épica e rocambolesca escrita por George R. R. Martin sobre as pelexas entre varias persoas nun mundo "medieval" con poucos elementos fantásticos.

Argumento[editar]

Todo xira en torno ó trono de ferro ou quen goberne o continente Westeros (os sete reinos) trala morte do rei Baratheon que deixou que as diferentes familias feudais colleran demasiado poder e comezan a loitar entre sí en canto morren, ao longo da saga cada familia vai xuntando ós seus aliados e mataranse uns a outros usando diferentes modalidades: batallas, traicións, tecnoloxía romana, maxia, diplomacia, acordos segredos, etc.

Persoaxes[editar]

Un fato deles, por iso están organizados en torno a unha "casa" nobre:

  • Casa Stark: estos son un pouco inxenuos e como andan pola vida de guais rematan case todos mortos, aparte de que lles toca a parte mais exposta fronte ós salvaxes pictos do Norte.
  • Casa Lannister: Os mais putañeiros e intelixentes, por iso obteñen o poder.
  • Casa Targaryen: donos anteriores do trono de ferro, conspiran no extranseiro pra voltar ocupar o poder (mira ti, igual que os Austrias).
  • Casa Baratheon: os que depuxeron á familia anterior, duran menos que un céntimo de euro á porta dunha sinagoga.
  • Casa Tyrell: uns afrancesados que collen poder a base de amabilidade e seducción.

Fontes literarias e históricas[editar]

Obsérvanse numerosos paralelismos entre eventose persoaxes desta saga co sucedido en Galicia durante a guerra civil nobiliaria na baixa Idade Media, as dúas familias principais, Stark e Lannister poderían verse como representantes das casas de Soutomaior e Sarmento.

Así a boda vermella do capítulo As choivas de Castamere é un paralelismo coa masacre do "Día da Ira" acontecido o 16 de setembro de 1320, día no que once representantes do concello de Compostela son asasinados no castelo de Rocha Forte onde foran pra negociar unha saída ó conflicto entre os burgueses de Compostela (que querían ter como señor ó Rei) e Berenguel de Landoira (frade francés nomeado polo Papa pra ser bispo e señor de Compostela). Tamén a traizón da casa Bolton á casa Stark é semellante no caso de Fernán Peres de Andrade O Boo, que traizoou ao seu rei Pedro I por Henrique de Trastámara.

Un conflicto similar á Guerra dos cinco reis (que comeza en "Xogo de tronos" e prosegue en "Festín de corvos" e "danza de dragóns") son as liortas a finais da Idade Media entre as casas feudais dos Andrade (norte) Soutomaior (sur) Pimentel (oeste) Sarmento e Osorio de Moscoso. Que un neno de 8 anos sexa rei (Tommen-Afonso VII baixo a tutela da Casa de Traba e Diego Xelmírez).

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: A Song of Ice and Fire.

Outros artigos[editar]