Cangas

De Desgalipedia
Cangas
Escudo de Cangas
Situación
Situacion Cangas.PNG
Xentilicio[1] Cangado.
Xeografía
Provincia Provincia de Pontevedra
Comarca Comarca do Morrazo
Poboación hab. (2019)
Área km²
Densidade hab./km²
Entidades de poboación
Capital do concello
Política ()
Alcalde ()
Concelleiros BNG:
PPdeG:
PSdeG-PSOE:
Outros:
Uso do galego[2] ()
Galegofalantes 80 %
Páxina web oficial
  1. Véxase no Desgalizionario.
  2. Datos dos tempos de Manuel Fraga publicados en 2019, ou non.

Cangas do Morrazo é un concello de tolos. Antes era coñecido polo santuario ado deus Berobreo pero ante a falta de fe tivo que pechar e desde entón só é coñecido pola ferocidade e bravú de seus habitantes.

Historia[editar]

Cangas do Morrazo foi fundado polos Elaneos, un pobo galaico que vivía de invocar a Berobreo e este traíalle peixe ás mans, conseguindo seren moi ricos, polo que viñeron os turcos e os piratearon roubándolle todo polo que os cregos e fidalgos a reconstruíron roubándolle a facenda a María Soliña.

Cangas foi fundado como lugar pra cultivara súa tolería en bateas de 5 x 666, seus experimentos tiveron éxito e conseguiu botar abaixo o Imperio Romano, cangas permaneceu o resto da historia sen que ninguén fose molestalos ata que no século XVII uns piratas pasaron por aquí só deixaron a María Soliña (ao resto de cangueses ós levaron pra Turquía e así afundiu o Imperio Otomano. Pedro madruga fixo dela un porto da OTAN pero debido ó ataque de comandos da FPG de Méndez Ferrín tiveron que fuxir.

No século XX entrou por fin aquí o capitalismo pero tivérono que traer os cataláns que as elites de aquí estaban moi ben no pazo papando foros.

Xeografía[editar]

Atópase na península do Morrazo, polo que dentro duns milenios atoparase baixo o mar debido ó movemento de placas tectónicas. Aínda que se atopa entre Pontemerda e Vigo aquí ninguén emigra, ten innumerábeis praias (como a de Barra onde ir facer cruising)onde se poden facer moitas actividades (torrarse ao sol, desembarcar fariña de Colombia, orxías gays, raves bakaletas, akelarres de meigas, etc

Seus ríos están todos desaproveitados, non fica ningún triste muíño xa que aquí a fariña viña de Colombia e non se necesitaba construir casetos pra rodar de muiñar nin andar co millo dun lado pra outro. Ten puntos moi altos por iso a partir da autoestrada do Morrazo cara arriba non vive nidiós é todo selva (algúns sospeitan que o exército ten bases segredas ocultas entre a vexetación pra entrenar entre estes veciños tan perigosos).

Flora e fauna[editar]

Elefantes rosas voadores na cidade.

Entre a flora destaca o estramonio, a maruxiña, dedaleira, papoula de opio, etc. Sospéitase que a cociña tradicional canguesa abusa destes ingredientes, o que explicaría a conducta destes humanos (como encher a Wikipedia canguesa cun montón de información irrelevante pra vila) así como a súa peculiar idiosincrasia.

Entre a fauna é de destacar a presencia de alicornios e elefantes rosas voadores, que según cangueses de mérito din ter visto sobrevoar a ría de Aldán.

Parroquias[editar]

As cinco parroquias de Cangas.
V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Cangas
Aldán (San Cibrán) | Cangas (Santiago e San Salvador) | Coiro (San Salvador) | Darbo (Santa María) | O Hío (Santo André)
  • Aldán:
  • Cangas²:
  • Coiro:
  • Darbo:
  • O Hío:

Lugares de interese[editar]

Nudismo e rocanrol en Cangas.jpg
  • Praia de Barra: onde ir facer cruising.
  • Porto de Cangas: onde ir despedirse dos que emigran a Vigo.
  • Illas Cíes: sí! algún día serán reconquistadas!!
  • Cruceiro de Hío: feito nunha soa pedra por un canteiro de Cotobade.
  • Chan da arquiña: típico xacigo arqueolóxico ó que ir foder ao abeiro das pedras neolíticas como é costume en Galicia.
  • Thays: discoteca onde ir escoitar a Chimo Bayo toda a puta repetitiva noite... en vez de poñer Astarot!
  • Monte do Facho: onde Berobreo facía miragres sexuais.
  • Vellas factorías baleeiras: onde invocar a Dagon pra que Cangas volte a ser rica.
  • Quiosco metereolóxico decimonómico de cangas: aquí Xulio verne meteu o ollo e saíu feito un profeta... algo terá!

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Cangas.

Outros artigos[editar]


V  C  E h
Concellos da Comarca do Morrazo
Comarca do Morrazo
Bueu
Bueu
Cangas
Cangas
Marín
Marín
Moaña
Moaña
V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia de Pontevedra
Situacion Provincia de Pontevedra.PNG
Agolada - Arbo - Baiona - Barro - Bueu - Caldas de Reis - Cambados - Campo Lameiro - Cangas - A Cañiza - Catoira - Cerdedo-Cotobade - Covelo - Crecente - Cuntis - Dozón - A Estrada - Forcarei - Fornelos de Montes - Gondomar - O Grove - A Guarda - A Illa de Arousa - Lalín - A Lama - Marín - Meaño - Meis - Moaña - Mondariz - Mondariz-Balneario - Moraña - Mos - As Neves - Nigrán - Oia - Pazos de Borbén - Poio - Ponte Caldelas - Ponteareas - Pontecesures - Pontevedra - O Porriño - Portas - Redondela - Ribadumia - Rodeiro - O Rosal - Salceda de Caselas - Salvaterra de Miño - Sanxenxo - Silleda - Soutomaior - Tomiño - Tui - Valga - Vigo - Vila de Cruces - Vilaboa - Vilagarcía de Arousa - Vilanova de Arousa