Cantabria

De Desgalipedia
Repúblia alpina de Cantabria
[[Ficheiro:|center|250px]]
Estado España España
Capital Santander
Lingua oficial Castelán, carallo!!!
Forma de goberno Junta
 • Total n/d
 • % auga n/d
 • Total n/d
 • Densidade n/d
Fuso horario UTC+1
 • Horario de verán UTC+2
Dominio de Internet .es
Código ISO n/d

Cantabria (antes chamada "A Montaña") é unha república anarcocapitalista recén independizada de Castela, o seu santo patrón é San Tander (patrón dos osos pardos chingadores) e aquí é onde podemos ver a Caverna de Altamira (onde Miguel Anxo pintaba bois facendo strip-tease).

Historia[editar]

Cantabria foi fundada por Corocotta, bravo loitador cántabro famoso por repeler ataques dos romanos a base de lanzarlles mexadas ardentes, desgraciadamente os cántabros non puideron invadir o resto da Península Ibérica debido a que as súas mulleres eran moi celosas e apenas os deixaban marchar dos altos onde vivían. O Imperio Romano acabou invadindo isto grazas a miles de escravos enviados por Octavio Augusto para que roubasen os minerais e vacas desta rexión para que Cleopatra puidese bañarse en leite.

Na Idade Media esta zona quedou baixo poder os bagaudas, os soviets da época, que vivían en paz entre todos ata que o Reino Visigodo invadiu estas terras e puxo a superfortaleza infernal en Vitoria creando o ducado de Cantabria, que mais ben estaba en Euskadi, ata que nunha das guerras civís visigodas un bando tróuxose un exército extranseiro que tomou o poder na capital en Toledo e o resto de gobernadores sumáronse aos novos mandantes creando Al-Andalus, que enviou xente a recibir promesa de vasalaxe a estas terras pero debido ao cambio constitucional non lles fixeron caso polo que voltou o caos e anarquía á rexión ata que foron invadidos polo reino de Asturias. Durante o dominio asturiano os señores duques de Cantabria pelexáronse cos duques galegos polo control do reino asturiano, ata que se creou o reino de León e o control político foise indo cara o sur, logo estas terras caeron baixo dominio do conde de Castela que as dominou a nunca mais as soltou ata onte mesmo.

No século XVI o comercio internacional co resto de Europa foi a través dos portos desta rexión para exportar lá, entrando na guerra comercial contra Inglaterra polo control do mercado lanal, e logo coa Guerra de bandeirolas, na cal os señores feudais comezaron a pelexarse entre sí (igual que en Galicia pero sen irmandiños) ata que os Reis Católicos mataron a todos os que non rezaban cando eles e dominaron a zona téndoa como lugar onde ir cazar osos. Debido ao monopolio de Sevilla no comercio con América esta rexión tampouco puido gozar das vantaxes de formar parte do Imperio Español, excepto á hora de ter que pagar os Tercios españois, asi que a xente marchaba ás montañas fuxindo dos impostos ou facéndose pasar por fidalgo.

Coa aprobación do Estatuto de Autonomía en 1981 mudaron as cousas e púidose comerciar con América asi que houbo algo de industria na costa pero debido á Guerra Civil Española zombi o tecido cántabro industrial foise ao carallo e os caciques seguiron mangoneando na zona ata hoxe agora mesmiño.

Xeografía[editar]

Cantabria limita ao Norte co Océano Cantábrico, ao sur con Castela-León, ao leste con China e ao oeste co Tíbet. Aquí chove e neva moito e tamén hai tsunamis e calamares xigantes, a montaña mais grande é o pico de Torre Blanca (pertencente a Sauron) e incluso ten un concello fóra do seu territorio, o val de Vilaverde (onde teñen as plantacións de marihuana).

Cultura[editar]

Cántabros famsosos[editar]

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Cantabria.

Outros artigos[editar]

V  C  E h
Modelo:CNT Concellos de Cantabria
Alfoz de Lloredo  · Ampuero  · Anievas  · Arenas de Iguña  · Argoños  · Arnuero  · Arredondo  · El Astillero  · Bárcena de Cicero  · Bárcena de Pie de Concha  · Bareyo  · Cabezón de la Sal  · Cabezón de Liébana  · Cabuérniga  · Camaleño  · Camargo  · Campoo de Enmedio  · Campoo de Yuso  · Cartes  · Castañeda  · Castro Urdiales  · Cieza  · Cillorigo de Liébana  · Colindres  · Comillas  · Los Corrales de Buelna  · Corvera de Toranzo  · Entrambasaguas  · Escalante  · Guriezo  · Hazas de Cesto  · Hermandad de Campoo de Suso  · Herrerías  · Lamasón  · Laredo  · Liendo  · Liérganes  · Limpias  · Luena  · Marina de Cudeyo  · Mazcuerras  · Medio Cudeyo  · Meruelo  · Miengo  · Miera  · Molledo  · Noja  · Penagos  · Peñarrubia  · Pesaguero  · Pesquera  · Piélagos  · Polaciones  · Polanco  · Potes  · Puente Viesgo  · Ramales de la Victoria  · Rasines  · Reinosa  · Reocín  · Ribamontán al Mar  · Ribamontán al Monte  · Rionansa  · Riotuerto  · Las Rozas de Valdearroyo  · Ruente  · Ruesga  · Ruiloba  · San Felices de Buelna  · San Miguel de Aguayo  · San Pedro del Romeral  · San Roque de Riomiera  · San Vicente de la Barquera  · Santa Cruz de Bezana  · Santa María de Cayón  · Santander  · Santillana del Mar  · Santiurde de Reinosa  · Santiurde de Toranzo  · Santoña  · Saro  · Selaya  · Soba  · Solórzano  · Suances  · Los Tojos  · Torrelavega  · Tresviso  · Tudanca  · Udías  · Val de San Vicente  · Valdáliga  · Valdeolea  · Valdeprado del Río  · Valderredible  · Valle de Villaverde  · Vega de Liébana  · Vega de Pas  · Villacarriedo  · Villaescusa  · Villafufre  · Voto