Capitalismo

De Desgalipedia
QUÉ!?!?!?!? Eliminar os privilexios de clase e os de vilas e rexións!?!?!?!?!??
Cita1.pngNon sei eu... creo que isto non é moi ortodoxoCita2.png
Un señor feudal sobre o capitalismo
Cita1.pngOnde quedou aquilo da LIBRE empresa, LIBRE competencia e LIBRE comercio???????Cita2.png
Adam Smith sobre o capitalismo
Cita1.pngGrazas a isto imos poder estar preparados ante calquera invasión alieníxena.Cita2.png
John Locke sobre o capitalismo
Cita1.pngBelcebú!!! Isto vainos traer a miseria e o ateísmo!!Cita2.png
Cura vasco carlista sobre o capitalismo
Cita1.pngÉ a dictadura da burguesíaCita2.png
Karl Marx sobre o capitalismo

O Capitalismo é un software de libre dominio polo que ten unha gran versatilidade e serve pra todo e pra todos, por iso os países capitalistas tentan oprimir ao maior número de países xa que saben que si eles se fan capitalistas perderán tódalas súas ganancias.

Creado por William Hawking baixo licencia creative commons para unha meirande difusión e que todo o mundo fose feliz, pero seu invento foi roubado polos adultos para poder facer mais cartos e ser mais que ninguén.

Historia do capitalismo[editar]

Este sistema foi inventado, e posteriormente modificado, a finais do século XVIII polos afrancesados que querían libertade sexual pra chingar o maior número posível de adoslescentes, mais como as monarquías europeas non llelo permitían comezaron a encher todo o mundo de blogs onde só falaban dos malos que eran os reis e do puta que eran as raíñas.

Como non conseguían que o pobo se rebelase metéronse no sistema pra fodelo desde dentro, ou iso crían eles. Inventaron a máquina do tempo e levaron ó pasado (que era seu presente) máquinas de alta tecnoloxía (ametralladoras, bombas suicidas, drons...) e comezaron a facerlles chiscadelas de ollos ós oficiais novatos do exército pra que desen un golpe de estado, pero nin así.

Finalmente decidiron atacar polo lado económico, inventaron o BANCO e o LIBRE MERCADO, grazas ós dividendos iniciaron inversións en I+D mentres escravizaban africanos pra darlles aire; gracias a iso inventaron a máquina de vapor, a electricidade e a pornografía. Estas armas serviron pra tumbar o sistema económico do Antigo Réxime, e os reis tiveron que meter nos seus gobernos ós afrancesados se non querían ser dominados por eles,e así dominábanse todos uns a outros e todos tan felices.

Pero o pobo tamén quería vivir nesa felicidade e como era escravizado comezou a pelexarse entre sí por subir na escala social en vez de iniciar a revolución e facerse cos medios de producción, aínda que algúns afrancesados axudaron a Karl Marx a maioría do pobo pasou dos comunistas, ata que estes se fixeron donos do Imperio Ruso e fundaron a URSS. Durante 60 anos o Capitalismo tivo un grande rival pero como era menos versatil foi abandoado e Rusia voltou ó capitalismo, xa que a maioría do pobo vivía feliz co sistema do Estado do Benestar.

A comezos do século XXI como non había outro sistema mellor case todo o planeta Terra era capitalista, reinventado en 2009 iniciou outra xeira abandoando o lado Occidental do mundo pra pasar ó Oriental, peneirado polo Budismo e o Confucianismo acadou a súa máxima perfección ó lograr vencer na Terceira Guerra Mundial e a posterior invasión alieníxena. Iso último provocou a primeira Diáspora humana fora do planeta Terra e levouse o Capitalismo e fóra do Sistema Solar, aflorando distintos subsistemas de capitalismo en cada colonia.

O Capitalismo en Galicia[editar]

A nobreza galega non foi quen de artellar unha forma de saír da crise do Antigo Réxime e seguiu chuchando das rentas agrícolas e facendo como o can do hortelán.

A Galicia do século XIX era un deserto de atraso e miseria, a xente aínda cría en meigas e lobishomes, ata que veu Napoleón Bonaparte a modernizala, pero como non quería darlle a tecnoloxía ós curas éstes encirraron ós galegos e formáronse guerrillas talibán contra o francés (Guerra de Independencia española), polo que o capitalismo tardou moito mais en entrar no país, a pesar de certas excepcións, como o Marqués de Sargadelos (que iniciara unha fábrica pero os seus abusos provocaron que os labregos do lugar lle deran polo cu).

A mediados do século XIX Galicia coñece capitalismo da man de maragatos e cataláns, os primeiros son tendeiros e os segundos pescadores ó por maior. Os cataláns inician o capitalismo nas costas galegas pra pescar sardiña e levala pra Cataluña (onde extinguiran á sardiña coa sobrepesca) mentres no interior os maragatos expanden o comercio coas súas exploracións con mercadorías pra consumo interno; como o país non ten burguesía (os que podían selo eran parásitos da nobreza) nin recursos naturais (carbón, petróleo, ferro..e o ouro fora roubado polo Imperio Romano, etc) o capitalismo tardou moitísimo en entrar.

A finais do século XIX Galicia xa ten o seu sitio, convírtese por obra e graza do españolismo nunha colonia interior do Imperio Español extraendo dela man de obra barata (emigración) materias primas (carne de vacún, peixe, madeira, leite) e unha mínima comunicación a través dos seus portos con Inglaterra e Francia. Os intereses de Castela, os textís cataláns e a industria siderúrxica vasca imporán un mercado interior manexado por eles (por exemplo, non se importan teas e maquinaria inglesa debido ao arancel co cal Madrid protexe o textil catalán, o trigo castelán será tamén protexido cun arancel frente ó trigo mais barato doutros lugares, o carbón asturleonés en vez de ser enviado a industrias na cercana Galicia serán enviados á lonxana Bilbao). Esta situación de asoballamento económico fará que o ferrocarril tarde aínda máis en chegar e cando o faga será a favor da capital española e non do comercio galego (que a día de hoxe o tren non se conecta nin con Francia nin Portugal sen pasar antes por Madrid).

Ata que no século XX durante a tiranía de Franco, os capitais extranseiros comezan a invertir na zona aproveitando a súa situación xeoestratéxica; a OTAN comeza a construir astaleiros militares en Ferrol, astaleiros de loxística en Vigo e na Coruña co fin de ter un porto onde desembarcar as primeiras tropas nun ataque contra a URSS. Outras grandes empresas acuden, como Citroën en Vigo, os capitais inversores fan que medren empresas locais como FENOSA e as obra públicas necesarias pra comuniar Galiza co resto da península ibérica. A finais de século Galicia está a punto de despegar como potencia, mais malas decisións, a competencia de Cataluña e País Vasco, o centralismo de Madrid, gobernos propios incompetentes, corrupción, narcocracia, nihilismo, etc fan que o soño se vaia desmoronando ata que a retirada de subvencións da Unión Europea, a deslocación industrial e o seguimento de modelos productivos nefastos fan retrotraer ao país no progreso, por si fora pouco fica despoboándose cada día mais (a pesares da repoboación con negros do VIIª goberno de Alberto Núñez Feijóo) ata que a mediados de século XXI o capitalismo abandoa a zona, pasando a ser unha Ecozona e sobrevivindo algún que outro galego en condicións prehistóricas.

Caraterísticas[editar]

O capitalismo modernizou o agro galego dunha vez por todas.
  • Sistema social baseado na orde imposta desde arriba e controlada en todo momento pola policía e os bancos.
  • Contrato suxeito a esoterismo xurídico e manipulado a través de leis chegadas de Bruxelas.
  • Mercado preso a través de holdings, monopolios, aranceis, roubos, espionaxe, etc.
  • Empresas suxeitas ao orde establecido pola oligarquía, os de sempre, políticos e policías, curas e militares, crego e cacique, coroa e altar...
  • Organizacións por interese individual que queren dominar ás masas.
  • Crecemento económico seguindo ritmos marcados polo Imperialismo de Occidente.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Capitalismo.

Outros artigos[editar]