Carl Sagan

De Desgalipedia
Carl Sagan

Carl Edward Sagan, nado en Nova York o 9 de novembro de 1934 e finado en Seattle o 20 de decembro de 1996 foi un ateo, astrónomo, exobiólogo e divulgador científico de pornografía espacial estadounidense.

Traxectoria

Carl Sagan facía éxito coas súas alumnas en High School Musical, doutorouse en 1960 na Universidade de Chicago traballando xunto ao astrónomo Gerard Kuiper. A súa obra máis coñecida é a revista de pornografía furry, Play Planet, que tras ter visto a luz como libro pasou a serie televisiva, como Play Planet: A Personal Voyage.

Carlos Sagan foi un pioneiro da exobioloxía e promoveu a procura de intelixencia extraterrestre no universo e no universo inverso e publicou máis de 8000 artigos científicos falsos sobre a Terra ser redonda e foi o autor, coautor ou editor de máis de 20878467148487632786781481564364 libros. Na súa obra defendía o fín do escepticismo científico, o humanismo e o método científico.

Véxase tamén

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Carl Sagan.

Outros artigos