Carlomagno

De Desgalipedia
Charles Aznavour le Magnus
Carlohitler.jpg
Información
Nacemento 20 de abril de
Falecemento Euksei.
súa casa.
Nacionalidade Alemán.
Profesión Político, ditador sanguinario e escritor

Carlomagno, ou Carlos o Grande, foi un rei da Francia que reunificou os territorios adxacentes para tentar restaurar o Imperio Romano de Occidente ao mesmo tempo que mandaba el só en todo aquilo. O único que logrou foi ser Führer do sacro Imperio Romano xermánico Gabacho Paneuropeo Preunióneuropeo Francofilo.

Vida, conquistas, xenocidios e misión civilizadora[editar]

Carlomagno emperador.jpg

Carlomagno naceu en plena Idade Media, seu pai era xa rei da actual Francia, pero só do corpo central, a súa nai comeulle o coco e púxolle monxes como mestres pra que Carlos en canto medrase expandise o seu poder por todo o mundo antes de que o fixera o Islam.

En canto conseguiu que seu pai o nomease vicepresidente da metade da empresa familiar comezou a reorganizar o seu reino mediante repartos xenerosos de botín ós seus señores feudais aliados, ao mesmo tempo que conspiraba cos señores feudais de seu irmán (que levaba canda él a metade do reino) e finalmente obtivo o seu reino trala morte, en extrañas circunstancias, de seu irmán, ficando como rei dos francos. Como iso só non lle chegaba aumentou o presuposto para o Ministerio de defensa, convirtíndoo en Ministerio da Guerra e pasou a conquistar todos os territorios veciños coa excusa de expandir o cristianismo a Alemaña, Suíza, República Checa, Austria, etc

Morte do irmán, conquista de Saxonia e guerras contra os eslavos[editar]

O primeiro que fixo foi atacar as terras dos saxóns, conquistando parte da actual Alemaña (cousa que nin conseguiran os romanos) e como alí seguían tendo a relixión dos seus pais. Carlomagno obrigou a todos a ser católicos, os que se negaron por iso de que a forza das armas vence pero non convence, foron asasinados. Pra facer burla dos demos ós que adoraban talou o bosque sagrado e ergeu nel a súa capital, Aquisgrán. Como iso de ser rei dos francos e saxóns inda lle parecía pouco comezou os preparativos pra outra guerra.

Finalmente decidiuse e mandou unha blitzkrieg cara os pobos eslavos, conquistando ós checos e tamén obrigándoos a ser cristiáns e matando a queles checos que querían manter a relixión dos seus maiores. Carlos ergeu castelos a eito e repartiu o botín entre os seus señores feudais mentres facía doazóns e daba privilexios fiscais ós curas pra que éstes lle fixeran propaganda e así salvar a súa alma pecadenta das gadoupas do inferno (que é onde hoxe está penando). Nembargantes a conquista dos checos non tiña moito brillo, xa se sabe que nunca pelexaran moito pola súa liberdade, asi que a súa victoria tampouco fora moi soada, polo que buscou outro reino que conquistar.

Conquista do reino longobardo[editar]

Finalmente decidiuse e foise dar guerra contra os longobardos, que reunificaran Italia trala desfeita de principios da Idade Media, vendo o rei longobardo que Carlomagno se lle botaba enriba casou á súa filla con Carlomagno. Pero éste fíxose o sueco e botouse ó sogro, sacándolle o reino ao mesmo tempo que conseguía que o papa o divorciase a cambio de regalarlle varias hectáreas de terra pro Vaticano sen pasar por Facenda. Por fin xa podía ser rei dos francos, rei dos longobardos e conquistador dos checos, por un tempo sentiuse a gusto e satisfeito.

Marchou de volta pro norte, a Aquisgrán, onde casou con outra princesa e pra non aburrirse mandou chamar a tódolos sabios dos eu tempo á súa corte copiando ós árabes, pra ver se así lle facían entreterse, pero só conseguiu matar de aburrimento á segunda esposa. E asi que casou cunha terceira princesa, esta obrigouno a mudar toda a decoración do seu pazo e traer mais monxes e poetas pra alegrar a Corte, que non todo iva ser andar de cacerías e banquetes pantagruélicos. Carlomagno virou en hipster e estaba suscrito a tódalas revistas de moda e tendencias mentres empapelaba todas as estancias da súa corte con pósters dos seus grupos favoritos (Catpeople, Rammstein, Heredeiros da Crus, Nine ich nails, etc). Nisto chocou cos gustos da súa muller, que era mais de Cristina Pato, Madonna, Lady Gaga... finalmente tiveron unha trifulca e Carlomagno montou no seu córcel de guerra e buscou unde meter as gadoupas. Seus analistas de perigos da <<Aencia de Seguridade Nacional e os espías diplomáticos do Quay D'orsay lle idearon unha campaña bélica na Península Ibérica.

Carlomagno e A marca hispánica[editar]

O plan consistía en ir a Aragón, ata Zaragoza e conquistala, bueno en realidade foi vendida á opinión pública como unha axuda ao rei de Zaragoza a "independizarse" de Al-Andalus e fuxir da tiranía pepeira de Abderramán I. Carlomagno púxose en camiño cos seus doce pares de Francia (un comando gay de elite), cruzaron os Pirineos coa axuda dos traficantes de fariña de Arousa e baixaron polo val do Ebro ata dar con Zaragoza, cando chegaron alí o seu rei díxolles que mudara de idea e que prefería ser gobernado por un musulmán que por un cristián, por iso da tolerancia relixiosa daquela entre as tres relixións (cristiáns, musulmáns e xudeus) e como Carlomagno viu que non tiña suficientes máquinas pra asediar a cercada cidade marchou por onde viñera. Como iso de ir co exército a un sitio e voltar de baleiro á casa era pecado pasou antes por Pamplona, destruíandoaa e roubándoaa toda mentres seus homes roubaban e mataban polos arredores de Euskadi. Carlomagno seguiu o seu camiño e nos Pirineos dividiu o seu exército en dous pra ter o cu a salvo deixou atrás ó comando gay de elite e el marchou pra Franconia, seu sobriño Roldán e seus amigos gays (entre eles o bispo Turpín) morren nun desfiladeiro atacados pola Ertzaintza.

Cando Carlomagno se dá conta xa é demasiado tarde asi que sigue camiño cara Franconia, onde varios labregos se lle revoltaran por mor dos altos impostos para inflar o presuposto do exército. Unha vez derrotados e asasinados os labregos disidentes Carlomagno voltou a Aquisgrán, onde varios dos seus parentes lle recriminaron que deixara atrás os cadáveres dos doce pares de Francia e incluso o do seu sobriño Rolando. Enriba ten un soño no que se lle aparece o apóstolo Santiago, pra que vaia a Galicia a liberala de infieis e funde o Camiño de Santiago. Como Carlomagno pon como excusa que non ten mapas pra internarse polo cú do mundo Xesús de Nazareth recoloca a galaxia coñecida como Vía Láctea pra que sinale sempre cara Santiago de Compostela.

Carlomagno no cu do mundo[editar]

Como daquela todos tiñan ós soños como algo mensaxes divinos (a non ser que saísen mulleres en pelotas, que en ta caso eran do demo). Carlomagno parte outra vez co seu exército cara o sur, atravesa os Pirineos e recollen o que queda dos cadáveres dos Doce Pares de Francia e de Roldán, gardándoos no mosteiro de Roncesvalles, e siguen a ruta indicada pola Vía láctea cara o Oeste.

Pasan por Aragón, peléxanse con Santo Domingo da Calzada polo prezo da autopista, atravesan Castela deixándooa desértica de tanto que beben os cabalos, cruzan o Padornelo e finalmente chegan até o Fin do Mundo sen atopar nada, ata que a Raíña Lupa os manda chamar e lles dí onde está o sepulcro, a cambio diso Carlomagno axúdaa a liberar os territorios veciños do poder dos moros e funda así o comezo da Reconquista. Carlos ten un affaire amoroso coa Raíña Lupa e seus fillos serán os fundadores do reino galaicoastur. Carlomagno unha vez civilizado o fin do mundo e liberado o santo céltico volta pra casiña.

Carlomagno retorna en Europa[editar]

Canso de tanto batallar eperder amigos en cada esquina da Europa do seu tempo pousa en Aquisgrán e muda de muller, ao final casara con ata 5 mulleres distintas, e iso que non era musulmán, como os fillos eran tantos e maleducados porque o pai estivera fóra moito tempo ao final mataron a Carlomagno a disgustos, e menos mal que non viu que trala súa morte se repartían e dividían o seu imperio cal túnica de cristo ós seus pés polos esfameados soldados.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Carlomagno.

Outros artigos[editar]

Dinastía Carolinxia
Pipínidas
Arnúlfidas
Carolinxios
Despois do Tratado de Verdún (843)