Carriarico

De Desgalipedia
Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Carriarico
Carriarick.jpg
Información
Nacemento Descoñecida
Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Falecemento no 559.
Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Nacionalidade galaicosueva.
Ocupación Que os visigodos non destrúan o reino suevo de Galicia.

Segundo malas bromas na Historia Francorum, Carriarico (do xermánico "Harjareikaz": rei do exército) foi un rei suevo entre os anos 550 e 559, coñecido a través da crónica dun crego francés que escribía sobre a historia dos reis de Francia.

Vida e reinado[editar]

Nado en Arxeriz, O Saviñao, Lugo no ano 503 tralos anos escuros do Reino Suevo, educado nas artes marciais por Romhiktaä e nas artes liberais por Alcuino de Louredo pra ser o rei dos suevos. Seus pais eran uns nobres enchufados na corte de Teodemundo que foron collendo postos e branquexando cartos obtiveron unha inmensa fortuna, que en vez de gastar en putas, alcol, festas patronais e pazos monumentais gastaron nun exército mercenario pra obter o trono tralo baleiro de poder á morte do rei mentres enviaban a Carriarico á universidade.

Na Universidade Carriarico matriculouse en Empresariais e consegiu ser nomeado delegado do curso tras facer moitos cunnilingus ás súas compañeiras, logo na asemblea de delgads obtivo un cargo directivo e grazas ás súas megafestas no seu pazo de A Toxa, Sanxenxo(aínda que é as chamaba La Toja de Sanjenjo) estando neste posto organizou varios ciclos de conferencias sobre minería do ouro en Galicia e políticas sociais e participación cidadá. Tras rematar o curso cunm laude e facer unha tese sobre megaestruturas de coerción moetaria estatal meteuse no PSOE e cando viu que non lle daban ningún posto importante por ser fillo de quen era meteuse no PP e comezou a invitar xente á súa casa e manipular xente pra que fixeran plataformas, asociacións e sindicatos do partido pra organizar á opinión pública ó seu favor. Tralas eleccións nobiliarias de 549 obtivo o posto de presidente da Xunta de Galicia por maioría coercitiva monetaria privada.

Coordinou o reino pra non ser absorbido polos visigodos, mandou que todos os suevos se fixeran católicos pra poder casar coas galeguiñas e así crear miles de galegos pra ter un exército ben nutrido e que non o viñeran invadir coa excusa de ter armas de destrucción masiva. Construiu unha central nuclear no Monte Gaiás pra ter independencia enerxética e non asolagar vales con encoros, fortificou o Monte Pindo con silos de misís termonucleares ao mesmo tempo que inciaba unha ofensiva diplomática contra os visigodos aliándose cos francos(antergos de Carlomagno) e do Imperio Bizantino pra ter collidos polos collóns en dous frentes ós visigordos. Pra ter o favor de ambos países Carriarico fíxose católico como os reis deses países pra gran contento do papa Vixilio(que propuxo a Carriarico pra santo) e así facer unha jihad cristiá católica contra os cristiáns arianos visigodos.

Moveu a capital sueva de Braga a Ourense(chamada Waurensis daquela) ante o perigo de que os visigordos lle invadiran o reino e así Bodan os protexera mellor; seu fillo tiña moita soriase e xa pensaban en internalo nun lazareto pra leprosos cando ó pasar debaizo da parra de uvas dunha igrexa en Waurensis(Ourense) curouse, en agradecemento carriarico ergeu a catedral sueva de Ourense(da que só quedan 8 columnas de mármore na facahad da igrexa de santa María) aproveitando edificios romanos ergueu varios pazos administrativos en Ourense, a súa ofensiva diplomática contra os visigodos fíxoo aliarse co Imperio Bizantino(que tiña terras todavía no Levante e Andalucía) pra defenderse dos visigodos e a súa política imperialista, os bizantinos enviaron a un misioneiro de Hungría, Martiño de Dumio, pra salvar do paganismo á maioría dos galaicos antes de que fosen invadidos polos visigodos e contaminads pola enfermidade ariana(que pra herexía xa tiñan a variante cristiá de Prisciliano).

Carriarico enviou unha comitiva de benvida a San Martiño Dumiense ó porto de Portocale(Porto) ó mando do seu fillo [[Teodomiro ]] coa Orquestra Panorama e un novo concordato a firmar polo papa Vixilio e así que o emperador Xustiniano fose amiguiño dos suevos e lle enviase o comando de elite dos varegos pra cando os piratas visigodos lle apresaban barcos de pesca.

Reino de Galiza/Bgalliciense.gif Reino Suevo de Galiza

Segue a:
Teodemundo
Último coñecido
Carriarico
Precede a:
Teodomiro
Rei dos Suevos

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Carriarico.

Outros artigos[editar]