Cartago

De Desgalipedia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Cartago (homónimos).


NapoleonBike.jpg Esta páxina contén referencias a importantes eventos históricos
da evolución da humanidade desde a prehistoria ata os tempos actuais
Vexilloid of the Roman Empire.png ROMANI ITE DOMVM!!!
HÆC ARTICVLVS ROMANVM EST. LATIM LOQVÆBITVR.
NON INTERLEGIT? HVMORIS CALLAECIVS NON EST. MVITISSIMVS GRACIOSVS!!!
SED PENIS MEAM VADE MAMARE! VADE FŒDERE CVM PORRIBVS NOSTRVM.

Imperio Cartaxinés
Duración?
Capital Cartago
Lingua Galego africanés
Relixión Con moitos Deuses.
Goberno n/d
Presidente Asdrúbal
Dido, Melkart, Anibal Lecter
Período histórico Antigüidade clásica
 • Establecido

Cartago, poderosa potencia do Norte de África, famosa por fundar colonias a bordo de cabalos e ter unha raíña cantante.

Historia[editar]

Cartago foi fundada pola raíña Dido que ía fuxindo dun irmán que lle quería facer o amor sexual, aló marchou ela seguindo un oráculo do deus Melkart chegou ao Norte de África Occidental, pediu permiso ao alcalde local para sentarse pero éste deulle unha pel de boi decíndolle que toda a terra que dese cuberto con ela sería pra ela, asi que ela colleu e cortouna en tiras milimétricas e foi marcando o territorio conseguindo 3 hectáreas de terreo, logo matou ao alcalde e subornou ao gobernador provincial.

Grazas ao control das rutas de estano que ían por Vigo e subían até Escocia, Cartago fíxose rica e cando a cidade fenicia de Tiro caeu baixo o poder do Imperio Persa, convirtiuse na cidade fenicia mais poderosa, polo que foi atacada polos gregos, logo codiciada polos exipcios e finalmente atacada polo Imperio Romano, co cal tivo varias guerras mundiales ata que perdeu a guerra e foi transformada en destino turístico pra escarnio e mofa neoimperialista.

Economía[editar]

Desde o principio Cartago vivía do seu porto, desde o cal se exportaba ao resto do Mediterráneo trigo, artesanía africana, documentais da sabana, safaris de recreo, docudramas sobre a inmigración, tráfico de estupefacientes, astaleiros de barcos doblecasco, etc.

Política imperialista[editar]

Debido ás suas riquezas comezaron a fundar colonias e tiveron tribos asociadase outras que pagaban impostos directos a eles, tendo un imperio sui generis, chamado Imperio Púnico, feitoa base de vive e deixa vivir e montar portos en tódalas bahías que atopasen, ao mesmo tempo que tentaban protexerse da competencia desleal de gregos, romanos, exipcios, etc.

Para impedir que os latinos lles comesen mercados inventaron o merchadising, exportando obras de artesanía exipcia a toda Europa (sobre todo obeliscos pra Londres, París, Roma...) e dando a luz a novidosos estilos musicales como o flamenco, o gipsy, o flamentó (unha mezcla de flamenco e reggaeton), as súas cadeas de radio só facían soar as, musicas fenicias e si había algún éxito musical latino ou ianqui facían como que non exstise e inventaban deseguido outro estilo, cantante ou algún escandalo social pra que se fixaran neles.

Patrimonio da Humanidade - UNESCO
Sitio Arqueolóxico de Cartago
Ruines de Carthage.jpg
Ruínas de Cartago
35px Información 35px
Inscrición:
País: Tunisia
Localización:
Rexión: Non dispoñible
Tipo: Non dispoñible
Criterios: Delenda Carthago!
Descrición UNESCO: fr en

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Cartago.
UnCommons
UnCommons ten máis contidos multimedia sobre:

Outros artigos[editar]