Casa

De Desgalipedia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Casa (homónimos).
Unha casa che observando. COIDADO!

Casa é o lugar onde supostamente vive, supondo que non vive por debaixo da ponte debido á actual crise económica en España e mundial. A casa é un lugar onde acontecen tantas emocións que xeralmente non podo lembrar.

Historia[editar]

Unha das primeiras casas fabricadas na prehistoria como atesta esta residencia dos Picapedra.

Moi antigamente, no tempo en que os arquitectos non eran formados en Arquitectura, a xente moraban en covas, sen interferencia humana na construción destes lugares. As covas non eran lugares moi cómodos para vivenda, pero polo menos non existía aluguer na Prehistoria. Co tempo, as persoas entenderon que era ben mellor (ou non) construír as propias casas, pois así ninguén máis precisaría convivir con inquilinos do tipo morcegos, ratos e chocobos azuis dentro da propia residencia. A convivencia con estes animais persistiu ata a invención dos insecticidas e outros produtos de exterminio, pero iso aí é outra historia.

Entón xurdiu a idea de facer casas usando barro, material facilmente atopar nas latrinas públicas das primeiras aldeas prehistóricas. Literalmente esas primeiras casas eran unha merda, pois o aire non entraba dereito por mor da falta de fiestras, pero de calquera xeito ou era iso ou era a vella cova. Grazas a esas casas de barro, que co paso do tempo foron agrupándose, xurdiron as primeiras cidades coñecidas pola Historia, polo tanto podemos concluír que as primeiras civilizacións vivían na merda mesmo.

En realidade moitos aínda non se esqueceron das súas orixe ancestrais.

Coa chegada da Revolución Industrial, as casas comezaron a adquirir as características actuais, é dicir, diminuíron moito en tamaño para poder caber no peto dos obreiros pobres, que en realidade case nin entraban na casa, pois pasaban todo o día traballando nas fábricas. Ter unha casa non significaba ter tres cuartos e unha sala, pero si tres cuartos de unha sala, que cando o traballador podía alugar unha casa, senón o seu destino era vivir debaixo das pontes.

Tipos de casa[editar]

Galería de imaxes[editar]

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Casa.

Outros artigos[editar]