Casa de Lemos

De Desgalipedia

A Casa de Lemos foi unha familia da nobreza galega, acadou seu esplendor a finais da Idade Media e Idade Moderna (onde destacou na subvención de artistas como Miguel de Cervantes).

Orixe e historia[editar]

Ao principio Monforte de Lemos e Sarria pertencían ao condado de Trastámara (que logo nomeraía á Casa de Trastámara) ata que ambas terras foron separadas xurídicamente en 1430, indo parar Lemos á familia dos Osorio, unha familia que medrou mais ao emparentar coa Casa de Castro e alcanzando seu esplendor ao extinguirse a rama castelá desta familia, acadando favor real.

Todo comezou con Pedro Álvarez Osorio casando cunha Castro e seguiu cun balance do favor real, acendo en desgracia a Casa de Andrade e os Pimentel, aos que o rei de Castela castiga según os movementos da súa política, sacando dominio de vilas e castelos duns pra darllos a estes (así os Lemos ocuparon vilas en nome do rei: Allariz,Ferrol, Vilalba, O Bolo, Milmanda e Sandiás) pero todo revólvese contra Alvaro de Luna e case comeza outra guerra civil nobiliaria, e comezaron a ir ordes e despois, contraordes, pero o de Lemos non se deu presa en devolver os castelos, pensando así o Lemos en quedarse con elas a pesar de que o rei lle repetira que as devolvera ao dono anterior, converténdose Allariz nun litixio entre os Pimentel e Osorio. Morto o rei posto outro e o Lemos enemistado cos Pimentel, Andrade e Sarmiento pero o novo rei deulle o título de conde de Lemos ao fin.

Entre seus amigos estivo a Casa de Soutomaior e patriarca de Santiago de Compostela, contra deles a Casa de Andrade (por mor do control das cidades norteñas costeiras, tanto que Diego de Lemos foi capitán dos irmandiños contra desta casa), Casa de Sarmiento e os Casa de Pimentel mais ao final consegue pactar con todos logo comezou a mercar terras a outros nobres e mesmo mercou fidalgos. na súa familia seus irmáns chegaron a bispos e así na súa vida puido impor súas ordes nos bispados de Ourense, Lugo e Mondoñedo mesmo tentou meter un parente en Compostela e así facerse rei de Galicia, mais chegou a liarse sempre cos arcebispos de Compostela sen saber que seus alidados de hoxe serían seus inimigos de mañá, pero antes consegiu que Ourense o contraratara como segurata (e de paso que protexía Ourense lle roubaba aos ourensáns) e así entrou en guerra coa Casa de Pimentel (condes de Benavente con intereses en Galiza e que buscaban unha saída ao mar tentando ter A Coruña) Casa de Soutomaior, Casa de Sarmiento e Casa de Ulloa durante tres anos e nesas estaban cando os irmandiños lles deron unha patada no a todos eles.

Trala revolución burguesa os señores voltaron, e seguiron coa súa guerra conseguindo o Pimentel expulsar ao Lemos de Ourense pra voltar outra vez, este conflicto rematou a IIª Guerra Civil Castelá (guerra de sucesión entre Sabela I de Castela e Xoana de Trastámara). Mentres Pedro Álvarez Osorio enfermeou e seu fillo case o come, tras varios anos de amorosa tirantez cuasi bélica (e pelexas pola tenencia de Ponferrada) Alonso Osorio obtivo terras e título xubilándose seu pai, entroncou coa Casa de Pimentel pero iso non supuxo paz nos seus estados e morreu duranta a revolución irmandiña de peste (ves? hai que lavarse todos os días) voltando títulos e terras a seu pai, que tivo que solucionar o dos irmandiños e o problema sucesorio (casou pero tivo fillas e tivo que decidir entre as fillas e un neto bastardo) mentres as lealtades duraban un día mentres os Pimentel lle ocupaban terras coa excusa do testamento de seu fillo emprantado con eles ata que pactaron e despois na IIª Guerra Civil Castelá tomou parte por Sabela I de Castela obtendo mais ganancias: conseguindo expandirse por O Bierzo, rentas en Pobra do Brollón, Pantón, casa en Viveiro, alianza co arcebispo de Compostela, participación na Santa Irmandade pero comezou a defender o seu de se seus parentes de Fernando de Acuña, o que o enemistou cos Reis Católicos. Ao final deulle as terras a seu neto bastardo, que fixo estalar unha tormenta sucesoria dentro da súa extensa familia.

Don Rodrigo Enríquez de Lemos "o Bobico" ocupou seu título pero as fillas do anterior xóganlla e desenpolvan un documento polo cal lles corresponde a elas as terras e aínda que todos os vasalos xuraron a Rodrigo teñen aos Pimentel de parte súa mentres o Pimentel e o marqués de Astorga se raortían en segredo o condado e Don Rodrigo vendo isto casou coa filla do de Astorga e de paso solucionaban a disputa sobre Sarria e Chantada ao tempo que desfacía a alianza contra del. Soamente quedaban súas parentes e o Pimentel pero interviñeron os Reis Catódicos que tiveron que enviar a varios bispos e grandes señores a poñer paz entre ambos condes conseguindo Don Rodrigo unha lexitimación dos reis a cambio de permanecer ao lado deles durante o pleito, que remataría nunha división de terras ficando Rodrigo con Lemos, Sarria, Castro Caldelas, Cedeira pero Don Rodrigo rebelouse e marchou a Galiza polo que os reis caóticos cabreáronse con el por violar as cláusulas do acordo de repartición de terras, aínda así Rodrigo voltou a ser señor das súas terras mentres tentaba que lle devolveran ponferrada e que os enviados polos reis non lle levasen nada e así cercou Ponferrada creándos eunha batalla en torno a ela e Rodrigo tómaa e mantívoa con el contra os exércitos enviado pola raíña Isabel ata que o de Lemos a devolveu, tendo só que pagar as reclamacións de particulares polos destrozos da guerra.

Sabela I de Castela tamén tiña intereses na zona, quixo comprar a metade do Condado de Lemos (a parte leonesa) polo que Don Rodrigo Enríquez Osorio de Lemos perdeu pra sempre esas terras e tivo que andar a pagar un cento de reclamación bélicas, perdendo fortalezas que seu pai roubara a os Pimentel, tendo reclamacións por parte de particulares (Unha dama viúva de Alonso de Lanzós da Casa de Castro e outros alcaides e monxes do Bierzo) sendo os cregos, monxes e curas quen mais aproveitaron súa caída en desgracia, denunciando a Rodrigo de Lemos ante o rei os mosteiros de Castro de Rei, Carracedelo en O Bierzo, Montederramo, Xunqueira de Ambía polo que o Lemos contraatacou cunha lista de reclamacións (contra alcaldes do rei que lle colleran terras na guerra e rendas) ao final conseguiu o favor da raíña cando esta se enteirou de que os partidarios de Xoana de Trastámara (mais coñecida como Xoana a Beltranexa) tentaban levantar Galicia contra dos Reis Católicos e se podían xuntar co de Lemos así que seduciuno pra telo de seu lado logo cando quixo casar a súa filla e herdeira universal a raíña tamén se meteu en medio pra que non a casara cun Pimentel (e así non ter rival feudal no Noroeste).

Os Condes de Lemos foron do mais civilizado.

Trala morte de Sabela a Catódica o novo rei, Felipe o Fermoso pídelle un favor e así desembarca en A Coruña (xa que Fernando O Católico quería seguir mandando en Castela en vez de ficar en Aragón) conseguindo que lle devolveran algunhas torres e terras, mais Felipe o farrangoso morreu e voltou Fernando O Caótico, cousa que non gustou moito mentres o Lemos aproveitou pra ver de reconquistar Ponferrada pero a final voltou a renegociar cos reis pra logo meterse nunha conspiración pra que Carlos I de España reclamase canto antes o trono polo que Fernando Catódico lle tirou das orellas pero o de Lemos seguiu erre que erre e non foi onda o católikko así cando Carlos I de Españistán e V de Prusia chegou ao poder obtivo parte do que quería.

Dominios territoriais[editar]

Lugo.
Pobra de Sanabria.
  • Burón e Navia.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Casa de Lemos.

Outros artigos[editar]