Casa de Moscoso

De Desgalipedia

A Casa de Moscoso foi unha familia da nobreza galega,

Orixe[editar]

Era unha familia fidalga ata que o arcebispo de Santiago de Compostela lles encargou a tenencia do castelo de Xallas en 1402 (corenta anos mais tarde pasearian enxaulado ao arcebispo polas Terras de Santiago) comezou o liñaxe a medrar con este encargo e extendeuse pola bisbarra.

Historia[editar]

Os Moscoso case chegan ao mais alto!

Era señor de Altamira Pedro Vidal de Moscoso foi o preimeiro señor de Altamira (logo reinventou seu pasado inventándose antergos visigodos e mesmo un Conde repoboador do reino asturgalaico abase de subvencionar culturetas da Iade Moderna como Ambrosio de Morales) este casouse cunha muller de Leira e logo unha da Casa de Ulloa, sucedeuno Lope Pérez de Moscoso eiso que ía de 4º na liña de sucesión... pero seu irmán Roi Sánchez de Moscoso O Bravo, levouse o títudo así como maiorazgos das casas de Campo, Becerra e Montaos (a casa de Altamira sería futura titularidade do condado dos Moscoso) así expandiu seu dominio dentro da cidade de Compostela, Terra de Mahía, Viceso, Valeirón e Trasmonte, Roi o Bravo sempre andaba á gresca enemistado co arcebispo e coa Casa de Suevos, casa de Mesía e Casa de Montaos rematando algunhas en espadas tinta en sangue e noutras en sentencias arbitrais. Roi o Bravo subiu no escalafón da Corte prendéndose de Don Álvaro de Luna cando Xoán II de Castela (no bando da nobreza que quería medrar lambéndolle o cu ao rei mentres a competencia quería seguir mantendo o statu quo anterior de interdependencia nobres-rei) así en 1418 revolucionou o burgo compostelán aproveitando que o arcebispo estaba fora e desde a Corte tutelábaos mentres os burgueses santigaueses tentaban independizarse de seu amo, rebelándose en 1422, pero quen se levou o éxito da conspiración foi seu veciño o Conde de Trastámara, que sete anos despois cae en desgracia real e o arcebispo recupera o dominio pero entrega a pertiguería de Santiago a Moscoso mentres comeza a Irmandade Fusquenlla a revolucionar a nación.

Sucedeuno na xefatura da casa Rodrigo de Moscoso que debido á súa alianza con Álvaro de Luna "aliouse" co patriarca compostelán sucedendo a seu pai na pertiguería maior, esta alianza incentivou outra guerra e aínda así seguíronse atacando entre eles (como o ataque dos criados composteláns de Vilanova de Arousa, Tabeirós, Fefiñáns, Ribadulla e salas contra o porto de Corcubión) e sendo enganados (outra vez) por outro Conde de Trastámara na liga contra o arcebispo mais co seguinte novo arcebispo mudaron as cousas e aliáronse con el contra o trastámara durante a xefatura de Bernal Yáñez de Moscoso e aliados coas casas de Soutomaior, Lemos, Andrade (moi amigo de Fernán Pérez de Andrade), Mariñas e Ulloa, levando a guerra dentro dos muros de Compostela ata que o mataron con veleno.

Nembargantes o seguinte arzobispo, Fonseca II, non o premiou demasiado e mesmo o anulou ao non darlle ningún posto importante polo que un día o prendeu en Noia e o tivo preso en Vimianzo ata que lle pagara un rescate e lle dese algún postiño mais como se impacientou asediou a catedral compostelá e morreu dun frechazo mais seu liñaxe obtivo éxito, aínda que o seguinte sucesor Álvaro de Moscoso (un friki superticioso) era parvo e menos mal que só durou tres anos (protagonizou a exploración da Cova da Curuxa cun monxe nigromante e metéronse os dous nesta cova xunto con 30 peóns armados e ao chegar a un río subetrráneo e aínda que vendo a Atlántida do outro lado non pasaron deron media volta fuxindo e morreron ao cabo dun ano) o seguinte xefe, Lope Sánchez de Moscoso chegou a ser Iº Conde de Altamira sendo moi novo e un botado pra diante, perdeu fortalezas durante a Revolución irmandiña, e logo contra o arcebispo Fonseca coa axuda doutros nobres (como Pedro Madruga) pero ao final tivo que andar en preitos co reinado dos reis Católicos e aínda por riba (según Vasco da Ponte) non era home pra muller e súa primeira muller non o quería por macho, súa segunda esposa suicidouse aforcándose.

Sucedeuno un parente, Rodrigo de Moscoso casado cunha Andrade que seguiu expandindo o poder da súa Casa.

Alianzas[editar]

Dominio territorial[editar]

Pazos en Compostela, Mahía e Mens así como propiedades menores esparexidas por Mella, Brión, Quintaa, Ames, Torre de Boenzo, Val de Carreira, Vimianzo con Laxe, Val de Traba, Val de Barcia, Labacolla, Salcedo, Alfoz de Muros, Sorrizo, Serantes e Cances así como encomendas dos mosteiros de San Paio e Sar.

Santiago de Compostela
  • Un pazo e fincas arredor.
  • Agro do Nuño.
Mondoñedo