Casa de Sarmiento

De Desgalipedia

A Casa de Sarmiento foi unha familia da nobreza de Galicia, orixinaria de Castela, domina esta rexión grazas a estar no bando vencedor da Iª Guerra Civil castelá (entre Pedro I e Enrique II) e da IIª Guerra Civil Castelá (entre Xoana de Trastámara e Sabela I de Castela).

Orixe[editar]

Os Sarmientos proviñan de Villamayor (Castela) onde eran Adiantados Maiores de Castela, Pedro Ruiz de Sarmiento foi o primeiro en chegar a Galicia xa co posto no peto (conde de Ribadavia) pra consolidar o triunfo de Enrique II de Castela sobre o bando de Pedro I combatindo contra a Casa de Castro principalmente.

Historia[editar]

De tanto mezclarse entre primos saíron así de guapos.

Pedro Ruiz de Sarmiento foi premiado co título de Adiantado Maior de Galicia, tras derrotar en Baiona a Fernando de Castro, logo comeza represión, expulsa de Lugo a seu bispo, pacta co bispo de Mondoñedo ante Ribadeo e Viveiro (que se querían independizar do bispo) a cambio de entregar o castelo de Folgoso ao tempo que trataba de sacar tallada aos bispos lucenses alborotando aos vasalos bispais de Meira e Castelo de Pallares, Guntín. Grazas a que era un mangante, arbitrario, desaprensivo e dispoñía dos bens dos demais sen preguntar aínda que ao rei non lle gustaba na súa guerra diplomática concedendo mercedes, segiu no poder e agravou a inestabiliade de intereses na zona do ribeiro ao nomealo señor de Ribadavia (que sería solar da nova casa e se bifurcaría coa de Sobroso) e expandiu seu señorío a base de terras dos mosteiros seguindo o costume da nobreza coa Encomenda roubando rendas a mosteiros como o de Oseira, Celanova, Meira, Ribas de Sil, Santa Comba de Nave (Ourense concello), Samos, San Clodio, Leiro, ocupando súas terras e esixindo impostos mentres se queda cos castelos do Ribeiro (Roucos, Penacorneira, Xuvencos) que quería facelos mais grandes e que traballasen de gratis neles os vasalos dos mosteiros e roubándolles, a pesares diso o rei seguiuno amando, conseguindo o castelo de Sobroso (Mondariz) e imposto sobre a porta de Ourense capital e mesmo obtendo o mariscalato de Castela ante a nova guerra contra Portugal (onde morrería este nobre na Batalla de Aljubarrota).

Diego Pérez Sarmiento seguiulle no trono feudal e consegiu que o título de Adiantado Maior de Galicia ficase pra sempre na súa familia, aumentando seu peso político e Castela grazas a seu matrimonio cunha Zúñiga mentres era Bailío de A Coruña e mesmo conseguindo ser contratado por Ourense como s (encomendeiro decían ja!) polo que este Sarmiento aproveitou en beneficio propio este cargo roubando aos ourensáns aos que o bispo tentaba amarrar coacionándoos pero con persoaxes como este aínda os fixo querer independizarse del pero xa!) Diego Sarmiento expandiu seu señorío obtendo Avión, Anllo, castelos de Vimianzo e Buño... mentres en Castela seguía obtendo mais vilas e terras véndose envolto en pleitos por mor de moitas terras mentre stentaba seguir sendo influente onda o Rei aínda que seu cargo de Adiantado lle permitiu seguir mantendo a confianza real e confiscar bens doutos nobres ata que seu título non valeu nada debido ó centralismo da coroa (que creou ó Correxidor de Galicia e o Alcalde Maior, un militar e un xuíz pra todo o Reino de Galicia) morrendo pouco despois sen ter descendencia lexítima.

Polo que seu irmán García Fernández Sarmiento tomou o mando, e tívose que preocupar de que o título de Adiantado Maior de Galicia servise de verdade pra algo e non fose só un título honorífico e aínda que ningún vasalo se lel revirou se foronos de Ribadavia que tentaron voltar a ser do rei. Ségueo Diego Pérez Sarmiento que conspirou contra Álvaro de Luna e estivo apiques de perdelo todo pero gañou mais terras, no Orcellón (Carballiño), na Limia, e conseguía ser conde de Ortigueira. Comezou a forxar alianzas cos Pimentel e o conde de Monterrei e logrando casar seus fillos con outros Sarmiento e uns Ulloa, que logo serían causa de pesar. Logo permutou coa Casa de Soutomaior Pereiro de Aguiar e Salvaterra de Miño, mentres poñían un é na provincia de Tui tentaban apoderarse de Ourense capital, facendo crimes aos ourensáns desde seu castelo de A Peroxa conseguindo tras varios negocios cos curas da catedral ourensán facerse cos castelos ourensáns e logo deu comezo á guerra ourensá entre a Casa de Sarmiento, Casa de Lemos e Casa de Pimentel (coas súas consabidas casas fidalgas e o episodio do Pozo meimón en Toén) mentres seguían en disturbios coa Casa de Soutomaior polas terras de Sobroso e Avión que levaría á invasión de Ribadavia e secuestro de Diego Pérez sarmiento por parte de Alvar Páez de Soutomaior e só liberou tras sacarlle moitas e boas terras.

Aínda así conseguiron recupear salvaterra e ter Gomariz (Leiro), Roucos(Cenlle), Penacorneira (Carballeda de Avia), Xuvencos e Pazos de Arenteiro (Boborás), Bailía da Coruña, Ribadavia, Ortigueira,Amoeiro, etc e súmense terras en Castela e rendas en vilas importantes. Seguiu a Diego Sarmiento o problema sucesorio entre dous fillos que foran uns malos fillos, deixando como herdeiro Bernardino Pérez Sarmiento que debido a ser menor de idade estivo baixo tutoría de súa tía tareixa Zúñiga (a condesa endemoñada á que os ribadevienses fartáronse dela a e coseron a lanzadas e Pedro Madruga foi vingar) e logo seu avó, tivo que suportar á mandona da súa tía, os irmandiños, a Casa de Ulloa invadíndolle terras, nembargantes durante a IIª guerra Civil castelá púxose do lado de Sabela I de Castela e conseguiu mais terras emprentado cos Pimentel ao tempo que seguían as disputas herditarias con seus primos (dúas veces tiveron pleito e dividiron seus dominios,Ortigueira pra uns e Ribadavia pros outros) e tentou divrociarse de súa muller, tendo como herdeiras universais a súas fillas.

Francisca e María Sarmiento convírtense en condesas de Ribadavia, casa María Sarmiento Pimentel e Castro cun Mendoza e como é á única que ten fillos, Diego Sarmiento de Mendoza herda todo, ségueo seu fillo Luis Sarmiento de mendoza, súa neta, Leonor Sarmiento de Mendoza, súa bisneta María de Mendoza, seu tataraneto Álvaro Sarmiento de Mendoza, seu tataratataraneto Diego Sarmiento de Mendoza ata seguir agora con Ignacio de Medina y Fernández de Córdoba, XX Duque de Segorbe.

Amigos dos Sarmiento[editar]

Enemigos[editar]

  • Ortigueira e Ribadavia: Vilas que querían voltar a ter por dono o Rei,así lles cobraba menos rendas e tiñan seu señor lonxe
  • Casa de Soutomaior: debido a que seus inereses chocaban na zona do Paradanta e o Condado.
  • Casa de Ulloa: que aproveitou a rebelión dos vasalos pra facer escabechina polo Carballiño e o Ribeiro (eran señores de Castrelo de Miño), foi apresado sancho Ulloa e obrigado pola Condesa tareixa Zúñiga (a endiablada) e firmar un pacto humillante e cando estivo en Ribadavia como aliado dela axudou ós ribadavienses (xunto co abade san Clodio, Leiro) a matala.