Casa de Ulloa

De Desgalipedia

A Casa de Ulloa foi unha familia da nobreza galega, duraron 200 anos ata fundirse na Casa de Lemos.

Orixe[editar]

Orixe 100% galego!

Historia[editar]

Un dos Ulloa en Cambados.

Comezaron cos cabaleiros do século XIII: Rodrigo Suárez (Meiriño Maior de Galicia), Lopo Rodríguez, Vasco López de Ulloa, Sancho Sánchez de Ulloa (Garda maior de Fernando IV), Lope Sánchez de Ulloa, Lope Vázquez de Ulloa e Gonzalo Ozores de Ulloa que conseguiron mercedes de Henrique II de Castela trala I Guerra Civil Castela a finais do século XIV, co cal comezou o auxe da súa familia (dominio das terras Palas de Rei, Monterroso e Antas de Ulla, o que ven sendo a antiga Ulloa) e tamén as terras de Repostería (que vai ti saber onde queda agora) tamén conseguiu a terra de Grobas ó arcebispado de Compostela (e así os excomungou) mentres seguia rezando nos mosteiros de Sobrado, Dormeá (Boimorto), Vilar de Donas (Palas de Rei), Ferreira de Pallares (Guntín), Dozón, Carboeiro (Silleda) aos que tamén lles roubaba terras e rentas de vez en cando (por iso de non perder o costume da nobreza baixomedieval), non se sabe que cona foi facer a Francia (onde estivo preso) e cando regresou tivo que conquistar súas terras de Fernán Gómez das Seixas.

Sucedeuno Lope Sánchez de Ulloa que recibiu en maiorazgo (Monterroso, Ulloa, Insua, Camoiras, Respostería, Pambre, Pallares e Balboa, San Xurxo de Augas Santas, Ferreira de Nigral, castelo de Biedma, casaias de estaca e moitos foros e rendas de igrexas de Lugo e Compostela.) Lope de Ulloa espabilou expandido seu territorio mesmo roubando a seus parentes Ulloa, á Casa de Soutomaior (tras un preito levou parte de rendas de Cambados) e á Casa dos Deza quedándoselles con moitas terras e expandíndose polo Noroeste ourensán; grazas óss sesus casamentos conseguiu contactos na corte e mais terras e rendas. Debido a que eran mansos non andiveron en moitas liortas e o sucesor Sancho Sánchez de Ulloa conseguiu ser Conde de Monterrei xusto antes da revolución irmandiña, regresando contra os burgueses e logo pelexando contra o arcebispo Fonseca (ao lado da Casa de Soutomaior e Casa de Lemos) revirando súa lealdade pouco despois e indo contra dos Moscoso e Soutomaior. Entronca cos Zúñiga (cos cales logo se pelexará por Monterrei conseguindo os últimos o feudo) obtendo mais terras e fíxose segurata de Betanzos, contra da Casa de Andrade, e Celanova) andivo en guerra coa Casa de Sarmiento estando preso deles tras andar masacrando polo Ribeiro e litigando polo dominio de Castrelo de Miño.

Os Ulloa perderon Monterrei a favor dos Zúñiga, polo que seu sucesor foi súa filla segunda Tareixa de Zúñiga e Sánchez de Ulloa casouna con Fernando de Andrade (esquecendo pra sempre a seus netos de Monterrei e confluindo con este matrimonio tres grandes casas galegas: Mariñas, Ulloa e Andrade).