Castela

De Desgalipedia
NapoleonBike.jpg Esta páxina contén referencias a importantes eventos históricos
da evolución da humanidade desde a prehistoria ata os tempos actuais
Cita1.pngXa invadí!Cita2.png
Asdrúbal Barca sobre Castela
Cita1.pngXa invadí!Cita2.png
Emperador Octavio Augusto sobre Castela
Cita1.pngXa invadín!Cita2.png
Requila sobre Castela
Cita1.pngDe aquí ven o viño matute!Cita2.png
un do Ribeiro sobre Castela
Cita1.pngXa a invadín!Cita2.png
Tarik sobre Castela
Cita1.pngXa a invadín!Cita2.png
Afonso I de Asturias sobre Castela
Cita1.pngXa a conquistamos!Cita2.png
Os Faramontanos sobre Castela
Cita1.pngXa a reconquistei!Cita2.png
Abd al-Karim sobre Castela
Cita1.pngNós mandamos con cristiáns ou con musulmánsCita2.png
Os Banu quasi sobre Castela
Cita1.pngXa a reconquistei eu tamén!Cita2.png
Ramiro I sobre Castela
Cita1.pngPero si a fundei eu!!! Como ía ser conquistada se antes de min non existía!??Cita2.png
Fernán González sobre Castela
Cita1.pngImperialistas!!Cita2.png
Brites de Almeida sobre Castela
Cita1.pngXa a invadínCita2.png
Napoleón Bonaparte sobre Castela
Cita1.pngDaquí saquei moito petróleo pra gañar a Cruzada nazionalCita2.png
Franco sobre Castela
Cita1.pngCastilla tiene la misión de salvar a España y de ahogar a todos los traidores, sean periodistas, sean diputados, sean reyes, sean ministros.Cita2.png
Onésimo Redondo sobre Castela

Castela é o imperio pequeno da Península Ibérica, aínda que recibe o nome oficial de España.

Exténdese polo centro da península e domina á periferia mediante mecanismos económicos, sociais e militares coa axuda da OTAN e da Unión Europea, o seu xentilicio é "Mesetario".

Etimoloxía[editar]

O nome de Castela provén da verba "Casta ella", xa que súas muleres eran famosas polo estreitas que eran, debido a que os homes desta rexión nunca conseguían foder fundaron unha jihad cristiá e extenderon seu dominio cara todas partes, debido ó terror que producían nos lascivos moros e nos luxuriosos gabachos quedoulle o nome así.

Distribución xeográfica[editar]

Mapa das provincias castelás

Atópase no centro da península ibérica e dominaba desde o Bierzo ata Cataluña, e desde o Mar Cantábrico ata o estreito de Xibraltar, aínda que actualmente atópase dividida en varias baronías que nos 80 do século XX fuxiron do seu dominio pero que Madrid recentralizará e breves.

  • Asturias: conseguiu fuxir do control castelán grazas a que aquí só había sidra, néboa e ningunha sueca.
  • Cantabria: desanexionouse do dominio de Valladolid debido a que aquí só hai cabras e montañas.
  • País Vasco: os mesetarios foron expulsados do poder polos monaguillos do PNV e os industriais de Bilbao que querían unirse a Inglaterra.
  • A Rioxa: desenganchouse de Fachadolid como estado tapón entre Euskadi e Navarra.
  • Navarra e Aragón: déronlle un estatuto de autonomía porque sinón os requetés cabreábanse.
  • Valencia: unha provincia da periferia á que xunto con Andalucía se lle deu mais poder por iso de manter as formas e que non parecese que Madrid é un opresor.
  • País Llionés: nacionalidade histórica deglutida polo castelanismo.
  • Extremadura: Castela deixouna marchar porque era como Andalucía, pero sen flamenco e con mais pobreza.
  • Comunidade de Madrid: aquí encastelouse o poder central tras abandoar Fachadolid.
  • Andalucía:fuxiu do control mesetario debido ás presións de Margaret Thatcher que quería ter un estado tapón entre Madrid e Xibraltar.
  • Xibraltar: aldea que o Imperio Británico lle birlou ao Imperio Español cando este estaba en horas baixas.

Actualmente varios partidos tentan recompor Castela (mediante anexión de La Rioja, Cantabria, Madrid) coa axuda da garda civil rural e da OTAN (a cambio de prestarlles os moitos castelos como silos de misís intercontinentais).

Historia[editar]

Castela foi comezada a poboarse polo Homo Antecessor que veu detrás dos mamuts pra comelos con churrasco, tras varios séculos e cazatas pola ancha Castela na que se deron moitas correrías entre centos de especies humanas ata que Cthulhu puxo orde e estableceu aquí aos Carpetovetóns pra que lle deran culto, pero debido a que se confabularon coa URSS contra do Imperio Romano foron deslocalizados e déronlle o control a varios italianos, que comezaron a colonizar isto e e encheron con miles de campos de trigo.

Coa caída do Imperio trala crise económica do século V os Visigordos invadiron estas terras, establecendo a capital en Toledo tras destruir o Reino Suevo, debido a que estes alemáns eran moi de andar en grupiños e molestar aos outros acabaron perdendo o control cando os moros lle deron un golpe de estado tras non pagarlle as pagas de mernecario e fundaron Al-Andalus.

O control árabe na zona durou pouco grazas a valentes e esfrozados terroristas cristiáns de Asturias, Galicia e Cantabria, que iniciaron a "Reconquista" facendo que os malos costumes moracas (ducharse todos os días, rezar a un só deus e non a miles de santos) se extinguisen. Déronlle o control do territorio a un vasco que expandiu mais o condado de Castela, ata que rematou por papar ao reino de León (ao cal pertencía o condado) e tras fagocitar o País Llionés seguiu conquistando terras aos españois mahometanos e tentar invadir Portugal, obxectivo nunca conseguido de forma limpa.

Economía[editar]

Castela vive do PER e da exportación de area para ladrillos e enerxía hidroeléctrica para Fachadolid e Madrid.