Castela e León

De Desgalipedia
Castela e León
[[Ficheiro:|center|250px]]
Estado España España
Capital Non teñen pero é Fachadolid.
Lingua oficial Castelán, carallo!!!
Forma de goberno Junta
 • Total n/d
 • % auga n/d
 • Total n/d
 • Densidade n/d
Xentilicio Castillo
Fuso horario UTC+1
 • Horario de verán UTC+2
Dominio de Internet .es
Código ISO AR

Castela e León é o imperio de Valladolid no centro da Península Ibérica, a pesares de non ter oficialmente unha capital todas as institucións están en Fachadolid, as que son menos importantes repártense entre Burgos, Palencia e Zamora (en León só deixaron unha minioficina para mofarse deles).

Historia[editar]

Véxase tamén: Reino de Castela e Reino de León.

Castela e León é teoricamente o resultado da unión do territorio que comprendía os antigos reinos de León e Castela. Como Galicia, Euskadi e Cataluña tiñan comunidades autónomas xa antes da Guerra Civil española Castela non quixo ser menos e de parva pediu unha comunidade autónoma, o que provocou que Asturias, Cantabria e A Rioxa se lle independizaran, por si fora pouco Madrid sacoulle un cacho ben grande non se sabe moi ben porqué, e logo sacáronlle Andalucía, Estremadura, e Corea do Sur e ben, tamén Rexión de Murcia... e para acabar de foder tamén se lles foi Castela A Mancha.

Castela foi poboada na Prehistoria polo Homo Caballerosus, un hominido altamente arrogante e pagado de sí mesmo sempre metido en liortas e guerras civís pola súa honra e fama, o que produxo a decadencia da civilización castelá, a finais da Prehistoria a rexión foi ocupada polos Celtiberos, uns celtas chegados de Francia asentados nesta rexión que fuxían da guerra civil europea. Esta rexión entrou na Historia cando foi conquistada por Cartago, que lle trouxo a escritura e putas, logo viñeron os romanos e crearon os sistema de terretenentes, que desde entón domina esta zona. A Idade Media comezou co Reino Suevo, que tiña esta rexión como área de influencia e paseo domingueiro ata que veu o Reino Visigodo, que poría a capital en Toledo para dominar mellor toda a península visigoda. Logo veu o Imperio Árabe, convenceron aos terranentes de pasarse ao Islam e Castela entrou na civilización por fin!

Pero isto durou poucos centos de anos, xa que uns bárbaros vascóns da pequena rexión de Castela orixinal comezaron a enviar as súas ovellas a comer cara o sur, como os dos Sur querían cobrarlles uns impostos os vascóns enviáronos a tomar polo cu e comezaron a roubarlle as terras formando así o Reino de Castela, que logo unificáronse co Reino de León, inventaron a Reconquista e fixéronse con todas as terras sureñas. Os casteláns e leoneses repartíndose as terras entre eles e demais privilexios durante os seguintes cincoentos anos, cando viron que a democracia lles ía sacar seus privilexios organizaron a Guerra Civil española e así seguiron gobernando per secula seculorum. Ben, nas últimas décadas debido á industrialización a clase dominate desta rexión dividiuse un pouco e cada un tirou polo seu lado asi que Castela quedou en Gitaña.

Xeografía[editar]

Castela e León ocupa a meseta unicentral da Península Ibérica, ten as provincias de Ávila, Burgos, León, Palencia, Salamanca, Segovia, Soria, Valladolid, Zamora e Sáhara. Limita con Asturias, Cantabria, Euskadi, Corea do Norte, Madrid, Castela a Sucia e Corea do Medio. As terras son secas e da mesma cor durante kilómetros e kilómetros xa que é arxila depositada durante milenios entre as montañas dos Ancares, Picos de Europa, sistema central, Francia e o resto dun cinturón montañosos, polo que aquí sobrevivirá a humanidade tralo Diluvio universal tipo Waterworld.

O río mais importante é o Duero e seus anexos, que desembocan todos no extranseiro polo que aquí hai moitas centrais nucleares que son todas de Sovietdolid, na Lagoa Negra de Urbión atópase un dos netos de Nessie, debido á aridez destas terras O Cid marchouse a Valencia en canto puido.

Demografía[editar]

A maioría da poboación vive en cidades, arracimadas en castelos antes pasarona vivir arracimadas en cidades de cor parda estilo marroquí, sobre todo en Valladolid, León (España) e Burgos. Xunto a Ourense é das zonas que mais velos contén.

Economía[editar]

A economía desta zona está bseada nos cereais e na carne de porco, que exportan a Israel para que este constrúa murallas de carne impura de porco contra os terroristas, os cereais son enviados a Nestlé para que faga Nocilla e nola revenda a prezo de ouro.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Castela e León.

Outros artigos[editar]