Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

De Desgalipedia
(Redirixido desde "Castelao")
Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Castelao
Castelao.jpg
Información
Nacemento Probablemente no séc. XIX A. de C.
Rianxo, A Coruña Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Falecemento Probablemente no séc. XX
Nacionalidade galega
Profesión Fundador

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao ou mundialmente coñecido como Castelao foi un dos pais da Patria galega.

Vida, chistes e política[editar]

Castelao cando era un cativo.

Nado en Rianxo a finais do século XIX, tras ver un video de Capusotto emigrou cara Arxentina, onde abriu unha "pulpería" (un bar-tenda) e despois fixo vir á familia 11 anos despois.

Alí na Pampa criouse Castelao durante a súa dolescencia, como seus pais levaban tempo sen verse deseguida comezaron a foder enriba do mostrador e naceron as súas irmás, Xosefina e Tareixa. Durante os 5 anos que Castelao estivo na Arxentina e tivo que aturar os moi graciosos e nada ofensivos chistes que aló facían sobre os galegos, así como ós imperialistas británicos e ianquis que se mofaban dos barquiños de papel españois durante a Guerra de Cuba.

Como o pai quería subir na escala social mandou a Castelao pra Galiza a estudar medicina (xa que temía que si o enviaba a Bos Aires a estudar rematase sendo un vago tangueiro) e aló se foi toda a familia tras o destino do fillo vinculeiro, no camiño marítimo deulle tanto a tabarra a seu pai que en canto chegaron a Rianxo lle bscaron un mestre de debuxo (xa que nas Pampas aburríase moito e colléralle gusto a iso de facer caricaturas vendo unha revista de sátira política) xa que todo estaba no seu sitio e habia sitio pra todo durante a Belle Époque.

Papá, quero ser artista[editar]

O rock star Castelao ó chegar a Arxentina na súa xira "Forever GZ".

Mentres o fillo estudaba bacharelato o pai voltou a Arxentina por tres anos e cando voltou con mais cartos consegiu que o gobernador provincial (posto a dedo por Madrid) o admitira nun dos partidos alternantes e consegiu ser alcalde de Rianxo mentres mandaba ó fillo a estudar a Santiago de Compostela menciña, como só estaban a 50 km de distancia o pai pensaba que podería ter controlado ao fillo primoxénito. En sete anos sacouse a carreira e unha moza (Virxinia Pereira Renda), e iso que andaba tocando coa tuna por ahí de golfo mentres as ideas políticas comezaban a extenderse por Galiza ao acubillo da Restauración Borbónica e dos novas inversións extranseiras na Península Ibérica. Mentres Castelao foi facer o doutorado a Madrid onde se xunta con xente nova e desconcertante que vendo o ben que debuxaba lle meteu ideas raras na cabeza de ser artista, esta teima foi fortalecida ao gañar un permio nunha mostra de pintura en Compostela cun cadro costumista seu; asi que regresou a Galicia e le dixo que, aparte de que non aprobara o doutorado, él se sentía artista que non quería ser médico "artista anes que nada".

En canto regresou a Rianxo seu pai bateulle coas portas nos fuciños e tivo que ir a casa de seus avós (cos que se criara de meniño mentres seu pai traballaba na Pampa) e alí bateu coa realidade cotiá de que tiña que traballar se quería vivir dignamente, asi que puxo consulta de médico rural, mais como pillara a tuberculose (de andar tanto moneando coa tuna polas noites invernais) tivo que ir ó balneario da Toxa, recuperado recolle seus estudos menciñeiros e asiste a un cursiño pra especializarse en obstectricia e ser matrona (e así poder meterlle man ás mulleres cunha boa excusa, xa que era moi tímido), pero non o rematou por mor da tuberculose (xa que aproveitaba as noites pra ir de troula coa tuna).

Castelao ter que buscar uns cartos nos concertos promovidos pola Telegaita.

Volta a Rianxo (outra vez) e o pai o enchufa no Partido Conservador (o de Cánovas del Castillo) que lidera él e xunto con outros culturetas locais funda un xornal semanal, O Fodedor municipal, onde ataca ós caciques e publica súas caricaturas de políticos rivais (tanto do seu partido como dos outros) e de situacións rocambolescas que se dan. Como o tema das caricaturas aínda era algo novo en Galiza (así estaba de atrasada) invítano a dar conferencias pra falar dela e realizando exposicións delas por toda a nación mentres colabora con outros xornais e se mete noutro partido político, pero agrarista e mandando por un avogado ex-cura.

Casar e facerse un home[editar]

Como súa moza lle deu un ultimátum Castelao tivo que casar con ela mentres andaba de médico rural e nos mitins agraristas, polo que foi collendo sona entre os labregos do Barbanza aumentando a súa vaidade, dous anos despois nace o seu único fillo e co strés emocional case queda cego da emoción, polo que abandoa a medicina e como ten unha familia que manter comeza a estudar pra ser funcionario e nun ano convírtese en funcionario de estatística en Pontevedra, pero como non aguanta ó seu xefe de despacho volta opositar pra mellorar, aproba e xa non o tivo que aguantar ó subir de posto. Isto muito lle fodeu ó xefe funcionario de tal modo que axudou a espandir a gripe española de 1918 e así obrigalo a voltar como médico.

Castelao con Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo e Cuevillas no grupo "Nós".

Pasado o andazo Castelao volta ó seu posto de funcionario e facerlle as beiras a un mestre do instituto de Pontevedra, conseguindo ser mestre de debuxo nel e facendo contactos con outros diletantes e ingresa nas irmandades da Fala e coñece a Vicente Risco e Valle-Inclán (ó cal torturaba pola rúa decíndolle que podía escribir algo en galego e por iso Valle prohibiu no seu testamento que levasen ó galego todas as súas obras até pasados 150 anos) e forman o grupo NÓS, mais trala dictadura de Primo de Rivera e os tolos anos 20 Castelao afástase dos conservadores xusto cando morre seu único fillo, pra saír do ambente malsán de lembranzas lévase a súa muller canda él pola Bretaña na busca do Rei Artur (que según él os cruceiros bretóns indicaban cara onde estaba a illa de Avalon e como resucitalo), cando volta á península ibérica xurde a IIª República Española, como se fai unha república seguindo o modelo francés centralista e os partidos con sede en Galicia pasan de Galicia xúntanse todos os galeguistas e fundan o Partido Galeguista, nembargantes como están nunha república son represaliados durante un goberno direitista e castelao é desterrado a Badaxoz (onde aproveita pra escreber o Sempre en Galiza) e critica a Vicente Risco tras dividir o partido creando outro galeguista e mais conservador.

Na Guerra Civil española[editar]

Cartel de Castelao a prol do estatuto de Autonomía de Galicia.

Durante o goberno republicano esquerdista Castelao e os seus conseguen o estatuto de Autonomía de Galicia en 1936 con tan mala sorte que ó día seguinte Franco dá un golpe de estado, como non se sabe moi ben o que sucede Castelao déixase estar en Madrid (seus compañeiros do comité do estatuto que regresaron a Galicia foron detidos en Castela), grazas á súa decisión salva a vida e axuda na organización das Milicias Galegas (a maioría labregos que foran á seitura, criados, estudantes, etc) e segue ao goberno republicán pra que lle firmen o estatuto de Galicia (obstaculizado polo PSOE), entre ministerios e axudas á república debuxa varios tomos pra axudar á república contra o feixismo. Pra que deixe de tocarlle os collóns ós ministros o invitan a ir á Rusia e seu imperio soviético nunha comisión cultural, onde cre ver que alí respetan ás nacionalidades periféricas non rusas e os comunistas lle lamben o cú facéndolle unha exposición en Moscova. En canto regresa o invitan (outra vez como a moitos intelectuais con prestixio do momento) a facer unha xira por América pra recadar axuda pra IIª República Española (xa que Francia e Inglaterra pasan dela) e mentres perden a guerra e él segue recadando fondos pros refuxiados españois mentres critica ó xefes republicanos no sempre en Jalisia.

Exilio por ser intelectual en España sin ser castelánfalante[editar]

Virxinia Pereira e seu marido.

Cando lle permiten ir á Arxentina alá case o matan a base de facerlles homenaxes e que estivera calado coa boca chea de discursos, mais él deuse conta do que había e traballou arreo pra que os emigrantes colleran conciencia do que eran e se fixeran galeguistas (mais como alí os galegos eran moi brutos estivo en minoría o resto da vida), o nomean ministro no goberno español republicán no exilio en París, pero por disputas entre os partidos o goberno no exilio non serve pra ren e un axente do KGB aproveita pra envelenarlle un cigarro, que lle causaría un cancro de pulmón e morrería.

En 1989 foi repatriado e, en vez de soterralo en Pontevedra (según desexo del) foi empaquetado en Compostela polos mesmo que o exiliaron no 36 e o meteron nun sarcófago de granito cunha boa tapa pra que o espíritu non infestase outras mentes, sábese que Manuel Fraga e Felipe González pagaron á Rappel e Aramis Fuster por un meigallo pra apreixalo dentro e que os galegos seguisen a ser tan brutos coma sempre.

Obras[editar]

  • Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete (1922)
  • Cousas de Cosso (1926, 1929)
  • Os dous de sempre fodendo (1934)
  • Retrincos de pulmón (1934)
  • Os vellos non deben de namorarse que non teñen veleno (representada en 1941, publicada en 1953)
  • Diario (escrito en 1921, publicado en 1977)
  • As cruces de pedra na Bretaña armoricana (1930)
  • Sempre en Galiza (1944)
  • As cruces de pedra na Galicia soviética (1950)
  • Álbum Nós-Nosoutros (exposición, 1920; edición impresa, 1931)
  • Cincoenta homes por dez reás con cinco euros (1925)
  • Cousas da vida e dos gayegos (1925)
  • Galicia mártir de si mesma (1937)
  • Fenosa e Franco e Atila en Galicia (1937)
  • Milicianos macanudos (1938)
  • Debuxos de negros e súas pirolas
  • Cegos: os meus compañeiros

Véxase tamén[editar]

Outros artigos[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
V  C  E h
Día das letras galegas
Escritores galegos.jpg
Rosalía de Castro (1963) - Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (1964) - Eduardo Pondal (1965) - Francisco Añón Paz (1966) - Manuel Curros Enríquez (1967) - Florentino López Cuevillas (1968) - Antonio Noriega Varela (1969) - Marcial Valladares Núñez (1970) - Gonzalo López Abente (1971) - Valentín Lamas Carvajal (1972) - Manuel Lago González (1973) - Xoán V. Viqueira Cortón (1974) - Xoán Manuel Pintos Villar (1975) - Ramón Cabanillas (1976) - Antón Vilar Ponte (1977) - Antonio López Ferreiro (1978) - Manuel Antonio (1979) - Afonso X o Sabio (1980) - Vicente Risco (1981) - Luis Amado Carballo (1982) - Manuel Leiras Pulpeiro (1983) - Armando Cotarelo Valledor (1984) - Antón Lousada Diéguez (1985) - Aquilino Iglesia Alvariño (1986) - Francisca Herrera Garrido (1987) - Ramón Otero Pedrayo (1988) - Celso Emilio Ferreiro (1989) - Luis Pimentel (1990) - Álvaro Cunqueiro (1991) - Fermín Bouza-Brey (1992) - Eduardo Blanco Amor (1993) - Luis Seoane (1994) - Rafael Dieste (1995) - Xesús Ferro Couselo (1996) - Ánxel Fole (1997) - Martín Codax / Xohán de Cangas / Mendinho (1998) - Roberto Blanco Torres (1999) - Manuel Murguía (2000) - Eladio Rodríguez (2001) - Frei Martín Sarmiento (2002) - Antón Avilés de Taramancos (2003) - Xaquín Lorenzo (2004) - Lorenzo Varela (2005) - Manuel Lugrís Freire (2006) - María Mariño Carou (2007) - Xosé María Álvarez Blázquez (2008) - Ramón Piñeiro (2009) - Uxío Novoneyra (2010) - Lois Pereiro (2011) - Valentín Paz-Andrade (2012) - Roberto Vidal Bolaño (2013)
Modelo:Castelao