Castrapo

De Desgalipedia
Galego castellanizado
Castrapo
Falado en: Banderaespaña.png España
Rexión: Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Total de falantes: 4.000.000 aprox. en total
(2.836.527 en España, 2007)
Clasificación xenética: Itálica, Románica, Ítalo-occidental, Occidental, Galo-ibérica, Ibero-románica, Galaico-portugués, lingua galega, Castrapo
Escrita:
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Regulado por: Real Academia Galega do Castrapo,
Xunta de Galicia,
Códigos de lingua
ISO: ghl
SIL: GHLG
[[Ficheiro:|centro|215px]]
{{{mapalenda}}}


Cita1.pngQuizais quixo dicir: Castelán de GaliciaCita2.png
Google sobre Castrapo

Cita1.pngUnha cousa, falas galego?Cita2.png
Galego preguntando
Cita1.pngQue dis, home? Yo te hablo o castrapo!Cita2.png
Galego de Compostela respondendo
Cita1.pngIsto non é galego, carallo!Cita2.png
Galego sobre a resposta anterior

Castrapo (castelhano + trapo) é un dialecto galego moi usado na Galicia.

Historia[editar]

Así te quedas ao escoitalo.

O Castrapo xurdiu na Galicia ao perder a súa clase dirixente autóctona coas políticas autoritarias dos Reis católicos, que enviaron a funcionarios de diversos niveis (clérigos, capitáns, xenerais, abades, bispos, policías, condes, putas, abadesas, etc) extranseiros que só falaban en castelán e lle cuspían aos que lle falaban en galego (os máis fillos da puta enviaban un comunicado a Galicia Bilingüe pra que os puxera a parir na TVG).

Durante o Antigo Réxime (ou séculos escuros) as clases sociais dominates (clero, nobreza e certa burguesía) só falaban castelán e mandaban aos subalternos que lle falaban en galego á Inquisición española, Galicia é colonizada de todo polos Austrias e Borbóns que meten toda a miseria e atraso nesta esquina dos seus reinos, enviando os galeóns con ouro a prata pra Sevilla, as industrias textís pra Holanda, os exércitos pra Flandes, as finanzas pra Italia... en Galicia recóllense impostos (dezmos e foros pra nobreza; dezmos, primicias, oblatas, lutos e multas pra Igrexa católica) tálanse tódolos montes pra construir a Armada Invencible, lévanse xente nova pros exércitos e pra colonizar América do Sur (os desertos da Pampa). Durante a guerra de restauración da independencia de Portugal os exércitos que repelen as tropas portuguesas que tentan invadir as provincias de Ourense e Tui están compostos por condes ex-xenerais, supervivintes das guerras de Flandes, putas vellas e centos de nenos de teta armados con instrumentos líticos.

Xa no século XIX e cos gobernos liberais, revolucionarios e da Restauración borbónica, Galicia segue estando subordinada sen dar chío, e a clase superior (burguesía e algúns nobres) falan castelán e aqueles que lles din algo en galego ós mandan ás guerras coloniais pra defenderen o Imperio Español (Guerras de independencia de Arxentina, Uruguai, Colombia, Cuba...) ao mesmo tempo que comezan a castelanizar tódolos nomes de vilas e aldeas na Wikipedia; as clases inferiores usando a lóxica de Parvódides asocian o castelán co progreso e tentan imitar aos seus xefes. Estos subalternos de espírito de escravo infectan con esta moda ós seus veciños, entre eles surxen imitadores, pepeiros e reintegratas; a loita de clases alcanza cumes estúpidos durante a Guerra Civil Española e dela sae a democracia orgánica de Francisco Franco, un galego que conseguirá a independencia da Galiza ao mesmo tempo que se anexiona Galicia do Sur, enchendo de industrias a Galicia profunda e sacándoaa do seu atraso institucional.

Todas estas medidas serían derrogadas polo goberno sindical de Manuel Fraga e do PP, que entrega Galicia do Sur ao goberno moro de Lisboa, e deixa que Bruxelas funda na miseria a Galicia profunda, a diglosia remata invadindo todo, ata que na etapa do bipartito co goberno de PSOE e BNG se xira cara a inmersión lingüística facendo que os bispos se boten á rúa contra da lei que lles obriga a dar homilías en galego reintegrata, os terroristas de Galicia Bilingüe intensifican os seus atentados e os muíños eólicos viran tolos por unvirus informático provinte de Iberdrola e cometeron asasinatos de pobres pegureiros pepeiros. Tras estos ascándalosos escándalos chegou Alberto Núñez Feijóo no seu decreto do Plurilingüismo, dictou que os pais (si, eses que cando a mestra lles pon un xusto suspenso aos fillos deles van e lle parten a cara) van elexir a língua na que lle ensinarán cousas inútiles ao seu fillo entre os 1 e 20 anos, que o alumnado pode contestar en castelán ou piamontés nunha clase de galego, etc.

Uso do castrapo[editar]

Castrapo.jpg

O Castrapo é falado por 90% da poboación de Galicia. É o moderno galego. A frase típica do castrapo é: O tapartas o voute fostiar, lanjrán! O uso do castrapo ocorre en cidades galegas como Vigo, Santiago ou na Coruña, onde conviven galegofalantes e casteláfalantes en situación de conflito.

Exemplo:

  • Castrapo: Pecha la ventana.
  • Castellano: Cierra la ventana.
  • Galego: Pecha a ventá, Pecha a fiestra, Pecha a xanela (nota: o verbo "fechar" tamén existe no galego con igual significado que en portugués, aínda que o comunmente usado sexa "pechar").
  • Portugués: Fecha a fiestra ou Fecha a janela

Cadro comparativo do Castrapo[editar]

O castrapo está dividido en graos. Esta é unha clasificación que fago dada a fixar-me como me falan e como escriben as persoas galegas en YouTube, divido o en 5 bloques ou niveis.

Castrapo Galego Castelá Portugués
Deséolle un bo día, señor. Deséxolle un bo día, señor. Le deseo un buen día, señor. Desejo-lhe um bom dia, senhor.
Este ano disfrutei moito das vacacións e do verano na casa da abuela. Este ano gocei moito das vacacións e do verán na casa da avoa. Este año disfruté mucho de las vacaciones y del verano en casa de la abuela. Este ano desfrutei muito das férias e do verão na casa da avó.
Comimos un bo jamón e me sinto un pouco farto xa... Comimos/Xantamos un bo xamón e síntome un pouco farto xa... Comimos un buen jamón y me siento un poco harto ya... Comemos/Almoçamos um bom presunto e sinto-me um pouco farto já...
Siempre ríe cuando arrumbo mi habitación. Sempre ri cando arrumbo/arrombo o meu dormitorio. Siempre se ríe cuando ordeno mi habitación. Sempre ri quando arrumo/ordeio o meu dormitório.
No doy hecho los deberes. Non dou feito os deberes. No consigo terminar de hacer los deberes. Não consigo acabar de fazer os deveres.
Un litro de aceche. Un litro de aceite. Un litro de aceite. Um litro de azeite.

Desgalería de castrapadas[editar]

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Castrapo.

Outros artigos[editar]


V  C  E h
Desviacións respecto á Norma
Lingua galega-02.jpg
Lusismo (v. tamén Reintegracionismo) · Hipergaleguismo · Arcaísmo · Vulgarismo · Dialectalismo
Castelanismo (fonético · léxico · morfosintáctico · ortográfico · semántico) (v. tamén Castrapo e compendio na Desgalipedia.)