Castroncán

De Desgalipedia


Castroncán
Castroncan3.jpg
O primeiro Castroncán coñecido.
Classificación Pseudocientífica
Reino: Animallia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia Castrexa
Orde: Carnivora/Silvicola
Familia: Canidae/Cabrae
Xénero: Cabra/canis (xénero)
Espécie: en alza.
Nome Pseudocientífico
Galaicus castricis canus

O castroncán é unha especie depredarora e silvícola do xénero "radioactivitate animallus" presente nas selvas galegas trala gran despoboación de finais do século XXI que afectou á Galicia interior (excepto vilas comarcais e Covipor).

Historia[editar]

Un castroncán na serra do Galiñeiro.

Este animal novo xurdiu non sa sabe mo cando, pero debeu ser no Politicífero inferior na Galicia profunda, suponse que por verquidos ilegais aínda que teóricos da conspiración como Bruño Cardeñosa afirman que fuxiron de instalacións militares onde experimentaba o Doutor Bacterio con xenes hispánicos, mentres que Antón Rebollido afirma que foron traídos polos mouros pra guiarnos polo mal camiño que levamos con tanto cambio climático.

Fisiloxía[editar]

o famoso castroncán a punto de facer un spot pra algunha marca de papel do .

Ten unha estrutura rectangular con seis protuberancias equivalentes que lle permiten un amplo rexistro de movementos sen perder pé por iso seu hábitat é moi extenso e a Seprona loita pra controlalo, dispón de cinco membros (dous brazos, dúas patas e un carallo) cos cales se traslada pola paisaxe e devora todo tipo de seres vivos e inertes coa súa boca provista de tres fileiras de dentes que lle permiten comer unha gran variedade de materiais.

Ecoloxía[editar]

Este ente biolóxico galego vive na Galicia interior, onde grazas a que apenas hai humanos debido á despoboación que afectoua esta zona e deixou miles de aldeas abandonadas pola guerra e a continua inestabilidade na rexión debido ás mala relacións entre señores da guerra pepeiros. Actualmente esta especie está nun baleiro legal, polo que as mafias aprovéitanse pra aclimatala a outros países (en Galiza só se vende como mascota) e así servir como plato exótico na cociña chinesa e mesmo como animal deportivo en pelexas de animais.

O castroncán aliméntase de mozo de leite materno e sangue paterno, na pubertade comeza a comer vexetais pasando na última fase á carne (preferentemente de gavidiotas) e ao ser adulto come de todo, aqmosando preferencia polo cocido e o lacón con grelos.