Castroverde

De Desgalipedia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Castroverde (homónimos).
Castroverde
Escudo de Castroverde
Possesor.jpg
O terratenente romano de Soutomerille.
Situación
Situacion Castroverde.PNG
Xentilicio[1] vaqueiro.
Xeografía
Provincia Lujo
Comarca Lucus augusti.
Poboación vacas hab. (2018)
Área km²
Densidade hab./km²
Entidades de poboación
Capital do concello
Política ()
Alcalde John Waine. ()
Concelleiros BNG:
PPdeG:
PSdeG-PSOE:
Outros:
elección dixital
Uso do galego[2] ()
Galegofalantes 100 %
Páxina web oficial
Muu!.gal
  1. Véxase no Desgalizionario.
  2. Datos dos tempos de Manuel Fraga publicados en 2018, ou non.

Castroverde é un concello semideshabitado da Galicia profunda, a pesares e facer a festa da xuventude esta prefire fuxir pra Lugo. Na súa contorna tivo lugar a Batalla de Montecubeiro, que en breves será a capital do concello.

Historia[editar]

Castroverde foi fundado polos mouros pra ter un castro só con mulleres e así ir gosar alí delas, mais os romanos roubáronllas e puxéronos a traballar gratis pra elas dado que controlaban a OTAN. Na Idade Media o Reino Suevo edificou a igrexa de Soutomerille pra ver se os naturais de aquí se cristianizaban dunha puta vez e deixaban de facer ofrendas ós deuses e llelas facían á Igrexa católica, que logo lle vendeu as terras conseguidas á Casa de Lemos e cando estes marcharon pra Corte a Madrid vendéronllas á Casa de Altamira.

Aquí en Castroverde desenrolouse a Batalla de Montecubeiro entre as tropas imperialistas do rei Asturiano Silos é no Vengo I e os labregos anarquistas da zona que non querían pagarlle impostos. Foron derrotados e masacrados, as súas terras repartíronas entre os nobres asturianos, que encheron o lugar con escravos moros que son os antergos de toda a xente de aquí. O resto da súa historia é dos campesiños pagando impostos aos ricos, que decidiron facerse unha igrexa monumental en Vilabade. Mentres tanto, quedoulles un copipego bastante funesto debido a que non lle fixeron puto caso ao arquitecto municipal (xa se sabe comos son os aristócratas de parvos...). Logo decidiron facerse cada ún o seu pazo para poder vir no verán aquí a que os visen os seus súbditos, agora xa non veñen porque Hacienda che cobra desde Madrid.

Se na Idade Media aquí houbo guerra, a Idade Contemporánea non ía ser menos, e por aquí sucederon algúns capítulos interesantes das Guerras Carlistas:

  • Episodio do Castelo de Castroverde: un dos señoritos da Casa de Altamira quixo xogar con ambas cartas porque iso de abandoar o Antigo Réxime polo Capitalismo non o tiña claro. Asi que utilizou a seu primo parvo e meteuno cos carlistas dándolle uns cantos reás para xuntar unha pandilla de matóns e mortos de fame guiados polo crego. Parapetáronse na torre de homenaxe e adicáronse a impedir o cobro de impostos e queimar páxinas do censo, así como roubar aos empresarios locais e pedir o dereito de pernada. Iso durante meses ata que os labregos se cansaron deles e acompañados polos voluntarios da Milicia nacional (un corpo paramilitar de revolucionarios antiseñoriais) foron asediar o castelo, como os de dentro non querían saír comezaron a facer botellón fóra e vendo que había chatis os de dentro saíron e así prendéronos e os fixeron picadillo para voitres.
  • Episodio de Miranda: os carlistas viñeron aquí a por pan pero como os ferreiros estaban todos en Montecubeiro tiveron que roelo e quedaron coa boca chagada polo que deixaron de xogar ao rol e buscaron putas, como non as había tiveron que facerse gays, ao ver iso o cura que mandaba neles fusilounos a todos e así acabou a partida carlista naquel intre.

Trinta anos amis tarde os fillos dos carlistas volvéron facer outra guerra civil, pero nesta tiveron axuda de Hitler e organizaron a Guerra Civil Española (a número 3) matando a varias persoas de Castroverde porque non querían sintonizar nos seus televisores a Intereconomía ou Telecinco.

Xeografía[editar]

Mapa de Castroverde no século XIX.

Castroverde atópase CASE no centro da provincia luguesa , ao pé do Monte Pradairo entre a meseta de Lugo e o val de Baleira, grazas ó alcantarillado baixo Castroverde nace o río Tórdea, aínda que tamén vai algo ao rego de San Paio, debido á súa posición xeoestratéxica por aquí pasaba un camiño dos megaliteiros, que logo foi reaproveitado polos romanos para facer pasar por aquí unha calzada que logo os suevos modernizaron para facer pasar por aquí o Camiño de Santiago.

Clima[editar]

O concelloe ten clima descoñecido, seus habitantes fuxiron del será por algo.

Flora e Fauna[editar]

Moita e salvaxe, algúns pensan que se tragaron ós humanos de por aquí.

Economía[editar]

Fuxir pra Lugo capital ou tentar vender os excedentes do gando á industria dos hoteis coreanos.

Parroquias[editar]

V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Castroverde
Escudo de Castroverde.jpg
Agustín (Santa María) | Arcos (San Paio) | Barredo (San Xoán) | Barredo (Santo André) | Barreiros (San Cosme) | Bolaño (Santa Baia) | Cellán de Calvos (San Salvador) | Cellán de Mosteiro (San Pedro) | Covelas (San Miguel) | Espasande (Santiago) | A Frairía (Santa María) | Furís (Santo Estevo) | Goi (Santa María Madanela) | Masoucos (Santiago) | A Meda (Santiago) | Miranda (Santiago) | Mirandela (Santo André) | Monte (Santa María) | Montecubeiro (San Cibrao) | Moreira (Santa María) | Paderne (Santo Estevo) | Páramo (San Miguel) | Pena (Santa María Madanela) | Pereiramá (San Xulián) | A Pumarega (Santa Mariña) | Rebordaos (San Xurxo) | Recesende (San Cibrao) | Riomol (San Pedro) | San Miguel do Camiño (San Miguel) | Serés (San Pedro) | Souto de Torres (San Tomé) | Soutomerille (San Salvador) | Tórdea (San Tomé) | Uriz (Santa María) | Vilabade (Santa María) | Vilalle (San Pedro) | Vilariño (Santiago)

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Castroverde.

Outros artigos[editar]

V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia de Lugo Lugo (provincia).svg.png
Provincia de Lugo en debuxo.jpg
Abadín - Alfoz - Antas de Ulla - Baleira - Baralla - Barreiros - Becerreá - Begonte - Bóveda - Burela - Carballedo - Castro de Rei - Castroverde - Cervantes - Cervo - Chantada - O Corgo - Cospeito - Folgoso do Courel - A Fonsagrada - Foz - Friol - Guitiriz - Guntín - O Incio - Láncara - Lourenzá - Lugo - Meira - Mondoñedo - Monforte de Lemos - Monterroso - Muras - Navia de Suarna - Negueira de Muñiz - As Nogais - Ourol - Outeiro de Rei - Palas de Rei - Pantón - Paradela - O Páramo - A Pastoriza - Pedrafita do Cebreiro - A Pobra do Brollón - Pol - A Pontenova - Portomarín - Quiroga - Rábade - Ribadeo - Ribas de Sil - Ribeira de Piquín - Riotorto - Samos - Sarria - O Saviñao - Sober - Taboada - Trabada - Triacastela - O Valadouro - O Vicedo - Vilalba - Viveiro - Xermade - Xove


V  C  E h
Concellos da Comarca de Lugo
Comarca de Lugo
Castroverde
Castroverde
O Corgo
O Corgo
Friol
Friol
Guntín
Guntín
Lugo
Lugo
Outeiro de Rei
Outeiro de Rei
Portomarín
Portomarín
Rábade
Rábade