Censura

De Desgalipedia
Ditadores rindo.jpg Este artigo trata de represión e ditadura
Entón, debes aceptar o que está escrito aquí sen dubidar de nada,
ou corre o risco desaparecer misteriosamente pola policía.

Exemplo de como a censura é do povo...
Cita1.pngNa Unión Soviética, a censura é censurada por ti!Cita2.png
Reversal Rusa sobre censura

Por censura enténdese o control da comunicación verbal ou doutras formas de expresión por parte dunha banda de fillos de puta autoridade, xeralmente asociada ao poder pepeiro político. Na maior parte dos casos enténdese que tal control é aplicado no ámbito da comunicación pública, por exemplo a efectuada por medio da prensa ou dos mass media; mais pódese aínda referirse ao control da expresión individual.

Historia[editar]

Exemplos de países e períodos onde a cultura ea liberdade foi amplamente traballada e mutilada por entidades censoras, como:

Tipos de censura[editar]

Censura militar[editar]

A censura militar impide a soldados expor opinións e divulgar informacións que poidan pór en cuestión as institucións militares ou poidan comprometer a seguranza, así como a que estes chefetes son todos uns fillos de puta que están a mandar moitos bos soldados morrer para unha ganancia insignificante na fronte de batalla.

Censura política[editar]

As redes sociais como Facebook e Omegle só permiten a manifestación do sionismo na súa publicación ao disgusto dos diversos imbéciles que publican as súas cadeas fascistas defendidas baixo argumentos defectuosos.

Nos réximes autoritarios a censura impide a individuos, asociacións, partidos e medios de información, divulgar informacións e manifestar puntos de vista contrarios ás opinións do poder executivo persoal do ditador. Tal censura realízase a través da prohibición de todo a través do control preventivo dos contidos divulgados polos medios de comunicación.

Censura relixiosa[editar]

A Igrexa Católica tivo moito coidado coa censura nas artes.

A censura relixiosa está presente en moitas relixións, tanto no pasado, como hoxe. Entre os exemplos históricos baste lembrar o Índice de libros prohibidos da Igrexa Católica, abolido no século pasado. Dado o contexto histórico no que se exercía, segundo algúns, era en realidade, un caso de censura política, antes que relixiosa. E que científicos como Galileo Galilei non puideron expoñer e nin defender as súas obras, xa que moitos paspáns aínda pensan que a Terra está no centro do Universo e os outros planetas, así como o Sol, rodan arredor dela. Segundo outros esta observación resulta bastante banal, dado que calquera actividade humana ocorre sempre "nun contexto histórico".

Censura carceraria[editar]

Nos sistemas carcerarios a censura serve para impedir que persoas sometidas a restricións de liberdade, a través dos medios de comunicación ao seu alcance (teléfono, correspondencia, visitas de familiares), poidan continuar a delinquir.

Censura moral e estética[editar]

A censura aplicada do xeito correcto.

A censura moral ten a finalidade de impedir que mensaxes reputados como moralmente incorrectos, ofensivos, vulgares ou, outramente, inconvenientes poidan chegar ata o público ou facelo de modo indiscriminado. Un exemplo é a censura aplicada á pornografía e a representacións explícitas da violencia, e que non limitan exclusivamente a accesibilidade aos menores de idade.

Autocensura[editar]

Fálase ás veces de autocensura cando a censura é realizada polo mesmo suxeito que explica unha opinión ou divulga informacións, a fin de evitar difundir contidos desagradábeis para terceiros ou para evitar incorrer en censura. A organización das empresas editoriais presupón, inevitabelmente, unha forma de control e selección dos artigos por parte do director responsábel, sexa por recaer en posíbel responsabilidade xudicial en caso de omitir o control, sexa por garantir a denominada "liña editorial" da empresa. Neste último caso, a maioría dos ordenamentos legais carecen dunha resposta prevista.

Obras censuradas[editar]

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Censura.

Outros artigos censurados[editar]