Cerdedo

De Desgalipedia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Cerdedo (homónimos).
Cerdedo
Bandeira de Cerdedo Escudo de Cerdedo
Cerdedesa.jpg
Hai que ir sempre a misa!
Situación
Situacion Cerdedo.PNG
Xentilicio[1]
Xeografía
Provincia Provincia de Pontevedra
Comarca Comarca de Tabeirós - Terra de Montes PonteKK.
Poboación hab. (2019)
Área km²
Densidade hab./km²
Entidades de poboación
Capital do concello
Política ()
Alcalde ()
Concelleiros BNG:
PPdeG:
PSdeG-PSOE:
Outros:
Uso do galego[2] ()
Galegofalantes 100 %
Páxina web oficial
  1. Véxase no Desgalizionario.
  2. Datos dos tempos de Manuel Fraga publicados en 2019, ou non.
Cita1.pngUno de los pocos pueblitos que non hai que españolizar el nombre, muy bien... pero podrían ponerle "Co" en vez de "cer" y suena mas sexy!Cita2.png
Francisco Vázquez sobre Cerdedo

Cerdedo é un concello do interior da provincia de Vigo, anexionada nos 80 por Pontevedra nun intento van de seguir mantendo seu poder na zona.

Historia[editar]

A capitana Gosende protexendo o Coto das Insuas.

Cerdedo foi fundado polo demo asubiador pra facer unha fábrica de asubíos cos mouros como escravos, mais como non obtivo licencia da deputación tívose que contentar con facer uns cantos muíños pra facer electricidade e venderlla a prezo de risa a Penosa. Aos mouros repartiunos polos montes, que fixeron os castros de Arén, Segón, Vilar, Vilariño, separandos en castro de abaixo (pra que non se pelexaran entre sí) poñendo unha roda nun castro e a outro facéndoo grande (pra que os de Cotobade non lle los invadiran ao baixar do Monte do Sexo) ao final como non tiraba ningunha riqueza de tanta muralla deixoullas todas a san Miguel, que tentou chmar a Cthulhu facéndolle unha capela no alto dun outeiro, ao non obter resposta do espacio sideral marchou tamén.

Xeografía[editar]

Cerdeddo atópase no medio da provincia de Vigo, rodeado por Cotobade, Forcarei, Lama e Pontemerda.

Toso os regatos que hai na zona son culpa do Monte do Sexo, onde as mouras teñen soños húmidos e logo perden líquidos ninfomaníacos que baixan até formar regatos polas ladeiras abaixo.

Flora e fauna[editar]

Debido á gran praga australiana xa só queda eucalipto por todas partes, porén non veu tamén o koala o que fixo que se convertise nun deserto forestal no que aínda se poden atopar cidades mais perdidas neste inferno verde, así como tribos indíxenas que nunca viron avións, patrullas de xaponeses que pensan que a IIª Guerra Mundial aínda non rematou, ustachas que tentan indepoendizar Galiza seguindo as directrices de Manuel Murguía, chetniks guiados polo clon de Manuel Fraga, milicianos espartaquistas de Moncho Reboiras, etc.

Economía[editar]

Cerdedo vive do turismo ocultista (casa rural de Papus, carballo metaloplástico de Fernando Pessoa, pozo de Aleister Crowley) e da economía colonial española, que lle dá unhas cantas subvencións para ter amarrado este concello e non se aga utoxestionario.

Lugares de Cerdedo[editar]

Monumentos de Cerdedo[editar]

Interior da igrexa neoclásica de san Xoán, cos santos Marx e Engels.
  • Laxa do Sangal: onde os petroglifenses e demais chamáns galegos representaban en pedra as súas alucinacións de peiote galaico.
  • Outeiro do Mestre: onde Merlín e Gandalf facían orxías para invocar a Cthulhu e Dagon.
  • Monte dos Castelos: pedras sacrificiais en honor ao deus Cristo (un deus caníbal que invita a seus devotos a que o devoren) e a Virxe María.
  • Coto de Mámoas: feito polos tumularios para levar seu ouro ao Alén!
  • Ponte Romana sobre o Lérez: feita por Pijus Magníficus grazas ós altos impostos roubados ós galaicos para poder pasar na súa roulotte cara Pontus Merderis.
  • Igrexa neoclásica de San Xoán Bautista: feia polo konsomol local nos tempos do fraguismo do Antigo Réxime para sacar a galicia do atraso e voase cara Deus!
  • Capela de santo Antón: feita por unha seita local de arborícolas.
  • Eira da hermida, en Castro: conxunto de almacéns protohistóricos onde os indíxenas gardaban ás vítima para seus sacrificios cruentos.
  • Canastro de San Martiño: máquina empregada polos labregos para viaxar no tempo.
  • Ponte de Valoutas: construida por Napoleón Bonaparte para que os galegos visen que non eran tan malo.
  • Casa dos Taboada: onde se conservan dous garda civís convertidos en pedra polo poder miragreiro de sant Bárbara (que ao velos vir pensou que eran uns nazgul e os petrificou coa ollada).

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Cerdedo.

Outros artigos[editar]


V  C  E h
Concellos da Comarca de Tabeirós - Terra de Montes
Comarca de Tabeirós – Terra de Montes
Cerdedo
Cerdedo
A Estrada
A Estrada
Forcarei
Forcarei
V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia de Pontevedra
Situacion Provincia de Pontevedra.PNG
Agolada - Arbo - Baiona - Barro - Bueu - Caldas de Reis - Cambados - Campo Lameiro - Cangas - A Cañiza - Catoira - Cerdedo-Cotobade - Covelo - Crecente - Cuntis - Dozón - A Estrada - Forcarei - Fornelos de Montes - Gondomar - O Grove - A Guarda - A Illa de Arousa - Lalín - A Lama - Marín - Meaño - Meis - Moaña - Mondariz - Mondariz-Balneario - Moraña - Mos - As Neves - Nigrán - Oia - Pazos de Borbén - Poio - Ponte Caldelas - Ponteareas - Pontecesures - Pontevedra - O Porriño - Portas - Redondela - Ribadumia - Rodeiro - O Rosal - Salceda de Caselas - Salvaterra de Miño - Sanxenxo - Silleda - Soutomaior - Tomiño - Tui - Valga - Vigo - Vila de Cruces - Vilaboa - Vilagarcía de Arousa - Vilanova de Arousa