Chamán

De Desgalipedia
Chamán
Fragaxaman.jpg
Manuel Fraga xa era homemedicina na Antigüidade...
Información
Editorial
Data de aparición Paleolítico.
Creador do oficio relixión
Alianzas
Compañeiros espírtius varios.
Alias Mago antigo, precrego,medicineman,shaman,bruxo,feiticieiro,tronantre,nubeiro
Parentes primitivos,petroglifenses,megaliteiros.
Poderes Viaxes astrais, sabedoría ancestral, médico, psiquiatra.

"Chamán"(provinte do siberiano Xhaman=viaxante) é un médico profesional altamente cualificado por algunha universidade tipo Miskatonic.

Orixe[editar]

Durante o paleolítico había homes un pouco afeminados qe non querían saír a cazar ou pescar e preferían estar todo o tempo entre mulleres a recolectar(pero logo non querían desolar nin descuartizar animais porque lles daba nojinho), como o de estar man sobre man era pecado comezaron a experimentar con moitas cousas para ver de atopar unha ocupación útil pra vida da tribo, como finalmnte non atoparon nada inventaron a relixión e así pasron a vivir do conto e dos demais.

Descripción fisolóxica[editar]

Soen vestir de forma estrafalari a e con pelo longo, decóranse con todo tipo de trangalhadas e ferrala que atopan pola rúa(téñense atopado esqueletes de chamáns resesos entre as montañas de lixo de Sogama en Cerceda, mortos cando buscaban algunha merda que poñerse na testa).

A veces van vivir a algunha aldea e andan moito polo monte á procura de espíritos e herbas alucinóxenas, se son urbanitas soen vestirse de forma normal pero con algunha decoración ou tatauxe(maorí ou celta a ser posíbel grazas) e decir que son xamáns e poden viaxar ao mundo dos espíritos pra buscar unha solución ó teu cancro de páncreas.

Crenzas do chamán[editar]

Os chamáns pintan penedos cada dous por tresXXX!!

Un bo señor chamán ten toda unha mitoloxía que amosa o seu coñecemento do Macrocosmos e o Microcosmos:

  • Cre na vida mais alá da tumba, o alén, e que o mundo real atópase cheo de espíritus, pantasmas, deuses primixenios, ovnis, políticos honrados, mouros, aparecidos,etc e que tñen influencia sobre as nosas vidas e mediante rituais obscenos pódense mudar en bós pra nós.
  • Que o seu coñecemento(recibido a través de visións do Outro Mundo e dun mestre chamán anterior de renome e incluso editor de libros) é suficiente pra cuar todo tipo de males, tanto psicolóxicos como físicos.
  • Que é capaz de provocarse un viaxe astral e poder viaxar coa súa alma por ahí, sen pagar imposto de rodamento nin ensinar o passport, e logo d evoltar ao seu corpo.

Ferramentas do chamán[editar]

pra poder levar a cabo ben as súas tarefas de medicine man o chamán debe saber usar e ter varios instrumentos:

  • Instrumentos musicais:como tambores, panderetas, campás, cinto de sinos(estilo peliqueiro) , maraca rechea de ósos de animais totémicos,etc
  • Uniforme:feito con peles de animais(como o oso de Salcedo),plumas, ósos...pra protexerse frente a espíritus malvados ou forzas da natureza cos que chocan seus intereses nese intre.
  • Drogas varias:sobre todo a Aiahuasca, Peiote, Khat,Salvia,Burudanga... e mesmo sustancias que ti mesmo podes atopar nalgunha corredoira, como as psilocibes, Estramonio,Beladona...
  • Sabedoría tradicional: xa que as alucinacións que teñen coas drogas son utilizadas logo na súa vida, pintadas nas parades da súa habitación protexen ó habitante contra roubos e pantasmas malvados, ademia sos debuxos que ven durante o trance son representacións simbólicas d efeitos mitolóxicos e heroes culturais e hai que vinculatrse cos antergos. Asi que se entras en trance sen saber mitoloxía é que estás afacer o parvo!!

Historia[editar]

Representación galega dun chamán e seu viaxe astral ao mundo dos espíritos.

Chamáns en Galicia[editar]

Algunhas das visións alucinóxenas dos chamáns

O chamanismo xurdiu aquí no cu do mundo aló no paleolítico, cando os chamáns da tribo pintaban animais na cova de Triacastela pra pedir perdón aos espíritos dos animais por cazalos e así o ritual garantizaba que o espíritu do animal se reenacrnase noutro animal, pra poder seguir cazando.

O chamán segiu existindo e durante o dominio do pobo megaliteiro era o que decoraba o interior da mámoa con debuxos provintes das súas alucinacións e servían ao morto de guía no alén. Durante a etapa petroglifense os chamáns galegos plasmaron súa maxia a través dos petróglifos, ata que na Idade do Bronce foron evolucionando ata dar saerdotes dos grupos armados e logo a cregos na cultura castrexa.

O fenómeno voltou "existir" nestas terras a finais do século XX cando Españistán semellaba convertirse nunha potencia mundial, viñeron emigrantes de América e África, e entre eles algún que outro chamán pra poder atender ós fregueses que vivían en Madrid ou París. Estes chamáns ou algún listo, montou seu estudio nas capitais, sobre todo A Coruña, ond eos pijos van a buscar solucións as súas vidas tomand unha droga ecolóxica, xa que cren na maxia e que tomando modelos culturais descontextualizados poderán ligarse á cachonda do insti ou chegar a ser executivos de Novacaixagalicia e cobrar un sueldazo sen dar patada á auga. Téñense atopado restos de rituais en diversas encrucilladas:Sísamo,Carballo;Fonte do Bico,Muros;cemiterios de Agualada,Laxe,Louro e San Mamede de Muros(que a prensa tilda de satánicos cando en realidade son de santería),Coristanco, Zas