Chapón

De Desgalipedia
Típico chapón facendo cousas de chapón.

Un Chapón é unha persoa que consume de forma ávida e banal algúns bens de consumo (pan, libros) para encher o seu baleiro existencial... En Gitaña coñécense co nom de empollón, e inglés co de nerd, en alemán Stuwerzfhurerstrassefrauheilmzb, etc.

Son froito dunha mutación e reciben o nome científico de Homo Resapiens (o de Re é polo de Retardado), cando descubran que que ser hipster e friki está de moda será o fin do mundo coñecido, sairán dos seus habitáculos abandonando seu ordenador e iranse de discotecas tendo fillos e dominando así ao mundo ao non poder o homo sapiens sapiens evolucionar tan rápido coma eles(pasará igual que cando foi co Neanderthal... só que esta vez serás ti o loser).

Orixe[editar]

Así ven os mestres aos chapóns.

Esta raza foi creada a base de experimentos nos sotos da Lubianka, onde o KGB tentaba crear ao Homo Sovieticus, pero debido á zoupallada en Chernobil o experimento ficou en isto, un ser enclenque que habita bibliotecas e se pasa o día diante da TV sen parcticar deporte algún e acumulando datos estatísticos sobre incidencias de reacción químicas entre Friedrich Nietzsche e Karl Marx.

Estereotipo e críticas[editar]

Así ven os compañeiros aos chapóns.

O uso do termo chapón variou ao longo da historia, ao principio designaba a un lambón, un goloso, unha vítima do pecado da gula... para pasar a designar a persoas que só centran a súa vida no estudio compulsivo.

Debibo á popularidade do termo serviu como arma arroxadiza en colexios e institutos para aquelas persoas que seguen as normas impostas pola tiranía dos adultos, polo que os designados pasaron ao marxe do condenable socialmente entre a mocedade e marxinados xunto a raritos, testemuños de Xeová, feas, [email protected] de países sen prestixio, etc.

Según a crítica marxistoide esta sección da poboación estudiantil é un cobarde que non se atreve a levar a cabo a súa misión histórica de ser a vangarda popular da clase polo que é oprimido polo macho mais popular do seu entorno. Porén os investigadores sociais de Occidente o ven como o futuro übermensch que pasa pola fase surfidora co fin de retroalimentarse logo e así tentar dominar o mundo tras lograr ser Presidente dos Estados Unidos de América (aínda que desde Ronald Reagan esta teoría está desbotada xa que pra ser ésa clase de funcionario só fai falla decir si todo tempo ao complexo militar).

Fisionomía e conduta[editar]

Chapona.jpg

Debido á forte influencia que exerce a vestimenta, clase social na mocidade sobre a conduta presentamos ambas seccións mesturadas para unha maior comprensión:

  • Non responden a modelos psicobiolóxicos atraíntes para seus compañeiros de viaxe, xa que son feos, levan anteollos, non practican deportes físicos, son vestidos según caprichos de seus pais coma se fosen á primeira comuñón, radicais (ou son delgados ou obesos), non miran aos ollos de seus interlocutores e falan para o colo de súas camisas a cadros que levan baixo un xersei demodé mentres falan sós e entran en shock hipovolémico en canto pasa a seu lado algún membro do sexo femenino.
  • Debido a fallas no seu entrenamento social teñen unha persoalidade débil que os leva a seguir patróns de conduta impostos polos seus pais ou titores legais, iso fai que sexan denigrados no insti, onde unha persoa é considerada con persialidade se fai o revés que seus proxenitores agardan del.
  • [email protected] mulleres/homes [email protected] saben que son uns mutantes, razón pola que non buscan aparearse con [email protected] e son marxinados, alí nos marxes da sociedade xuvenil teñen que sobrevivir entre malotes tripitidores, chulos de barrio, frikis (que sempre buscan aliarse con eles co fin de obter un compañeiro de xogo nas partidas de rol),fumetas, montunos, etc.
  • Soen alimentarse seguindo estritas indicacións da señorita Rottenmeier pero como apenas teñen fame e sí moita dor da cabeza comen pouco ou demasiado, este desfase entre seu ing e iang fai que anden desnortador pola vida tentando estudar ben todo e ter plans futuros de sacarse o maior númerode carreiras á vez. Debido á súa non inxesta de alcol en grandes cantidades descoñecen todo o que a vida lles depara en realidade e iso retrase aínda mais o seu nivel deintegración social.
  • O seu hábitat son lugares isolados e con pouca xente (si non é así búscanos), onde poder dar renda solta a seu odio porque seus pais non vivan en Nova York, onde seguramente serían os futuros Bill Gates.
  • Non soen maquillarse nin prestar moita atención a súa imaxe, así en vez de copiar á band boy de turno van vestidos como queren súas nais e peinados como Aznar no 80.

Sabías que...?[editar]

Coidado se entras en contato visual con iles na festaparty.
  • ... en aragonés Chapón é o nome que recibe Xapón? E por iso aquilo está cheo de tribos urbanas?
  • ... o seu deporte é o xadrez?
  • ... todos queren ser como Álex de la Iglesia(que comezou facendo cine friki e ten unha moza cachonda) pero coa fama de Tarantino ou Takeshi Kitano?
  • ... nunca deberías meterte cun chapón? No futuro pode ser o teu xefe...
  • ... deberias procurar rodearte deles se queres ter unha pandilla leal que te siga ata a morte mais alá?
  • ... ligarias mais se te consegues unir a varios chapóns? As mestras maduritas de bon ver comezarían a fixarse en ti!
  • ... son os únicos cos que poderías sobrevivir de darse o caso dunha invasión extraterrestre?
  • ... teñen superpoderes pero que son anulados polo fume dos petas?
  • ... os abusóns que os atacan porque en realidade son gays e así dando un aspeto sádico procuran que non se lles note?
  • ... si quere ster experiencias inquietantes deberías invitalos a unha ouija?

Chapóns famosos[editar]