Cidade

De Desgalipedia
Unha cidade á tardiña.

A cidade é actualmente considerada como unha entidade urbana con alta densidade de poboación ou banda de persoas vivindo no mesmo punto xeográfico na que predominan fundamentalmente a industria e os servizos. Diferénciase doutras entidades urbanas por diversos criterios, entre os que se inclúen poboación, densidade de poboación ou estatuto legal, aínda que a súa distinción varía entre países.

Concepto[editar]

A cidade na antiga Roma[editar]

Pero non sempre foi así. Na Roma antiga era cidade (civitas) a zona habitada por cidadáns (civites), os cales eran aqueles que posuían dereitos cidadáns, independentemente da súa actividade, fóra a industria, a agricultura ou os servizos. O Coliseo servía para eliminar os bandidos de Roma, facéndose os loitar entre si. Cada cidadán romano recibía unha bolsa de trigo e sal por mes para servir o exército e manter os fillos da escola.

A cidade medieval e renacentista na Península Ibérica[editar]

Unha cidade no medievo.

Na España medieval e do renacemento, unha cidade era a poboación que non tiña Señor e era rexida directamente polo rei, é dicir, este era o Señor. Tiña o privilexio de enviar procuradores ás cortes para negociar as taxas que lle puidesen ser impostas, a cambio de Foros. Esta cualificación de cidade era independente do tamaño, así, Madrid, capital de España desde 1561, non era cidade senón vila.

O concepto de cidade na Conferencia Europea de Estatística de Praga[editar]

Partes dunha cidade[editar]

Hot Wheels city maxresdefault.jpg

As cidades antigas non se planificaban (agás as romanas), polo que non todas constan dos mesmos elementos (as primeiras cidades datan do 3500 a.C. en Mesopotamia). En xeral, con todo, unha cidade consta do núcleo histórico coma orixe da cidade chea de ricos e comerciantes coas súas tendas, ensanches posteriores de diferentes épocas, zonas residenciais, zonas industriais (usualmente nos arredores) destruíndo a natureza en nome do progreso dos ricos e centros sociais, aínda que algunhas destas áreas poden superpoñer as súas funcións. As diferentes partes, que forman a estrutura urbana, están conectadas por un sistema de transporte público moitas veces deficiente.

Principais cidades[editar]

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Cidade.

Outros artigos[editar]