Cidade da Cultura de Galicia

De Desgalipedia
Cidade da Cultura
300px

Cidade da Cultura

País Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Cidade Santiago de Compostela, A Coruña
Tipo Cultural, histórico
Inauguración 11 de xaneiro de 2011
Enderezo Monte Gaiás en Santiago de Compostela

A Cidade da Cultura de Galicia (ou CdC) é un deserto poboacional que o goberno de Manuel Fraga encheu de Obra pública ao lado de Santiago de Compostela. O complexo tratará de reconciliar a conservación de patrimonio (saqueando aldeas sen poder político e sacándolle o seu patrimonio) coa produción de coñecemento (facer talleres de plastidecores prós nenos), investigación (laboratorios onde se trata de romper a cuarta parede), creación (concertos de jipis, rojos, culturetas desnortados, gays) e consumo cultural (exposicións sobre as pedras, sobre a luz do sol sobre os mil nomes da choiva, etc).

A idea[editar]

O gran estalido neuronal prodúxose no cerebro dalgún conselleiro que as crónicas do Reino de Galicia non refiern, pero que Don Manuel a tomou en conta, había que meter a tódolos peregrinos nunha cámara granítica pra que súas almas voasen cara Niarlathotep tras facer o Camiño de Santiago. Mais outro conselleiro, Xesús Pérez Varela, sementou na cabeza do amado líder que o povo galego peregrinaría con máis fervor se alí na gran pirámide se alzaban algúns anexos con cousas de prestixio (como unha cafetería con caldos do paíse logo moita cousa de arte, libros, cantantes...).

Así en 1999 a Xunta de Galicia fixo o anuncio de que ía construir unha gran complexo turístico-artístico nun monte abandonado e sería a competencia da Catedral de Compostela, ao concurso presentáronse grandes arquitectos, como o feo dos irmáns Calatrava, o fillo de Ricardo Bofill cun par de femias quentapirolas, mais quen gañou foi un tal Peter Eisenman cunha gran idea revlucionaria; montar unha montaña de granito na cima dunha montaña de xestas, toxos, feldespato, mica, curazo, aluminio e putalamio.

O Proxecto[editar]

Wikidestrución das Torres Hejduk.jpg

O proxecto de Eisenman crea un novo cumio no cumio do Monte Gaiás. Trátase duns edificios pétrea que lembran un pregamento xeolóxico con forma de vieira (o símbolo do gran loa do Vudú o Apóstolo Santiago). O proxecto quere dar a idea nova e revolucionaria de que se poden aproveitar as montañas pra facer casas nelas.

A proposta de Eisenman constitúe unha acrópole típica da Sociedade do espectáculo nun outeiro que convoca a turistas coa bola chea de euriños pra deixaren na cafetería do coñecemento. Nos seus espazos, a Cidade da Cultura acollerá servizos e actividades destinados á preservación do patrimonio e da memoria e así a identidade galega quedará pechada entre estes muros e que morra en paz sen que ninguén se enteire, ao tempo que se centraliza a producción artística e mental do ser humán galego pra que faga mellores campañas pro PP.

As obras de construción da Cidade da Cultura foron obxecto de atención do programa Extreme Engineering, emitido en Discovery Channel, que se centra en presentar proxectos arquitectónicos e de enxeñería caracterizados polo seu tamaño ou dificultade excepcionais, xa que a Cidade da Cultura está construída en granito, unha pedra traída do espacio exterior cunha dureza superior ós peitos de Yara Lamas.

O complexo[editar]

Courage, Muriel e Eustaquio visitando a Cidade da Cultura.
  • Cafetería da CdC: o lugar máis visitado do gran complexo cultural galego.
  • Biblioteca de Galicia: ampla, luminosa e moi apropiada pra xogar ás pantasmas debido ó eco que producen súas paredes e animan e concentran na lectura, ademais non ten mesas pero si uns sillóns moi cómodos pra dormir na biblioteca, que mellor compañía que a dos libros.
  • Mausoleo faraónico de Don Manuel: coas súas escadas ó interior tónico, a grande galería con estatuas do prócer e dos santos, as habitacións do axuar (onde se atopan os seus bastóns, sombreiros, pins do Pelegrín, camisas e agasallos recibidos de distintos líderes do mundo) e a cámara funeraria (co seu sarcófago de granito repleto de inscripcións xeroglíficas en español, símbolos protectores: esvásticas, xugos e frechas). A tumba foi protexida con varias maldicións ad hoc preparadas polas meigas mais famosas do país.
  • Arquivo de Galicia:
  • Centro de Música e das Artes escénicas: tras varios intentos a Xunta de Feijóo de cidiu parar a construcción destes edificios porque non atopaba ningún artista da súa corda e Xoán Pardo xa morrera.
  • Centro de Arte internacional: tamén foi derogada a súa construcción, según Feijóo porque non había money, según o PSOE porque Compostela non tiña tanto poder como A Coruña, según meu pai porque os artistas extranseiros non saben onde ficamos, según miña avoa porque aos galegos non nos fai falta lugares culturais e sí un sitio pra emigrar, según o crego da parroquia porque Deus teña mais sitios e mellores e gratuitos con arte internacional nas igrexas (claro o románico e o barroco veñen doutros países).
  • Edificio de Servizos sexuais: onde varias funcionarias ensinan aos turistas o usos e costumes sexuais galegos que forman parte do noso patrimonio histórico inmaterial.

Obras da Cidade de Cultura e redefinicións[editar]

As obras de construción comezaron en 2001 (cun orzamento de 108 millóns de euros). O tamaño das obras, o desfase entre o custo real e o presupostado e a tardanza na execución das obras fixeron que tódolos galegos se escandalizasen e votaron ao PP do Poder. Mais o goberno de Fraga en funcións (mentres non collían o poder os elexidos) do cal formaba parte Feijóo, que sempredixo que "non fuin Yeu" entregou as obras públicas a unha unión de empresas formada por Acciona, Copasa e OHL e O Centro de Arte por 30 millóns a Acciona e Copasa.

Tralo cambio de goberno na Xunta de Galicia, en 2006 a nova Consellería de Cultura redefiniu o proxecto pra que benefixciase a Galicia e non ao Faraón Fraga. Xa se estaba gastando o triple do previsto, nembargantes as obras paraliza´ronse temporalamnete e Touriño segiu adiante con elas.

A redefinicións só afectaron ós edificios que aínda non foran construidos (Teatro da Música e o Edificio de Novas Tecnoloxías), paráronse as obras pra pedir asesoramento, houbo que indemnizar ás constructoras(debido ás cláusulas do contrato firmada por Fraga que penalizaba a detención de obras ao goberno entrante)Ambos consorcios foron indemnizados por parar as obras en 2006 e 2007 (220.000 euros) e desde finais de 2011 ata 2014 (447.000 euros). o Bipartito tivo que cargar co marrón, e xunto a outros erros perderon as eleccións.

En 2012 e gastado 400 millóns de euros e con só catro edificios construidos dos seis proxectados en 2001, parouse a súa construcción tras unha votación no parlamento dunha moción do BNG pedindo a paralización da construcción, o PSOE abstívose e o PP ía decir que non, que seguían adiante ata que no último momento chamou Feijóo ós seus diputados e lles ordeou que apoiaran a moción do bloque e así parouse de construir o CdC.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Cidade da Cultura de Galicia.

Outros artigos[editar]