Cine

De Desgalipedia
O Cine manipulando a un rapaz pra que se faga heterosexual e merque moitas lambetadas.

O Cine é unha ferramenta de manipulación mental inventada pra dominar o Mundo.

Historia do Cine[editar]

Os irmáns xemelgos inventores do cinematógrafo.

O Cine inventouse en Francia onde uns irmáns xemelgos cansos de ir sempre de putas e non lles cobrasen por un só decidieron inventar un sistema mecánico de dar renda solta ós seus instintos animais, inventando desta forma o cine, evidentemente para fabricalo nas fábricas decidiron vender a idea como un artiluxio pra educar nenos vendo vidas de santos e pais da Patria, como Breogán, e foron por todas as feiras facéndolle a competencia ao circo, teatro, títeres...a quenes acabou por devorar.

Logo o invento o venderon a quen mellor o pagaba e foi mercado por varios millonarios yanquis excéntricos pa poder mostrar ós demais os multimillonarios que eran a través de curtametraxes onde aparecían como capitáns da industria salvando a humanidade de caer no salvaxismo, pero un deles caeu na bancarrota tras a compra de varias participacións preferente de Novacaixagalicia Banco, e pra tentar recapitalizarse comezou a copiar clásicos da Literatura e así foi como inventou o cine comercial e voltou ser rico actualmente seguimos vendo o de sempre pero con mais efectos audiovisuais, ademais de ser usado polos USA pra convencer a todo o mundo de que Nova Iorque é capital do mundo e o seu país un lugar paradisíaco mentre so resto do mundo hai secuestros, terroristas, rúas cheas de lixo e onde se practica zoofilia.

Xénero[editar]

Os filmes tieron logo varios temas e así foise inventando mais trapalladas pra sacarche os cartos do peto.

Romántico[editar]

E o vento os levou...

A pesar do título tan conmovedor nesta clase de cine só se mostran como dous humanos tentan casar por riba dos desexos dos demais, soéles gustar moito ás putas e adolescentes con paxaros na cabeza, normalmente a medicina aborrece desta temática e aconsella non velas senon queres ser diabético perdido o resto da túa vida.Entres as cintas deste xénero as mais vistas son:

  • O que o vento os elevou (menos mal que se o levou): Un home e unha muller quérense pero como ela é unha señorita preguizeira da A Coruña e él é un gandeiro de Lugo tardan como catro horas en asimilar os seus sentimentos.
  • Titanic: un morto de fame convence a unha pija desclasada de que o amor non son os negocios, e ten éxito con ela!
  • Crepúsculo:unha adolescente vése acosada sexualmente por un chuchasangues e un lobishome, debido ó ambiente machista onde vive(os Estados Unidos de América) debe elixir con quen casar ou un tribunal mormón fará que a apedreen.

Terror[editar]

Xénero que serve pra levar as mozas santurronas e poder meterlles man mentres berran de medo, entre as mais famosas están:

  • As películas de monstros: como Drácula, Frankenstein, Alien, Drácula I II e III, Frankenstein revenge, A Filla de Frankenstein a moza de Frankenstein, a pirola de Frankenstein, Alberte Einstein o irmán de Frankenstein,O Amencer dos mortos viventes.
  • As películas de pantasmas: O Resplandor, O Exorcista, O Exorcista II, O Exorcista antes de ser Exorcista, o Demo en bicicleta, Ghostbusters, O Sexto Sentido, Poltergeist, Poltergeist II: cando trasladan o cemiterio a México, The House on Haunted Hill, A Maldición, Ringu, Ugetsu Monogatari,A Santa Compaña en As vegas...

Comedias[editar]

Son as mais intelectuais e o seu significado apenas se capta nun `primer visionado, por iso se debe de ver varias veces e iso fai que sexa as que mais recaudan, exieten varios subtipos: Comedia Alta (onde saen pijos usando lenguaxe barriobaixeira) Comedia Antigua (na que sae teu tataravó facendo chsites sobre Franco) Comedia Baixa(que como non teñas formación universitaria non entendes nada) Comedia de Exclusión (onde se ríen dos yanquis e das súas crenzas animistas de carácter mesolítico):

  • Scary Movie 1, 2, 3, 4...
  • Virxe aos 40: biopic sobre os mozos de Valladolid que non poden ter relacións sexuais até que se casen.
  • casi 300: onde un batallón de marines tense que enfrentar contra todo o exército Talibán.
  • <agoche nome de película> 1, 2, 3: onde un executivo de Coca-Cola mira de trepar ao máximo cargo lambendo cús.
  • O mociño Frankenstein: onde un mozo de Ourense tenta reanimar a seu pai pra que poda ir votar a Baltar e así seguir traballando na Diputación.

Policiais[editar]

Onde se mostran como os policías son os funcionarios mais corruptos,actualmente estas pelis están en decadencia debido á competencia das series de Televisión:

  • Un Policía contra 300 malos.
  • Un Policía e unha señora contra os malos:na cal os malos resultan ser os seus propios xefes.
  • L.A. Confidential:onde se ve como a policía dos Anxos (California) está chea de malvados pornógrafos.

Bélicas[editar]

Al saraf-04.jpg

Neste tipo de filmes non se sabe exactamene quen son os bos e os malos, e semella que os que mandan son marionetas de poderes totalitarios que lles obrigan a matar miles de persoas ou enviar xudeus a campos de concentración sen unha razón clara, a maioría destes filmes tratan sobre a Segunda Guerra Mundial ou guerras dos USA contra malvados países do Eixo do Mal:

  • Apocalypse Now: film antibelicista.. e sen embargo vése a guerra como moi estética...
  • Doce do patíbulo: onde un comando formado por maricóns que estaban condeados a morte pola lexislación estadounidense son usados como carne de canón pra impedir que un convoio nazi se leve obras de arte pra Alemaña lonxe da destrucción da guerra.
  • O último mohicano: onde se lle botaa culpa da extinció dos indios en Norteamérica ao conflicto entre o Imperio británico e o Imperio Francés.

Suspense[editar]

Can asasino.jpg

Esta clase de filmes estás todo o tempo en tensión ou confuso xa que non sabes quen é bo e o malo, ou se o sabes non podes adiviñar como vai saír vivo dos problemas, razón pola cal acabas sendo un conspiranoico e acabas por torturar á moza pra saber se é unha axente do KGB, un alieníxena imperialista ou unha funcionaria da policía española dos GAL:

  • Sinais: uns paletos cren que o millo que aparece aplastado nos campos son obra do xabaril, ó face unha batida resulta que eran uns inmigrantes ilegais vidos doutro planeta.
  • Psicosis: na cal un gordo chamado Alfred Hitchock tenta botarlle a culpa dun asasinato dunha bañeira a súa nai.

Ciencia Ficción[editar]

Filmes que tentan amosar o futuro da raza humana, antes facíanase moito sobre extraterrestres, guerras intergalácticas,logo nos 80 o mais guai era facelas sobre cando a humanidade non tería mais gasolina e agora voltamos ás de aliníxenas e pratiños voantes:

  • Ironsky: uns nazis refuxiados na luna voltan pra conquistar o Mundo.
  • 20.000 leguas de viaxe submarino: pra non pagar dereitos ó novelista neste filme tráta de como uns narcotraficantes inventan o submarino pra encher Europa de ionkis.
  • Star Wars: trata sobre unha guerra entre os dereitos individuais contra os abusos de poder do Estado.

Fantasía[editar]

Neste mundillo saen bechos de tódalas clases,pero só hai bos e malos:

  • O señor dos Aneis: un anano mutante debe levar ó ferreiro un anel que lle venderon en la esatdo,descubre que o ferreiro en realidade quere recuperar o anel porque garda dentro a mellor fariña do mundo e envía miles de sicarioscontra do anano.
  • Harry Petas: un estudante da ESO descubre que si falta a clases e fuma porros vívese mais feliz e monta unha comuna, pero o Estado Español vai contra del e tenta eliminalo.
  • as crónicas do Sochantre de Narnia: onde un crego manipula a uns meniños pra que vaian a un país comunista a dar un golpe de Estado facéndose pasar polas reencarnacións de antigos lamas tibetanos.

Porno[editar]

É o cine mais visto en tdoo o mundo, debido a iso todos os que traballan en Hollywood falan mal del pra que non o vexan e en todolos países onde son moi relixiosos tentan prohibilo:

  • Tetanic.
  • Dous homes pra unha muller.
  • Gargante profunda: exaltación filosófica do cropo humano sobr eo integrismo relixioso.

Verdades que ensina o Cine[editar]

Filmando un león.jpg
  • Os coches despois de chocar explotan.
  • Nova Iorque é acapital do mundo.
  • As cidades dos USA son superseguras, en canto saes do país pódeche pasar de todo.
  • Nos USA non hai mendigos, o resto do mundo está cheo deles.
  • Só hai nazis en Alemaña.
  • No Estado Español, ou España sóense celebrar ritos milenarios con touros e cousas ardendo mentres pasean os do Klu Klux Klan con santos ao lombo.
  • A única cidade de Europa é París.
  • En Inglaterra son todos moi flemáticos a errogantes e en Francia só pensan en poñerlles os cornos ás súas parellas.
  • En Galicia existen lobishomes.

Cinema galego[editar]

O cine en Galicia naceu cedo pero debido ó españolismo e a fala de persoalidade industrial fixo que ata o de agora non fixera o boom. Entre os directores con renome están:

  • Carlos Velo: que fixo moitas longametraxes na fronteira mexicana de lobishomes e gauchos e pedro páramo.
  • Chano Piñeiro: con Mamasunción comeza o cine porno en galicia.
  • Xavier Villaverde: con "venenopuro", un videoarte que ata Atilano se corría.
  • Oliver Laxe: con París *1 onde explora o sexo emigrante dos galegos, como o facían nos mais variopintos sitios.
  • Ozo: describe a sociedade matriarcal postmoderna galega no ámbito proletario.

Desgalería de peliculas coñecidas[editar]

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Cine.
UnCommons
UnCommons ten máis contidos multimedia sobre:

Outros artigos[editar]