Coiote

De Desgalipedia

Este artigo trata sobre un animal, para o personaxe de debuxos animados véxase: Wile E. Coyote and The Road Runner.

Coiote
Estado de conservación
Risco baixo (LC)
Clasificación científica
Reino: Animal
Subreino: Eumetazoa
Filo: Acordados
Subfilo: Vertebrata
Superclase: Cuadrúpedes
Clase: Mamadores de tetas
Subclase: Theria
Infraclase: Placentalia
Orde: Comedores
Suborde: Caniformia
Familia: Canidae
Xénero: Canis
Especie: 'Canis latrans'
Nome binomial
Canis latrans
Say, 1823

Distribución do coiote
Subespecies
Véxase o texto
Cita1.pngSon a putiña del!Cita2.png
Brillantín sobre coiote
Cita1.pngBep-Bep!Cita2.png
O Correcamiños sobre coiote
Cita1.pngEste animal é un idiota!Cita2.png
Bush sobre coiote.

O coiote (Canis latrans, que significa "can ladrón") é un membro da familia Canidae, emparentado co Scooby-Doo e outros cans domésticos. Os coiotes só se atopan en América do Norte e América Central; desde Canadá, pasando polos Estados Unidos profundos até Costa Rica.

Aínda que ás veces se reúnen en mandas, son xeralmente solitarios. Viven unha media duns 6 anos. Recentemente, descubríronse mandas de coiotes nas montañas centrais do Panamá, o que fai pensar nunha migración cara ao sur deste mamífero para vacacións. A pesar de ter sido intensamente cazados, os coiotes son uns dos poucos animais grandes que ampliaron o seu hábitat habitadas polos lobos, e adaptáronse ao consumo de lixo dos homes e de animais domésticos.

Comportamento[editar]

Os coiotes son moi adaptables. O seu comportamento pode variar moito segundo o seu hábitat, pero en xeral viven e cazan ou sós ou en parellas monógamas, moi aínda que algúns raposos (sobre todo de debuxos animados) con comportamento homosexual poidan adaptarse como noiva e esposa, buscando mamíferos pequenos, especialmente musarañas, toupas e coellos; así como pequenos insectos.

É moito máis común oír un coiote que velo. As chamadas que os coiotes fan son as cousas máis aborrecidas para o oído humano, non acostumado a aquela putada de dous coiotes no período de acasalamento. Pero, o ouveo é enganoso; debido ás características do son na distancia, pois pode parecer que o coiote está nun lugar, cando realmente se encontra noutra parte, principalmente detrás de ti..

Coiotes coñecidos[editar]

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Coiote.

Outros artigos[editar]