Composición fotográfica

De Desgalipedia
Os conceptos de composición fotográfica debe ser moi ben seguidos para evitar que fotos coma estudante sexa mal enmarcada.

A composición fotográfica, así como encadre, a perspectiva, o horizonte, a diagonal, a liña "S", a imaxe horizontal, a imaxe vertical, o centro de interese, o fondo, o contraste, o equilibrio... e outras tolemias son elementos a ter en conta á hora de facer unha fotografía.

Regras básicas da composición:

  • Elixir ben o encadre e o punto de vista: temos que elixir o obxecto ó que queremos fotografar e buscar o punto de vista en que resalte máis, e evitar a aparición de elementos que desvíen a nosa atención.]
  • A regra dos terzos: esta regra consiste en dividir a pantalla, imaxinariamente, en terzos, tanto horizontal como verticalmente. O obxecto non debe estar no centro da imaxe, senón nun dos puntos de intersección da cuadrícula imaxinaria.
  • As liñas dominantes: estas liñas deben centrar a atención, non desviala. Pódese achar unha liña case en calquera cousa. Unha das normas máis populares da composición baséase na repetición das liñas e obxectos, especialmente cando o tema é unha estrutura. As liñas poden ser, horizontais, verticais, curvas ou oblicuas. As diagonais e liñas en "S" son moito máis interesante cás liñas paralelas, utilízanse para imprimar un certo movemento ás fotos.

Desgalería de imaxes de como non se segue a composición fotográfica[editar]