Comunismo

De Desgalipedia
Este artigo trata sobre a doutrina político-económica, para máis información sobre o pico montañoso do Himalaia, vexa Comunismo (homónimos)


Trunhez.jpg Aviso importante: A Desgalipedia é un sitio de humor.
Ninguén aquí lle importa a súa opinión política sobre Comunismo e moito menos en quen votou nas últimas eleccións. Non te preocupes, os seus adversarios políticos sufrirán as mesmas maldades que facemos de ti MWAHAHAHAHAHA!!!
Como ser divertido e non só idiota.
Hammer and sickle.png Atención, Kamarada!

Este artigo foi aprobado polo Consello de Protección a moral da Familia Soviética como libre de contido subversivo.
Se vandalizar aquí a marcha revolucionaria, Stalin ha che mandar ao gulag

O Comunismo salvará a todo o mundo.

O Comunismo é unha relixión que loita pra que a xente sexa mellor persoa, non haxa ningún pobre nin escravo e todo sexa felicidade e abundancia.

O seu libro sagrado é O Capital, do profeta Carlos Marx.

Historia[editar]

Orixe[editar]

O Comunismo naceu nas chabolas de míseros traballadores industriais cando estaban a ser escravizados polo capitalismo a finais do século XIX, foi inventado en Inglaterra e Francia por descoñecidos que foron xuntando ideas ata dar co gran profeta Karl Marx que os levou polo sendeiro da verdade e da luz.

Evolución[editar]

Isto non é comunismo.

Pero houbo xente que se apartou do bo camiño e infiltrados da policía segreda do Tsar que desvirtuaron as cousas, e así crearon a URSS pra que Rusia seguise a ser un imperio e mandar sobre Polonia, Cagaquistán, Lituania, etc

En Cuba un avogado nacionalista meteuse no Movemento 18 de xullo e tra sbotar ó ditador anterior quedouse el de ditador, así como en China e Corea do Norte, onde unha casta escraviza ós obreiros coa excusa do comunismo. Debido ó lato grado de purificación persoal e bo rollismo o comunismo aínda non foi alcanzdo nin de lonxe, xa que a existencia del presupón que non existan clases sociais e todos sexamos iguais ante Marx.

Crenzas do comunismo[editar]

O Comunismo é deus e Marx seu profeta.
  • A propiedade privada debe deixar paso á propiedade comunal pra ser feliz [email protected]
  • O Estado deixará de existir e todo seremos felices (menos os funcionarios, os policías, os políticos, os curas, os empresarios, os capitalistas, os da Bolsa, etc).
  • Non haberá mais clases sociais nin explotación do home polo home.
  • Deixará de haber putas porque existirá o amor libre.
  • Os países abatiran as súas fronteiras e todos seremos humanos (nada de galegos, gabachos, boches, ianquis, etc, [email protected] [email protected]!!!
  • Túa muller deixará de darche a lata porque tampouco existirán, só habera compañeiras.
  • Teu home deixará de darche a lata porque o enviarán a aun campo de reeducación e alí aprenderáa fregar, cociñar, ser ordenado, etc
  • Poñerá ós curas, reis e políticos a traballar de verdade porque xa non haberá calses sociais e nin parásitos.
  • Drogas gratis pra todos, asi os ionquis desaparecerán enseguida.

Conceptos[editar]

Pandilla de Tom lendo comunismo.jpg
  • Revolución: panacea que todo o resolve.Hai crise? A revolución é o problema! Hai cataclismo naturais? A revolución é a solución! Túa nai pillouce as revistas porno? A revolución é o éxito!
  • Plusvalía: é o que che rouba o empresario, o teu xefe do teu traballo, xa que produces mais do que traballas e esa plusvalía é a que fai a riqueza do burgués.
  • Partido Comunista: É o mesías, en plural, xa que é un Movemento de varias persoas en plan Liga da Xustiza que loita polo ben na nos terra.