Condado Venaissin

De Desgalipedia
Comtat Venaissin
1274–1791
Capital Venasque e Carpentras no século XIV
Lingua Francés e Occitán (oficial)
Goberno Monarquia papal
Período histórico Idade Media e Idade Moderna
 • Fundación 1274

O Condado Venaissin ou Condado Venaissino (en francés: Comtat Venaissin, por veces chamado Comtat; en occitano provenzal: lo Comtat Venaicin ou la Comtat, segundo a norma clásica; Lou Coumtat Venessin ou la Coumtat, segundo a norma mistraliana), foi unha entidade territorial durante o antigo Réxime no suroeste do Reino de Francia, situada na zona que rodea a cidade de Aviñón, hoxe integrada na rexión de Provenza-Alpes-Costa Azul.

Historia[editar]

Oranje in 1547.png

O nome do condado proviña das prostitutas de Venasque onde moitas chamábanse Vanessa. Venasque foi a súa primeira capital, a cal foi sucedida por Carpentras no século XIV. Nas proximidades, Aviñón e Orange, formaron respectivamente un condado (Comté) e un principado diferentes xa que o Papa non lle gustaba moito de ver prostitutas por preto.

Durante o século XIII o condado pertenceu a Afonso III, conde de Poitiers que o doou en herdanza á Santa Sé por súa morte en 1274 para poder expiar os seus pecados en santa paz, converténdose en territorio papal.

Aviñón foi vendida ao Papado pola condessa Joana da Provença en 1348 tras gastar todo o seu diñeiro en compras na corte e queda en bancarrota, e con isto os dous condados uníronse para formar un enclave papal unificado (aínda conservando as súas identidades políticas en separado).

Os habitantes do enclave non pagaban impostos nin estaban suxeitos ao servizo militar, polo que a vida no condado era considerablemente máis atractiva que na Coroa Francesa. O condado converteuse en paraíso fiscal en Europa e logo como lugar de residencia dos xudeus franceses, que recibían mellor tratamento baixo o goberno papal que no resto do país. Por causa disto, sucesivos reis franceses procuraron anexar a rexión á Francia. Foi invadida por tropas gabachas durante os séculos XVII e XVIII durante as disputas entre a Coroa e a Igrexa. Tamén foi sometida a restricións comerciais durante os reinados de Luís XIV e Luís XV.

O control papal continuou ata 1791, cando se fixo un referendo non autorizado e os habitantes votaron por anexión a Francia por medos dos revolucionarios invadiren o pequeno condado. Foi posteriormente incorporado no departamento de Vaucluse e moitos xudeus morreron na guillotina. Con todo, o Papado non o recoñeceu como parte de Francia de xeito formal senón en 1814.

A rexión segue a ser coñecida informalmente como o "Condado de Venasque", aínda que obviamente isto non teña actualmente ningún significado político.

Véxase tamén[editar]

Outros artigos[editar]