Conde Drácula

De Desgalipedia
Conde Drácula

[[Imaxe:|225px|]]

Obra Drácula
Creador(es)
Información
Sexo
Título
Familia
Cónxuxe
Aliados
Inimigos Van Helsing
Residencia


O Conde Drácula foi un famoso rock star e logo Mc de Nu metal provinte de Romanía.

Traxectoria[editar]

Drácula con mal halito.

Drácula naceu nos anos cincuenta do século XIV nalgúnha aldea dos Cárpatos, alí vivíu ben chuchando do traballo dos culturetas e outros miñaxoias aos que lles pegaba na escola e quedábase coas súas merendas (que cartiños non había naquel reino comunista), como era mozo e frote foise de excursión el só ao Paso dos Vosgos. De alí aparecéuselle a Virxe María e deulle instruccións segredas para destruir o mundo.

Grazas ás súas bárbaras profecías Drácula baixou das montañas disposto a restaurar a vella relixión e organizou autos de fe por tódala Transilvania ata que a Securitate o capturou e aproveitándose del inoculáronlle unha nova arma segreda que o convertiu en vampiro.

Drácula fuxiu do seu pais e foise a Alemaña, alí un tal Murnau, ensinoulle a zoofilia con ratas e Drácula obtivo novos poderes, sobre todo convertirse en morcego a soldo da Stassi. Entrementres, Drácula fuxiu ao decadente occidente tras ir á consulta do Doutor Who emigrando a Londres, onde conseguiu vencer ao maligno James Bond e casar con Mina Harker pero debido a un erro burocrático foi desterrado a Romanía onde Vlad Tepes se lle apareceu e deulle instruccións para liberar o seu país do ateísmo e o comunismo e matou a Ceaucescu e a súa anciá esposa.

Americanos estendendo mentiras tras a morte do Conde Drácula.

Tras facerlle ese favor ao país Drácula emigrou aos Estados Unidos de América, acabando en Hollywood, onde se fixo pasar por Bela Lugosi e así ligar con mociñas guapas que lle pasaron a sífile e deuse ao LSD comezando a compor as primeiras cancións de NÜ metalpero vendo que non vendía o suficiente para comprar unha mansión e ter putas gratis fíxose hiphoperro e fixo moitos discos, incluso con Ali G ata que un día esvarou e acabou cun consolador cravado no peito que o matou.

Véxase tamén[editar]

Outros vampiros[editar]