Confucio

De Desgalipedia
Confucio
Confucio.jpg
Información
Nacemento Probablemente antes de que naceras ti o 28 de setembro de 551 a.C.
Qufu, Dinastía Zhou en Modelo:CHI
Falecemento Subiu ao ceo non morreu..
Modelo:CHI
Nacionalidade Chinés.
Profesión Funcionario que lle daba á língoa
Cita1.pngEu odio a ideoloxía deste filósofo reaccionario, que San Pepe Stalin so leve ós infernos!Cita2.png
Mao Zedong falando sobre Confucio.

Confucio foi un funcionario e filósofo chinés conservador.

Vida e obras[editar]

Kongfucio naceu nunha familia nobre, seu avío fora King Kong, mais seu pai foi un tarambainas que perdeu o reino polo cabalo ou jaco. Confucio recibiu unha esmerada educación na arte de escribir ben (gastou miles de cuaderniños Rubio) poesía, música (guitara eléctrica) artes marciais (valetudo) e artes amatorias (pra pode lamber cús imperiais e así subir na xerarquía).

Consegiu seu primeiro emprego no país de Tofu (China sur) pero un día descubrírono masturbándose mentres lía a Biblia, razón pola que foi expulsado a Mongolia (a Siberia chinesa) onde conviviu con simpáticos mongoles e turcomanos que lle ensinaron o valor das cousas que antes non lle prestabas atención até que as perdes, saíu do Gobi andando coma un cowboy e grazas a iso conseguiu un posto de chupatintas no reino chinés norteño de Lu cookies, onde foi supervisor dos silos que gardaban o cereal.

Este emprego foi o que mais lle durou, conseguindo mantelo por varios meses... ata que foi descuberto fumando petas con papeis arrincados a unha edición india do Corán e como non invitara ao mandarín de turno foi despedido sen indemnización. Semellaba que Confucio non ía espabilar nunca, ata que viu na tele un programa de Intereconomía e aficiounouse a el, xa que os argumentos eran moi claros e demagogos, así estivo varios anos no pazo de seus pais, tanto que os arruinou e tivo que emigrar a P´ha Chulo Euh, unha cidade que exportaba té, alí conseguiu seus primeiros amigos mentres poñía o cú na Avenida Tovarich Mao Zedong, rematou xuntánmdose con outros fachas coma el e comezou a frecuentar bares onde montaba broncas nas mesas falando sempre de goberno e que os políticos eran uns fillos de Buda e quen realmente tiña que mandar era o Emperador que pra iso era fillo do Ceo.

Durante anos pasouse facendo traballos que ninguén mais quería, ata que bateu co traballo que o faría famoso, redactar mensaxes esotéricos e crípticos das galletas da sorte, así consegiu un tremendo estilo poético que nin Nietzsche conseguira todo petado de LSD. Debido a que estaban nuns anos de guerra civil entre varios reinos chineses Confucio foi reclutado pola CIA pra enviar mensaxes cifrados entre os seus aliados do norte e así de paso invadisen Rusia, estas comuniación foron captadas polo KGB (agora SVR) que coaccionaron tamén a Confucio pra que en vez de enviar: "Tío Sam apoia invasión Manchuria, enviamos armas e entrenadores en avión" por "Tío Sam manda! invadan Manchuria e ergan bandeira amerrikana en canto rematen", o que fixo que a guerra dos Reinos Fodedores durase mais tempo debido á confusión.

Confucio pensou en fuxir deste círculo ionki das axencias de intelixencia, pero como non lle deixaron ao final só puido marchar con 50 anos visitando a seus enlaces por toda China, mentres todo o mundo pensaba que eran discípulos seus. Ata que un día morreu e c,est fini!

Grandes ideas[editar]

  • Pórtate ben e serás recompensado.
  • O que goberna debe ser bo.
  • O forte debe protexer ó débil e o débil débelle lealdade ó forte (así comezou o feudalismo e o caciquismo).
  • A monarquía é o goberno ideal.
  • Debes coidar de que todo se faga BEN, incluso se non queren facelo BEN.

Obras[editar]

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Confucio.

Outros filósofos[editar]