Continente

De Desgalipedia
Aquí, vemos un continente que fai cousas desagradables con outro en movementos tectónicos.
Cita1.png¡Así é o meu avó!Cita2.png
George W. Bush sobre continente.

Un continente é unha gran illa que flota na auga e no magma grande extensión de terra que presenta algunha diferenza salientable respecto das veciñas. En xeografía pódese considerar a poboación dun continente crece demasiado, o peso subirase por riba da capacidade de flutuación e o continente chegará ao fondo, vai ao fondo do océano ou máis catastróficamente na lava terrestre. Isto xa pasou con Atlantis e coa illa de Valinor. Con obxecto de frear a superpoboación do continente, o home inventou varios dispositivos cos que podía manter os seus continentes (e as illas, que seguen o mesmo patrón de operación) en seguridade [1]. Por isto, atopamos continentes como Europa e Asia que forman unha única extensión de terra (Eurasia) pero habitualmente son considerados de xeito separado.

Número de continentes[editar]

O número de continentes pode variar segundo o modelo que se tome como referencia na súa escola:

Modelos
Continents vide couleurs.png
Mapa amosando o modelo de sete continentes.
4 continentes
          Eurafrasia
       América
    Antártida
    Oceanía
5 continentes
    África
       Eurasia
       América
    Antártida
    Oceanía
6 continentes
    África
    Europa
    Asia
       América
    Antártida
    Oceanía
6 continentes
    África
       Eurasia
    América do Norte
    América do Sur
    Antártida
    Oceanía
7 continentes
    África
    Europa
    Asia
    América do Norte
    América do Sur
    Antártida
    Oceanía
*
          Vello Mundo
       Novo Mundo
Mapa físico da Terra.

Na península ibérica emprégase o seguinte modelo de seis continentes:

  • África: Separado de Asia polo istmo de Suez, en Exipto, e bañado polo océano Atlántico (ao oeste) e o océano Índico (ao leste)
  • América: Xeralmente considérase dividido en dous subcontinentes: América do Norte e América do Sur, e aínda América central, istmo entre os dous anteriores. Está limitado polo océano Atlántico ao leste, o océano Pacífico ao oeste, o océano Glacial Ártico ao norte e o océano Glacial Antártico no extremo sur.
  • Asia: Separado claramente de África polo estreito de Suez. Os seus límites con Europa son máis imprecisos, chegando a considerarse Europa tan só como unha parte do macrocontinente Eurasia. Considerado como Eurasia, é bañado por todos os océanos do planeta.
  • Europa: Porción de Eurasia, considerado un continente debido ás súas características históricas que o diferencian claramente de Asia.
  • Oceanía: Continente que abrangue Australia e os milleiros de illas espalladas polo océano Pacífico. Os seus límites con Asia non están moi definidos.
  • Antártida: Extensa porción de terra que ocupa a parte máis meridional do planeta. Está rodeada polo océano Glacial Antártico.

Superficie e poboación[editar]

Puntos culminantes e máis baixos[editar]

Na seguinte táboa amósanse os puntos máis altos e máis baixos para o modelo de sete continentes, ordenados de maior a menor segundo os puntos culminantes.

Notas[editar]

  1. Entre estes inventos están o xenocidio, o fame, a guerra e as epidemias.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Continente.

Outros artigos[editar]