Corea do Norte

De Desgalipedia
}
'
'
Corea do Norte
 

[[Ficheiro:|center|250px]]

 
Capital
 • Poboación


Linguas oficiais

Forma de goberno

Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas

n/d

n/d km
n/d km
Poboación
 • Total
 • Densidade


n/d
Relixión
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total
 • PIB per cápita


n/d
IDH
Moeda
Xentilicio norcoreano/a
Fuso horario
Dominio de Internet n/d
Prefixo telefónico n/d
Prefixo radiofónico n/d
Código ISO n/d
Membro de: ONU
Tódolos países do mundo

Corea do Norte é un reino pseudocomunista situado no Norte de Corea.

Mantén a súa existencia grazas á dinastía reinante sovietista (cando estes moinantes desaparezan Corea do Sur invadirán e farán a reunificación se os Estados Unidos de América e Rusia o permiten.

Historia[editar]

Artigo principal: Historia de Corea do Norte.

Corea do Norte foi fundada aló no sec V. antes de Bush polo mesías Kim Il Sung co propósito de liberar a Corea dos depravados capitalistas gringos que queren escravizar ás masas proletarias... asi que qué mellor que facelo él mesmo e recibir as ganancias para sí antes que as leve outro?

Grazas a este concepto, chamado XUCHE (Xoanolas Unidos Caciqueando Habitantes Estúpidos) o Reino Populista e Democrático de Corea do Norte leva 68 anos baixo o goberno eficaz da mesma familia e agárdase a que siga así pasando o mando de pais a fillos ou ata que a economía do país se colapse e se suiciden en masa seus dirixentes por vergoña propia (aínda que si non o fixeron durante a gran fame dos anos 90). Tivo grandes cantidades de asiáticos habitando este país grazas ós secuestros practicados nos países veciños.

A mediados do século XXI Corea do Norte perdeu a seus amados líderes e todos xa pensaban na reunificación de Corea, pero os porcos capitalistas opresores de Corea do Sur non estaban pola laboura (según eles porque iso custaría moito e porque xa non tiñan parentes norteños) e o proceso durou un seculo mais e así as multinacionais puideron aproveitar a gran cantidade de escravos que deixara o comunismo atrás del.

Xeografía[editar]

Artigo principal: Xeografía de Corea do Norte.

Este cacicato atópase no sector Norte da península de Corea, leste de Eurasia. Atópase rodeado por Mar pero non pesca (non vaia ser que os norcoeranos se pasen ao malvado Corea do Sur) seu límite norte atópase dividido por varias montañs e os río Chu-Pín (grazas ao cal China non os invade) e Chin-Pún (grazas ao cal Rusia non os bombardea con activistas).

Esta península formouse a partir de Panxea, foi danzando polo mar de Tetis xunto a Xapón, Sri Lanka, Malasia e algún que outro país sen importancia cultural pra nós ata que os foi deixando a todos atrás e foise espetar contra o cu de Eurasia, solapándose baixo dela (estilo Nepal) e erguéndose os Montes Ghalu-Pín (que serven pra ter illados aos diversos campos de concentración situados no sector Norleste do país).

Economía[editar]

Artigo principal: Economía de Corea do Norte.

Corea do Norte vive grazas á súa man de obra escrava, así como da exportación de armas (cerbatanas, catanas, arcos e frechas, misiles atómicos intercontinentais) e material de decoración comunistoide (estatuas, bandeiras e pins co retrato do rei sozialisten).

Grazas ós sistema de economía planificada (feita pro profesionais da economía, non como no mundo capitalista...) e así todo vai moi ben, a mocidade socialista norcoreana ten traballo e aínda por riba non ve pornografía e adica seu tempo de ocio na colleita do arroz, así como no adecentamento das autovías e estacións de comunicacións (non como a xuventude capitalista que é tan egoísta) de tal xeito que media Norcorea está deforestada polo gran cantidade de vasoiras vexetais que se necesitan pra ter todo limpo non coma os porcos de Corea do Centro.

Durante o reinado de Kim IV comezouse un proceso de apertura económica, estilo comunismo chinés, e así vendeuse o Hotel Ryogyong ao Raelismo (e así non tiveron que facer unha embaixada artdecó ós elohim en Israel) e ás agachadas, mudouse a Torre Xuche nunha antena de telecomunicacións (pra comunicar o planeta Terra coas súas colonias da Lúa) e conseguían de Vodafone grandes millóns.

Cultura[editar]

Artigo principal: Cultura de Corea do Norte.
Kim Jong Sun.jpg

Durante milenios Corea recibiu cultura da China, pero pra non ficar como energúmenos lle poñían a todo nome en coreano e así facían crer ós urbanitas que era cultura 100% coreana, así Buda non naceu no Nepal, naceu na ladeira oeste do Paektu (na ladeira ese naceu Kim Il Sung ao tempo qe brillaba unha estrela e había dous arcos da vella) Hiro Hito era de Corea do Sur, Hitler era ianqui e o sistema de escritura foi inventado por un coreano que llo aprendeu a chineses e xaponeses.

Grazas ao comunismo estilo coreano a poboación deste país vive libre e saudábel, o sistema sanitario atende a calquera sen privilexios (a non ser que vaias disfrazado de militar) e as drogas e internet non fan estragos na sociedade, todos practican ximnasia revolucionaria e son taekondistas pro. Poderían estar a perder o tempo xogando ós videoxogos e demais merda da sociedade do espectáculo... pero non! van como voluntarios a limpar os espazos públicos (acaso existen os privados?) e como non son uns cabróns egoístas non mercan coches e así mantañen Corea o mais limpa do mundo.

O cine norcoreano é un dos mellores do mundo, boeno... o mellor, sempre saen esforzados abertzales norcoreanos defendendo súa patria contra o acoso de potencias capitalistas extranseiras. O mellor cineasta foi Shin Sang-OK, un surcoreano secuestrado polos servizos segredos pra que fixera filmes pra Kim II (cuxo film preferido era Venres 13).

Turismo[editar]

A Arquitectura norcoreana fuxe de todo complexo e constúe animosos e socialistas edificios, entre os acles están:

  • Pazo do sol de Kumsusan: onde teñen unha grande estatua de bronce do amado líder.
  • Universidade Kim Il Sung: grandísima e bela casa de altos estudos pra salvar o país dos traballadores.
  • Estadio Kim Il Sung: dun bonito estilo racionalsocialista COREANO.
  • Edificio Yangakkdo: construido por unha sociedade de gabachos pero don tecnoloxía coreana, ten un prato xiratorio na cima pra poder enxergar ben o Xuche.
  • Metro de Pyongyang: sepultado a 90 metros baixo terra e con murais de indescriptible beleza onde podemos ver a Kim Il Sung (Kim I) loitando pola independenza de Corea contra Xapón. É unha da scatedrais á gloria do transporte público e serve pra que os norcoreaanos sigan vivos ante os ataque diarios da Terceira Guerra Mundial.
  • Torre Xuche: onde se ve e nota a forza do socialismo coreano brillando no negror da noite contra o imperialismo ianqui capitalista opresor MUAHAHAH!! a pesares dos ataques esta torre sempre se atopa acesa!
  • Hotel Ryugyong: ou pirámide do Ministerio do Amor.
  • Arco do turnfo: monumento de deseño 100% coreano que forma parte da Ruta Juche, é o Arco de Triunfo mais alto do mundo (SI! mais co de París que o copiaron do Imperio Romano).
  • Arco da reunificación: monumento pra xeracións futuras de Coreanos, pra cando os irmáns socialistas do sur se liberen dos ianquis capitalistas opresores e veñan baixo este arco a abrazarse fraternalmente baixo a dinastía Kim. É de deseño 100% coreano, a pesar do que digan os capitalistas de que se asemella ás "Mans da Victoria" de Irak.
  • Tumba do Reyi Dongmyeong: sepultura tempo dun antigo rei 100% coreano, que inventou un estilo de construcción 100% coreano que logo copiou toda Asia e fixeron mesmo pasar por chinés ou xapo.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Corea do Norte.

Outros artigos[editar]

V  C  E h
Países do mundo · Asia
Onde está Bin Laden?
Acerbaixán - Afganistán - Arabia Saudí - Armenia - Bahrain - Bangladesh - Brunei - Bután - Camboxa - Cagaquistán - Casaquistán - China - Corea do Norte - Corea do Sur - Emiratos Árabes Unidos - Filipinas - Iemen - India - Indonesia - Irán - Iraq - Israel - Kuwait - Laos - Líbano - Malaisia - Maldivas - Mongolia - Myanmar - Nepal - Omán - Paquistán - Qatar - Quirguicistán - Singapur - Siria - Sri Lanka - Tailandia - Taiwán - Taxiquistán - Timor Leste - Turcomenistán - Turquía - Usbequistán - Vietnam - Xapón - Xeorxia - Xordania

Países con parte do seu territorio en Asia
Rusia - Turquía