Corea do Sur

De Desgalipedia

Corea do Sur é unha empresa-país asiático.

Xeografía[editar]

Atópase ao sur de Corea do Norte e Corea do Centro, entre a DMZ norcoreana e Xapón nalgunha parte costeira de Asia baixo as faldas do Seorak, moitas compañías malvadas como Microsoft e Mercedes Benz tratan de dar con este paísmultinacional co fin de bombardealo pero debido á tormenta eléctrica provocada por hackers e monzóns aínda non se atopou e polo tanto seguen enviando miles de electrodomésticos ós moi depravados ocidentais pra logo invadilos tras conquistar o Xapón.

Historia[editar]

Corea do Sur comezou a existir no séc XX cando o Imperio Ianqui comezaba a expandirse polo mundo adiante e chocou nesta península co Exército Vermello Liberador de Pobos Oprimidos polo Capitalismo, polo que colocou a un cura conservador como presidente durante centos de anos.

Esta inxerencia externa non gustou moito as patriotas coreanos, que tentaron cos seus irmáns do norte independizarse dos imperialistas americáns asi que Corea do Norte foi liberar ("invadir" di a ferox propaganda occidental!) esta zona do país pero como nin a URSS nin os USA se querían matar moito ao final dixérono en táboas e desde entón cada dous por tres algún militar surcorrano dá golpes de estado pra levar polo bo camiño a Corea do Sur.

Economía[editar]

Este estado está gobernado por Samsung e Hyundai, xuntas exportan miles de electrodomésticos de distinto nivel:

  • Videoxogos: pra manipular as mentes dos nenos occidentais e comerles o seso mentres es fan que os seus entrenen en guerra con drones.
  • Cámaras de vídeo: pra que todo o mundo faga porno caseiro e fundir así a industria do porno californiano.

Debido a isto están sempre combatindo contra Xapón, grazas á xuda do exército ianqui Corea do Sur vive protexida fabricando maquiniñas infernais pra Occidente á vez que envian axentes saboteadores á Unión Europea pra propagar o ioga e o budismo e así cortar as bases cristiás de Ocidente e mudalos en vulgais consumidores.

Cultura surcoreana[editar]

Grazas ó capitalismo os surcoreanos teñen unha gran cultura de liberdades individuais que lle permite coñecer a gran riqueza de seu país e así exportar grandes cancións de grupos que se forman hoxe, graban mañán e desaparecen pasadomañán, entre os seus grades artistas atopamos a:

  • PSY: moi coñecido polo seu baile do cabalo, seica llo copiou a Georgie Damm e según outros a King África.
  • Kpop ou Música Kleenex: estilo empresarialartístico basado en inventarse un grupo de música que consigue unirtr e logo desaperece.
  • Lee Hyori.
  • Filósofos, artistas e demais... aquí non os atoparás... é un país-empresa!

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Corea do Sur.

Outros artigos[editar]

V  C  E h
Países do mundo · Asia
Onde está Bin Laden?
Acerbaixán - Afganistán - Arabia Saudí - Armenia - Bahrain - Bangladesh - Brunei - Bután - Camboxa - Cagaquistán - Casaquistán - China - Corea do Norte - Corea do Sur - Emiratos Árabes Unidos - Filipinas - Iemen - India - Indonesia - Irán - Iraq - Israel - Kuwait - Laos - Líbano - Malaisia - Maldivas - Mongolia - Myanmar - Nepal - Omán - Paquistán - Qatar - Quirguicistán - Singapur - Siria - Sri Lanka - Tailandia - Taiwán - Taxiquistán - Timor Leste - Turcomenistán - Turquía - Usbequistán - Vietnam - Xapón - Xeorxia - Xordania

Países con parte do seu territorio en Asia
Rusia - Turquía