Coronero de Caeliobriga

De Desgalipedia
Coronero
Coronero.jpg
Información
Nacemento Na Idade do Ferro.
Caeliobriga Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Nacionalidade galega.
Profesión Guerrear sen parar.

Coronero foi un dos xenerais castrexos que loitou contra as tropas do Imperio Romano no Monte Medulio.

Vida e fazañas[editar]

Coronero naceu nun castro sobre o Río Arnoia entre Celanova e Cartelle na fronteira da tribu dos galaicos coelernos, desde meniño xa andaba á gresca cos pais e despois cos veciños meténdose cos maiores en vez de facelo cos da súa idade, o druida da aldea cedo o puxo a traballar indo de pastor co gando.

Dirixindo e defendendo ó gando dos lobos e do mal tempo gañouse boa fama, xa que Coronero andaba xa facendo estratexia cos rebaños de ovellas e os cans facéndolles facer figuras, marchando ao compás dunha minicaetra e con movementos envolventes conseguía desfacer rabaños dos veciños e así facer fuxir ás ovellas da competencia.

Vendo o druida do castro como facía tantas cousas el decidiuse a subi-lo de nivel, e sendo antes de tempo da súa idade iniciouno na sauna ós misterios dos cofrades de Bandua e lle permitiu marchar polo mundo adiante como ladrón xunto con outros veciños seus o día que a nós nos tocaría ir de primeira comuñón.

Na vida como ladrón cedo se fixo respetar, xa que Coronero era o mellor roubando cabalos e domándoos, elexir os mellores obxectivos e gañando mais que ninguén, sen embargo todo o repartía cos seus compañeiros e todos andaban alegres atrás del. Coa súa fatría andiveron por tódalas Oenagas (feiras) do país e sendo moi temidos, incluso entre os ártabros.

Pasados os anos que marca a tradición Coronero voltou ao seu fogar e foi investido como home de honor e títulos e poder asistir á asemblea da tribo en Coeliobriga, alí na súa croa formou xunto cos seus compañeiros de ladroadas e deron grandes banquetes e ofrendas aos deuses Cosso, Bandua e Reve; as castrexiñas do lugar mollaron centos de bragas ese día e todas foron posuídas por Coronero, tal fame de sexo levaba acumulada desde facía anos.

Mais os problemas estaban á volta da muralla, e os exércitos romanos andaban depredando pola zona, mais a súa tribo firmara un pacto cos romanos de paz, asi que él e os seus fieis, xunto con algúns acoplados sumáronse a outras tribos contra dos romanos e deronlle varias batallas, guerra de guerrillas, lanceadas desde riscos, incendios provocados,etc ata que mandaron mais lexións e coa política de divide e vecerás terminaron por acurraralos no Monte Medulio, onde se trabou gran asedio.

Ao morrer Coronero aló arriba a súa alma voou cara o río Miño que a levou con miles de guerreiros varudos coma él cara o Alén castrexo, nas illas afortunadas, onde hai cervexa fría todo o día.