Cospeito

De Desgalipedia
Cospeito
Escudo de Cospeito
Lagoacospeito.jpg
A deusa Nabia vixiando a lagoa de Cospeito.
Situación
Situacion Cospeito.PNG
Xentilicio[1] peitos e tetas.
Xeografía
Provincia Provincia de Lujo
Comarca Comarca da terra cha cha chá
Poboación hab. (2019)
Área de eucaliptos e piñeiros. km²
Densidade hab./km²
Entidades de poboación
Capital do concello
Política ({{{elec ano}}})
Alcalde Pamela Anderson. ()
Concelleiros BNG:
PPdeG:
PSdeG-PSOE:
Outros:
elección analóxica.
Uso do galego[2] ({{{galego ano}}})
Galegofalantes 100 %
Páxina web oficial
  1. Véxase no Desgalizionario.
  2. Datos dos tempos de Manuel Fraga publicados en 2019, ou non.
Cita1.pngCospecho, se dice CospechoCita2.png
Galicia Bilingüe sobre Cospeito

Cospeito é concello da Terra Chá (un planetoide chantado nalgún lugar do Lugo profundo).

Historia[editar]

Sacrificio humano dos Caporos na Lagoa de Cospeito.

Cospeito foi fundada pola Raíña Loba (exiliándose de Bande) erguendo a Torre caldaloba, unha superestrutura de lata tecnoloxía que usaría Nikola Tesla pra dar enerxía eléctrica gratis a todo o mundo pero foi capturado polos nazis de Franco e a susaron como antenas pra conectarse co Alén, abrindo así un portal interdimensional por onde se colaron os Reptiliáns e Cthulhu, que desde entón gobernan estas terras de forma paternosádicamente.

A Lagoa de Cospeito era unha entrada ao alén e por iso sagrada, debido ós peregríns castrexos que atraía comezou a medrar Cospeito e ata fai pouco aínda se seguía a celebrar unha feira en Cospeito, protexido por Bandua.

Cospeito foi repoboado no século XX por fillos clons de Hitler, con casa en Arneiro e unha base submarina nazi segreda na lagoa de cospeito, onde tamén soterraron parte do tesouro nazi que logo serviu para levantar o santuario de Fátima en Portugal. Estes clons nazis foron destruidos tras un cambio climático que asulagou a cidade de Veria.

Xeografía[editar]

Pazo do lugar.

Cospeito surxiu da lagoa de Cospeito aló polo 666 D de C empurrada polos brazos de Cthulhu cara a superficie através de megatoneladas de terra e pedras, ata aquí veu peregrinar Himmler (o irmán feúco de Hitler) para ver de atopar o Santo Grial e beber cervexa nel pero como non o atopou fixo poñer unhas antenas no lugar para que o Führer nonlle botara unha bronca por gastar diñeiro en ir ata o do mundo, estas torres-antena foron reaproveitadas por Rasputín para chamar a Ogdru Jahad e decirlle que súa muller lle estaba a poñer os cornos co ditador Richard Nixon.

Clima[editar]

Oceánico galiciano húmidofrio con refachos que traen bancos de patos a avefrías que eran adoradas polos galaicos. Debido á súa situación na Terra Cha Cha Chá a xente anda quente a pesares do frío que corre por este estepa galisiberiana onde cabalgan mamuts e cosacos de Sisoi contra o vento, a choiva cae a chumbo e crea lagoas de un só día de duración pero que o resto do ano faise areas movedizas e por iso está tan despoboada este lugar xa que desaparecen succionados pola xeoloxía cara a universidade de Miskatonic.

Economía[editar]

Aquí véndese excedentes de produción a Sri Lanka, Tunisia e Cuba, así como exportar madeira e leite Españistán, aínda que fontes malintencionadas da Unión Europea afirman que viven de rañar o carallo sen facer nada e papando subvencións xa que a pesares de meter e meter toneladas de cartos o PIB desta zona segue igual que fai trescentos anos, algúns teóricos da conspiración afirman que os cartiños vanse todos camiño dalgún despacho de cacique nalgún misterioso pero cool lugar.

Desde que no PIB nazional se conta os cartos xerados polas drogas e prostitución nas estatísticas Cospeito sae que todo son ricos aquí polo que Facenda aumentou os impostos pero non aos impostores.

Parroquias[editar]

V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Cospeito
Arcillá (San Paio) | Bestar (Santa María) | Bexán ou Rubiños (San Paio) | Cospeito (Santa María) | Goá (San Xurxo) | Lamas (San Martiño) | Momán (San Pedro) | Muimenta (Santa Mariña) | Pino (San Martiño) | Rioaveso (Santalla) | Roás (San Miguel) | Santa Cristina (San Xiao) | Seixas (San Pedro) | Sisoi (Santalla) | Sistallo (San Xoán) | Támoga (San Xiao) | Vilapene (Santa María) | Vilar (Santa María) | Xermar (Santa María) | Xustás (Santiago)

Lugares de Cospeito[editar]

Que ver en Cospeito[editar]

A Torre caldaloba erguida pola raíña Loba no seu castelo en Cospeito.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Cospeito.

Outros artigos[editar]


V  C  E h
Concellos da Comarca da Terra Chá
Comarca da Terra Chá
Abadín
Abadín
Begonte
Begonte
Castro de Rei
Castro de Rei
Cospeito
Cospeito
Guitiriz
Guitiriz
Muras
Muras
A Pastoriza
A Pastoriza
Vilalba
Vilalba
Xermade
Xermade
V  C  E h
Galicia Galicia | Provincia de Lugo Lugo (provincia).svg.png
Provincia de Lugo en debuxo.jpg
Abadín - Alfoz - Antas de Ulla - Baleira - Baralla - Barreiros - Becerreá - Begonte - Bóveda - Burela - Carballedo - Castro de Rei - Castroverde - Cervantes - Cervo - Chantada - O Corgo - Cospeito - Folgoso do Courel - A Fonsagrada - Foz - Friol - Guitiriz - Guntín - O Incio - Láncara - Lourenzá - Lugo - Meira - Mondoñedo - Monforte de Lemos - Monterroso - Muras - Navia de Suarna - Negueira de Muñiz - As Nogais - Ourol - Outeiro de Rei - Palas de Rei - Pantón - Paradela - O Páramo - A Pastoriza - Pedrafita do Cebreiro - A Pobra do Brollón - Pol - A Pontenova - Portomarín - Quiroga - Rábade - Ribadeo - Ribas de Sil - Ribeira de Piquín - Riotorto - Samos - Sarria - O Saviñao - Sober - Taboada - Trabada - Triacastela - O Valadouro - O Vicedo - Vilalba - Viveiro - Xermade - Xove