Cosso

De Desgalipedia
Cosso
Cosso.jpg
O Coso tras pasar polo Inframundo.
Título:
Nado: Na Idade do Ferro.
Lugar de nacemento: Meirás, Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Festividade:
Venerado en:
Atributos: Deus da guerra e da protección castrexos.
Patrón de:


Cossus entre os deuses dos galaicos.

Cosso é un deus guerreiro dos galaicos, que gozou dunha gran popularidade entre os galaicos lucenses(sobre todo en O Bierzo), algún devoto en Cartelle e por toda a costa da Gallaecia (que ía desde o Cantábrico ata a desembocadura do Douro).

Mito[editar]

Nado en Meirás (A Coruña) xa de pequeno andaba detrás da xente simulando ser un gardacostas só polo pracer de mallar en alguén cun mímimo de lexitimidade moral, debido ós seus excesos non era moi ben visto no Monte Pindo.

Alí o deus Lugh instalara o seu pazo tras casar coa deusa Deva e comezar a coordinar o universo, mais Coso sempre andab liandoo todo debido ós seus excesos violentos, cada vez que algún deus local se casaba sempre Cosso se poñía todo peneque e comezaba a degolar humáns e deuses (con estes non habia fallo que eran inmortais e resucitaban); asi que finalmente todo o mundo deu en non invitar a Coso ás festas.

Este cabreouse moito e foise pra casa e comezou a darlle á cervexa, como non tiña televisión nin porno embebedouse tanto que caeu nunha depresión, mais acertou a pasar por alí unha moura que lle tocou os collóns por vela tan feliz e él colleu e sacou seu puñal de antenas e comezou a masacara castros enteiros, vindo Lugh e Bandua o que a estaba liando seu primo montaronlle unha trampa, e cando caíu nela Bandua atouno ben forte e meteuno nunha artesa e soterrouno.

Mais un druida que andaba por alí viuno todo e créndose moi listo abriu a artesa e soltou a Coso coa promesa de que lle daría tódolos segredos dos deuses, pero Coso arrincoulle a cabeza e tras perde-la forza do alcol e achegouse á corte celestial do Monte Pindo e alí chegou a un acordo cos demais deuses, sería o gardián e protector das festas, o maromo das portas vaia.

Como no seu novo posto era un porteiro moi celoso os castrexos comezaron a non poder entrar ás festas asi que subornaron a Cosso a base desacrificios de chivos, cabalos e homes; os guerreiros nomérono presidente honorario das súas loxias.

Epítetos do deus Cosso[editar]

  • Cosso sigidiaecus: que te suxeita cos seus poderes e che funde a cabeza.
  • Cosso Oenaeco: que defende as feiras (en galaico: Oenaga) da competencia desleal dos chineses.
  • Coso calaenio: que daba cambres....
  • Coso Udainiago: non tiña nada que ver con Urdangarín,pero nada nada nada eh?
  • Coso Domino: ahí en plan BDSM.
  • Coso Soaegoe: que si non lle rezas che pona soga ó pescozo e...
  • Cusue mepluceeco: a saber como chegou ata a Galicia profunda este deus costeiro.

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Cosso.

Outros artigos[editar]