Costa da Morte

De Desgalipedia
Unha friki girl mostrando a vertente da Costa da Morte.

A Costa da Morte é un pedregal da costa atlántica de Galicia, famoso polos seus múltiples naufraxios e seus habitantes zombies (por iso recibe este cariñoso nome).

Historia[editar]

Recibe este nome porque os ingleses llelo puxeron ao ver como aquí se xunta o mal tempo e os cons traizoeiros, desafortundamente Xulio César e os piratas sarracenos, vikingos e Drake non deberon pasar mopito por aquí que ningún deles naufragou nela. Os antigos xa sabían que esta costa mesmo atraia os mortos (como pasou coas vítimas do autobús portugués siniestrado en Valença do Minho) e colocaron nas súas cercanías miles de mámoas para invocar aos numens que os deixaran en paz sobrevivir, na Idade Media convertiuse nun dos mellores lugares da costa galega para vivir, a salvo de piratas sarracenos e lordomanis, logo na Idade Moderna foi usada pola Inquisición española para atearer barcos luteranos e esmendrellalos contra os cantís, no século XIX foi cando mais barcos de vapor caeron no lugar e xa no XX os mandam ese de sempre que eran tan parvos que afundiron por aquí bastantes petroleiros.

Xeografía[editar]

A Costa da Morte atópase no Noroeste de Galicia, entre as Rías altas e as Rías baixas, dende Malpica ata Fisterra, entre ambos puntos a costa está plagada de Krakens en forma de cons asasinos, bancos de néboa lovecraftianos e nativos que fan fogueiras nos cantís para confundir aos barcos e se acheguen pensando que hai unha poboavión e así destruirse contra as pedras e os indíxenas rapiñan o que o mar cuspe. O ponto mais letal é a punta do Boi.

Concellos da costa da morte[editar]

Véxase tamén[editar]

60px-Bouncywikilogo.gif
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Costa da Morte.

Outros artigos[editar]